Behra-Porsche

Behra-Porsche
Nome completo
Bandeira Flag of France.svg Francia
Baseada en Módena Italia
Tempadas en activo 1959-1960
Número de pilotos Francia Jean Behra
Italia Maria Teresa de Filippis
Flag of the United States.svg Masten Gregory
Flag of the United States.svg Fred Gamble
Debut Gran Premio de Mónaco de 1959
Carreiras 3 (2 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1960

"Behra-Porsche" foi un construtor de Fórmula Un que participou en catro grandes premios do campionato do mundo durante as tempadas de 1959 e 1960. Comezou e terminou dúas carreiras, ambas na tempada 1960, pero non logrou ningún punto no campionato.

Jean Behra foi un consagrado piloto de carreiras francés, que a finais dos anos 1950 era un habitual do paddock de Fórmula Un. Alcanzara éxito anteriormente na década co equipo Maserati, pero foi contratado a Scuderia Ferrari (Ferrari) para a tempada 1959.[1] Malia súas obrigación con Ferrari, Behra encargou a Porsche construír un monopraza de Fórmula 2, tomando compoñentes do Porsche 718 'RSK'. O chasis do coche fora deseñado polo ex enxeñeiro Maserati Valerio Colotti, que posteriormente adaptouno para podelo utilizar cos compoñentes do 718 RSK. O vehículo foi nomeado "Behra-Porsche" e pintado na cor Azul Francia da patria do francés.[1]

O coche fixo a súa presentación no Gran Premio de Mónaco de 1959, coa boa amiga de Behra María Teresa de Filippis ao volante. De Filippis non puido cualificar, e o coche non iniciou a carreira.[1][2]

Tralo Gran Premio de Francia de 1959, Behra foi despedido do equipo de Ferrari tras un altercado co director do equipo.[3] Isto significou, que Behra puido competir co seu propio Behra-Porsche no seguinte Gran Premio de Alemaña.[1]

O Gran Premio de Alemaña foi o único que se celebrou no circuíto de AVUS en Berlín. Behra non só participaba no Behra-Porsche no Gran Premio, tamén participaba co seu RSK sportscar nunha carreira de apoio. Foi nesta carreira o 1 de agosto de 1959 xusto antes do Gran Premio, na que Behra morreu, trompeou sobre a cima do infame peralte do AVUS saíndo despedido do seu vehículo. Behra golpeou unha hasta da bandeira e caeu ao chan, fracturando o cranio e rompendo moitas costelas. Morreu no impacto.[4]

Logo da morte de Behra, o Behra-Porsche foi adquirido por Lloyd Casner para o equipo de Casner Motor Racing. A primeira das dúas saídas do Behra-Porsche en 1960 foi no Gran Premio da Arxentina o 7 de febreiro de 1960 pilotado por Masten Gregory (EE.UU.), que terminou 12º na carreira, 4 voltas detrás do líder.[5] Cara á segunda metade da tempada, Fred Gamble converteuse no último piloto en pilotar o Behra-Porsche nun Gran Premio do Campionato do Mundo. O Gran Premio de Italia, que destacou por un boicot dos tres equipos británicos, Gamble ocupou o décimo lugar. Foi o último a 9 voltas do gañador.[6]

Resultados Completos na Fórmula UnEditar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor Pneu Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos Puntos
1959 Maria Teresa de Filippis Behra-Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 D MON 500 NED FRA RU ALE POR ITA USA 0
Italia Maria Teresa de Filippis NSC
Jean Behra Behra-Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 D Francia Jean Behra NTS
1960 Camoradi International Behra-Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 D ARX MON 500 NED BEL FRA RU POR ITA USA 0
Flag of the United States.svg Masten Gregory 12
Flag of the United States.svg Fred Gamble 10

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Long, Brian (2008). Porsche Racing Cars: 1953 to 1975. Veloce Publishing Ltd. p. 74. ISBN 1904788440. 
  2. Richard Williams (11 January 2016). "Maria Teresa de Filipis". theguardian.com. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  3. ""Behra fired after Ferrari punch up"". espn.co.uk. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  4. "Jaap Grolleman" (4 de outubro de 2015). ""Driver Spotlight: Jean Behra"". "badgergp.com". Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  5. "1960 Argentine Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2014. Consultado o 20 September 2015. 
  6. "1960 Italian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2014. Consultado o 20 September 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar