Ignacio Ares de Parga

pedagogo e político galego

Ignacio Ares de Parga Conde, nado en Ourense o 31 de xullo de 1865 e finado en Buenos Aires o 22 de decembro de 1922, foi un pedagogo e político galego.

Infotaula de personaIgnacio Ares de Parga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1865 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1922 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , pedagogo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Ares de Parga Pulleiro e Melchora Conde. Estudou o bacharelato e fixo a carreira de maxisterio en Ourense. Marchou a Madrid a ampliar estudos na Institución Libre de Enseñanza. Emigou a Buenos Aires en 1885 con 20 anos. Alí ensinou matemáticas na Academia Británica de Buenos Aires. Formou parte da Comisión Redencionista de los Foros Gallegos, participou na Asociación Patriótica (1896), Liga Republicana (1903) e Juventud Republicana. En 1904 fundou o Centro Republicano Español e participou no Círculo Español Republicano (1907). Colaborou en La Voz de Galicia, Galicia Nueva e noutras publicacións da emigración galega. En 1917 participou con Francisco Lamas Salgado na fundación da Asociación Regionalista A Terra, de carácter autonomista. Foi director do boletín da Unión Hispanoamericana pro Valle Miñor, que seguiu os seus postulados pedagóxicos na creación das súas escolas. Vicente Risco dedicoulle o artigo "Plano Pedagógico para a Galeguizazón das nosas escolas" na revista Nós.[1]

Vida persoal editar

Casou en Buenos Aires con Clara Raffo, e foi pai de Manuel S. Ares Raffo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar