Liga LEB
A Liga Española de Baloncesto, tamén coñecida como LEB Ouro (en castelán: LEB Oro), é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a segunda división do baloncesto español, sendo a categoría inmediatamente inferior á Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na temporada 1996−97.[1] Desde a fundación da categoría, dezoito equipos conseguiron o títulos, sendo os máis laureados o Breogán de Lugo e o Murcia con tres trofeos cada un. Actualmente, a liga consta de 18 equipos, promocionando os dous mellores de cada temporada á ACB: o campións da temporada regular e o vencedor dun playoff que disputan os equipos clasificados entre o segundo e o noveno lugar. Por outra banda, os equipos peor clasificados descenden á LEB Prata.
LEB Ouro | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1996 |
País | ![]() |
Outros clubs de | ![]() |
Confederación | FIBA Europa |
Equipos | 18 |
Copa | Copa Princesa |
Ascenso | ACB |
Descenso | LEB Prata |
Actual campión | Granada (1º título) |
Máis laureado | Breogán Murcia (3 títulos) |
Televisión | FEB TV |
Organizador | Federación Española |
Sitio web | leboro.es |
Formato Editar
Cada equipo de cada categoría xoga contra tódolos demais equipos da súa división en dúas ocasións, unha vez na súa casa e o outro no estadio do opoñente. Isto tradúcese en que na fase regular da LEB Ouro cada equipo xogue 34 encontros. As dúas metades da tempada xóganse na mesma orde, é dicir, a orde da primeira metade accesorios de cada equipo repítese na segunda metade da tempada, coa única diferenza das canchas onde se xogan os encontros. Cada vitoria suma un partido gañado ao equipo na clasificación da liga.
Ao final da liga o campión é o equipo que máis partidos gañou durante a fase regular. Este equipo consegue o ascenso automático á Liga ACB. Os equipos que ocupan as prazas que van desde o segundo posto até o noveno xogan unha rolda de play-offs para decidir o outro equipo que ascende á máxima categoría. Estas eliminatorias compóñense de dúas fases. A primeira é unha eliminatoria de cuartos de final, na que se enfrontan o segundo clasificado contra o noveno, o terceiro contra o oitavo, o cuarto contra o sétimo e o quinto contra o sexto, tendo vantaxe de campo o equipo mellor clasificado. Os vencedores destas eliminatorias dispútanse a outra praza de ascenso á Liga ACB nunha Final a Catro a partido único celebrada nunha única sede. Por outra banda, o último clasificado descende á LEB Prata, así como o perdedor do play-off pola permanencia que xogan o penúltimo e o antepenúltimo.[2]
Equipos Editar
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da LEB Ouro.[3]
Historia Editar
Nomes Editar
Ao longo dos anos, o campionato da LEB foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:
Período | Nome |
---|---|
1996–2006 | LEB |
2006–2007 | Adecco LEB |
2007–2015 | Adecco Oro |
2015− | LEB Oro |
Resultados Editar
A segunda división antes da LEB Editar
Antes de 1996, os equipos ascendian á Liga ACB desde outras competicións de segunda división. O número de equipos que ascendidos varían cada ano.
|
|
Palmarés Editar
- 1996–97 Ciudad de Huelva
- 1997–98 Murcia
- 1998–99 Breogán
- 1999–00 Lucentum Alicante
- 2000–01 Lleida
- 2001–02 Lucentum Alicante
- 2002–03 Murcia
- 2003–04 Bilbao
- 2004–05 Fuenlabrada
- 2005–06 Gipuzkoa
- 2006–07 Manresa
- 2007–08 Zaragoza
- 2008–09 Valladolid
- 2009–10 Zaragoza
- 2010–11 Murcia
- 2011–12 Canarias
- 2012–13 Atapuerca
- 2013–14 Andorra
- 2014–15 Tizona
- 2015–16 Palencia
- 2016–17 Gipuzkoa
- 2017–18 Breogán
- 2018–19 Real Betis
- 2019–20 Cancelada
- 2020–21 Breogán
- 2021−22 Granada
Por equipo Editar
Club | Campión | Segundo | Promoción | Anos campión |
---|---|---|---|---|
UCAM Murcia CB | 3 | 1 | 4 | 1997–98, 2002–03, 2010–11 |
CB Breogán | 3 | 0 | 3 | 1998–99, 2017–18, 2020–21 |
CB Lucentum Alicante | 2 | 2 | 4 | 1999–00, 2001–02 |
Gipuzkoa Basket | 2 | 1 | 4 | 2005–06, 2016–17 |
Basket Zaragoza | 2 | 0 | 2 | 2007–08, 2009–10 |
Bàsquet Manresa | 1 | 2 | 3 | 2006–07 |
Baloncesto Fuenlabrada | 1 | 1 | 2 | 2004–05 |
CB Tizona | 1 | 1 | 2 | 2014–15 |
Bilbao Basket | 1 | 1 | 2 | 2003–04 |
Fundación CB Granada | 1 | 1 | 0 | 2021−22 |
CB Ciudad de Huelva | 1 | 0 | 1 | 1996–97 |
CE Lleida Bàsquet | 1 | 0 | 1 | 2000–01 |
CB Valladolid | 1 | 0 | 1 | 2008–09 |
CB 1939 Canarias | 1 | 0 | 1 | 2011–12 |
CB Atapuerca | 1 | 0 | 1 | 2012–13 |
BC Andorra | 1 | 0 | 1 | 2013–14 |
Palencia Baloncesto | 1 | 0 | 1 | 2015–16 |
Real Betis Baloncesto | 1 | 0 | 1 | 2018–19 |
Menorca Bàsquet | 0 | 3 | 3 | |
CB Granada | 0 | 2 | 2 | |
Club Ourense Baloncesto | 0 | 2 | 2 | |
Cantabria Baloncesto | 0 | 1 | 1 | |
Gijón Baloncesto | 0 | 1 | 1 | |
Tenerife CB | 0 | 1 | 1 | |
Baloncesto León | 0 | 1 | 1 | |
Obradoiro CAB | 0 | 1 | 1 | |
Club Melilla Baloncesto | 0 | 1 | 1 | |
CB Miraflores | 0 | 1 | 1 | |
Bàsquet Girona | 0 | 1 | 1 |
Notas Editar
- ↑ J., Ramón (18 de abril de 2020). "Historia de los ascensos a ACB (1996-97): Huelva respiró baloncesto y alcanzó la Liga ACB" [Historia dos ascensos á ACB: Huelva viviu o baloncesto e acadou a Liga ACB]. lucentumblogging.com (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2021.
- ↑ "La Liga LEB Oro 2021/22 ya tiene su hoja de ruta" [A Liga LEB Ouro 2021−22 xa ten itinerario]. leboro.es (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021.
- ↑ "Equipos". leboro.es (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2022.