Francisco Lamas Salgado

agrarista e xornalista galego

Francisco Lamas Salgado, nado en Ourense e finado en Buenos Aires, foi un agrarista e xornalista galego.

Infotaula de personaFrancisco Lamas Salgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Ourense Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmparo Barreiro
FillosFrancisco Lamas Barreiro, Chita Lamas Barreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Coa filla Chita na Granxa Ceres en Ituzaingó, en 1929.

Militante republicano propietario dunha confeitaría en Ourense. Na primeira década do século XX trasladouse coa famila a Arxentina. Residiron no número 383 da rúa Suipacha de Buenos Aires e pasaban temporadas na Granxa Ceres, en Ituzaingó, a poucos quilómetros da capital, unha moderna explotación agrícola. Foi un dos fundadores da Unión Provincial Orensana en 1913.[1] De ideoloxía anarquista, dende 1917 exerceu como correspondente en O Tio Marcos d'a Portela onde publicou unha serie de colaboracións de carácter agrarista e galeguista.[2] En 1917 participou con Ignacio Ares de Parga na fundación da Asociación Regionalista A Terra, de carácter autonomista, e foi un dos promotores da constitución da Casa de Galicia de Buenos Aires o 31 de outubro de 1918. Colaborou en Acción Gallega

Vida persoal

editar

Casou con Amparo Barreiro e foi pai de catro fillos, entre eles Francisco e Inmaculada Concepción (Chita) Lamas Barreiro, que casou con Ramiro Illa Couto.[3]

  1. A dimensión política de Eduardo Blanco Amor (1919-1950)/ Xosé M. núñez Sexas. Anuario Brigantino 16, 1993.
  2. "Pr'os d'o agro" (21 de agosto de 1917); "Alma d'a raza" (7 de novembro de 1917); "Hirmandás agrarias" (7 de decembro de 1917); "Contas sinxelas" (20 de decembro de 1917); “Facendas” (7 de xaneiro de 1918); “Viandas” (20-21 de xaneiro de 1918); “O centraismo tráxico” (7 de febreiro de 1918); “Comparanzas, léndas e realidás” (7 de marzo de 1918); "Arelas d'un emigrado" (7 de xaneiro de 1919); "As autonomías (7 de febreiro de 1919); "En defensa d'o labrego" (21 de febreiro de 1919); "Sentimento autonomista do pobo español" (21 de abril de 1919); "Parés que dorme" (7 de maio de 1919); "Abesullemos o noso can" (21 de maio de 1919); "A nazonalizazón do chan" (7 de xuño de 1919); " A Don Xaime Solá" (21 de xuño de 1919); "O noso rexionalismo" (7 de xullo de 1919).
  3. Pastoriza Rozas, X. L. (2016). "Ramiro Isla Couto: pioneiro do nacionalismo alén mar". Repensando Galicia: As Irmandades da Fala (1916-1931). Comunicacións e ponencias. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar