Lista de mulleres pilotos de Fórmula 1

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista de mulleres pilotos no automobilismo que participaron no Campionato Mundial de Fórmula Un desde o inicio do Campionato Mundial de Pilotos na tempada de 1950.

Cinco mulleres pilotos participaron polo menos nun Gran Premio, aínda que só dúas delas cualificaron algunha vez e comezaron unha carreira. A muller que competiu en máis Grandes Premios é Lella Lombardi, con 17 participación e 12 saídas.

Desiré Wilson converteuse na única muller en gañar unha carreira de Fórmula Un, aínda que non puntuable para o Campionato Mundial, cando gañou en Brands Hatch na British Aurora F1 series o 7 de abril de 1980. Como resultado deste logro, ten unha tribuna en Brands Hatch que leva o seu nome.[1]

Histórico editar

 
Lella Lombardi: primeira e única muller en anotar puntos.

A historia das mulleres no Fórmula Un iniciouna a italiana Maria Teresa de Filippis que entre as tempadas de 1958 e 1959, participou en cinco carreiras[2] e comezou só dúas[2] tendo como mellor resultado unha décima posición no Gran Premio de Bélxica de 1958.[3][4] Na seguinte carreira, o director da carreira prohibiulle a súa participación, alegando que "O único casco que unha muller debe usar é o que está no salón de peiteado".[5][6] Maria terminou a súa carreira no Gran Premio de Mónaco o ano seguinte.

Logo de quince anos sen ningunha muller na categoría, participou outra italiana, Lella Lombardi, que competiu durante tres tempadas, desde 1974 a 1976. Inscribiuse en dezasete carreiras e comezou doce, logrou o seu mellor resultado no Gran Premio de España de 1975 onde Lombardi terminou sexta. A carreira detívose antes de chegar a tres cuartos da distancia da carreira programada, outorgáronse só a metade dos puntos. Lella converteuse na primeira e ata agora única muller en puntuar no Campionato Mundial.[7][8][9][10]

En 1976 a inglesa Divina Galica tratou de cualificar para o Gran Premio do Reino Unido. Esta foi o único Gran Premio de Fórmula Un no que participaron varios pilotos femininos (Lombardi e Galica), pero ningunha cualificou.[8][10][11][12]

En 1980, a surafricana Desiré Wilson tratou de cualificar para o Gran Premio do Reino Unido, pero non tivo éxito. No mesmo ano converteuse na única muller en gañar unha carreira de Fórmula Un cando gañou en Brands Hatch nas British Aurora F1 series o 7 de abril de 1980. Como resultado deste logro, Wilson ten unha tribuna en Brands Hatch que leva o seu nome.[1][13]

A última muller en tratar de competir nun Gran Premio de Fórmula 1, foi a italiana Giovanna Amati en 1992. Tratou de cualificar en tres carreiras, pero fracasou en todos os intentos. Foi substituída por Damon Hill, que tampouco logrou cualificar o coche nas seguintes carreiras.[14][15][16]

Pilotos editar

Pilotos oficiais editar

As pilotos mencionadas nesta táboa participaron nun Gran Premio. As saídas reais indícanse entre paréntesis.

# Nome Tempadas Equipos Carreiras
(saídas)
Puntos
1 Filippis  Maria Teresa de Filippis 19581959 Maserati, Behra-Porsche 05 (3) 40
2 Lombardi  Lella Lombardi 19741976 March, RAM, Williams 17 (12) 50.5
3 Galica  Divina Galica 1976, 1978 Surtees, Hesketh 03 (0) 2
4 Wilson  Desiré Wilson 1980 Williams 01 (0) 3
5 Amati  Giovanna Amati 1992 Brabham 03 (0) 1

Pilotos de proba editar

Algunhas mulleres piloto participaron nas sesións de probas e avaliación en equipos de Fórmula 1. A piloto de IndyCar Sarah Fisher realizou unha carreira de demostración con McLaren logo da primeira práctica para o Gran Premio dos Estados Unidos de 2002.[17] Katherine Legge probou con Minardi no Circuíto de Vallelunga en 2005.[18]

Outras mulleres pilotos foron contratadas en equipos de Fórmula 1 para probas e desenvolver capacidades. En 2012, Williams contratou a Susie Wolff como piloto de probas e desenvolvemento,[19][20] e María de Villota foi piloto de probas de Marussia[21] ata o seu accidente en 2012 e a morte ao ano seguinte.[22] En 2014, Sauber contratou á piloto da Serie IndyCar Simona de Silvestro como "piloto afiliado", co obxectivo de competir en 2015.[23] En 2015 Lotus F1 contratou a Carmen Jordá nun acordo que inclúe unha carreira nun coche.[24]

Fitos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Diepraam, Mattijs (outobro 1998). "F1's only female winner". FORIX 8W. Autosport.com. Consultado o 21 xaneiro 2012. 
  2. 2,0 2,1 "F1: Primeira mulher a pilotar um Formula 1 é "estrela" em Portimão". Autoportal. 12 outubro 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 27 xullo 2015. 
  3. "Escocesa é a primeira mulher a participar de treino oficial da F1 em 22 anos". UOL. 4 xullo 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 xullo 2015. 
  4. "Maria Teresa de Filippis races in Portuguese Grand Prix - Ago 24, 1958". HISTORY.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 xullo 2015. 
  5. "TOP CINQ: Cinco Penélopes Charmosas". Bandeira Verde. 19 August 2011. Consultado o 27 xullo 2015. 
  6. "Maria Teresa De Filippis - Sport - The Observer". The Observer. 5 marzo 2006. Consultado o 27 xullo 2015. 
  7. "Espanhola é esperança de presença feminina na F1 após 20 anos - F1 - iG". IG. 23 agosto 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 xullo 2015. 
  8. 8,0 8,1 "Que fim levou? - Lella Lombardi". UOL. Consultado o 27 xullo 2015. 
  9. "Lombardi feat was mere footnote to tragic 1975 race". Reuters. 5 maio 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 xullo 2015. 
  10. 10,0 10,1 "Coluna La Rascasse: As mulheres e a Fórmula 1". F1Mania. 11 maio 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 27 xullo 2015. 
  11. "Women in Formula One". formula1-dictionary.net. Consultado o 27 xullo 2015. 
  12. "Women in F1: still a distant dream? - IOL Motoring F1 Grand Prix". IOL. 7 maio 2015. Consultado o 27 xullo 2015. 
  13. "Desire Wilson: The story of F1's only race-winning woman - F1 Fanatic". F1 Fanatic. 26 febreiro 2014. Consultado o 27 xullo 2015. 
  14. "Lika In-Loko: Mulheres na F1 - um resgate feminino". F1Mania. 19 agosto 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 27 July 2015. 
  15. "Giovanna Amati - F1 Driver Profile - ESPN.co.uk". ESPN.co.uk. Consultado o 27 xullo 2015. 
  16. "GIOVANNA AMATI: Bella donna". www.autosport.pt (en portugués). Consultado o 2022-04-17. 
  17. "Sarah Fisher to drive McLaren". Autosport (Haymarket Publications). 19 setembro 2002. Consultado o 16 marzo 2014. 
  18. "Katherine Legge makes Minardi debut". F1.com. 23 novembro 2005. Consultado o 16 marzo 2014. 
  19. Elizalde, Pablo (11 abril 2012). "Susie Wolff joins Williams as development driver". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 13 abril 2012. 
  20. Noble, Jonathan (15 xullo 2013). "Wolff, Juncadella join Williams for young driver test at Silverstone". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 4 agosto 2013. 
  21. "Maria de Villota joins Marussia F1 team as test driver for the 2012 season". Autosport. 7 marzo 2012. Consultado o 13 abril 2012. 
  22. Associated Press (11 outubro 2013). "Former Formula One test driver Maria de Villota dies". USA Today. Consultado o 12 outubro 2013. 
  23. Press Association (14 febreiro 2014). "Sauber hire IndyCar driver Simona de Silvestro to prepare her for F1". The Guardian. Consultado o 15 febreiro 2014. 
  24. Autosport (26 February 2014). "F1: Lotus signs Jorda to development role". Racer. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 February 2014. 
  25. The Observer, Interview to Maria Teresa De Filippis
  26. "GPGuide – Driver Profile: Maria Teresa de Filippis". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2016. 
  27. Google Books, Fast Ladies: Female Racing Drivers 1888 to 1970
  28. The Official Formula 1 Website, Results of 1976 British Grand Prix