La Voz de Galicia (Buenos Aires)
publicación editada en Buenos Aires (1913-1915)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Voz de Galicia (homónimos).
La Voz de Galicia foi unha publicación que se editou en Buenos Aires entre 1913 e 1915.
Historia e característicasEditar
Apareceu o 9 de novembro de 1913. Fundada por Francisco Álvarez de Nóvoa e Fortunato Cruces e dirixida por Álvarez de Nóvoa. O administrador era José Salgado, e entre os colaboradores figuraron Ignacio Ares de Parga, Manuel Revestido, Conde de Cela (Joaquín Pesqueira), Constantino Horta, Germán Verdiales, Alberto Camino, Ramón Fernández Soto, Antonio Rey Soto e Castelao, que dende o número 24 mantivo a sección Cosas de Galicia. O último número coñecido é o 69, que apareceu en 1915.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Consello da Cultura Galega, ed. Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela. p. 188. ISBN 84-87172-30-X.