OAR Ferrol

(Redirixido desde "CB OAR Ferrol")

O Club Baloncesto OAR Ferrol, onde OAR son as siglas de Obra Atlética Recreativa, foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Ferrol. Fundado en 1951 e desaparecido en 1996, o club competiu durante trece temporadas na máxima categoría do baloncesto español. Xogou os seus partidos como local en dúas localizacións diferentes, o Pavillón Municipal Punta Arnela e o Pavillón Polideportivo A Malata.

OAR Ferrol
Polideportivo A Malata.JPG
Información xeral
Fundación 1951
Desaparición 1996
Cores           Verde,branco
Localización
Cidade Galiza Ferrol, Galiza
Pavillón Polideportivo A Malata
Capacidade 5 000
Campionatos
Copa Galicia 5 (1988, 1989, 1990, 1991, 1993)

HistoriaEditar

O Obra Atlética Recreativa Ferrol foi fundado en 1951, sendo o seu primeiro presidente Jaime López Perez. Nun principio o club contaba unicamente cun equipo xuvenil, o cal que se proclama campión da liga local desde o ano 1954 até o 1957. Na tempotada 1957−58, baixo a presidencia de Antonio Bouza Evia e aproveitando os cimentos deixados polo equipo xuvenil, o club forma un equipo sénior capaz de competir en igualdade con outros equipos xa consolidados. Na primeira temporada o OAR conquista a Segunda División Provincial, se ben a desaparición de dita división fai que non acade o ascenso de categoría. Isto provocaría a desaparición do equipo sénior, o cal non reaparecerá até a temporada 1963−64 baixo a presidencia de Juan Fernández García. Juan Fernández posteriormente dirixiría o club os seguintes 30 anos.

Na temporada 1975−76 o equipo militaba na 3ª División Nacional. A idea de afrontar tarefas máis importantes concretouse na cabeza de Juan Fernández. Cun americano prestado, demostrouse nalgún partido amigable que este era o que marcaba a diferenza. Na seguinte tempada, a 1976-77, fichouse a José Antonio Figueroa, un adestrador profesional, que nuns anos conduciu e mantivo ao equipo en Primeira División. Con Juan Fernández ao mando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español, chamada primeiro División de Honra, e despois coñecida pola súa denominación Liga ACB.

Nos trece anos na elite do club ferrolán, o equipo consegue tres clasificacións a competicións europeas, concretamente a Copa Korać, aínda que nunca sendo capaces de pasar da fase de grupos. Na temporada 1993−94 o club perde a categoría a pesar de finalizar no posto 15. Isto foi debido a económicos, motivados en boa medida pola súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva. Tras o descenso de categoría o OAR acabar por certificar en 1996 a súa desaparición. Durante a longa vida deportiva do Club Baloncesto OAR Ferrol, foron moitos os xogadores e adestradores que defenderon as cores do equipo.

XogadoresEditar

DestacadosEditar

PalmarésEditar

Copa Galiza

  • Campión (5): 1988, 1989, 1990, 1991, 1993
  • Subcampión (2): 1987, 1992

HistorialEditar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1951–78 Categorías inferiores
1978–79 2 1ª División B 8–2–12
1979–80 2 1ª División B 24–6
1980–81 1 1ª División 10–1–15 Cuartos de final
1981–82 1 1ª División 12–14 3 Copa Korać SR 3–1
1982–83 1 1ª División 11º 7–2–17 Cuartos de final 3 Copa Korać PR 0–1–1
1983–84 1 ACB 12–20
1984–85 1 ACB 11º 14–15 Copa Príncipe CR 3 Copa Korać GS 4–6
1985–86 1 ACB 12º 12–18 Copa Príncipe SF
1986–87 1 ACB 16º 5–26 Copa Príncipe OF
1987–88 2 1ª División B 37–9
1988–89 1 ACB 26–13 Primeira rolda Copa Príncipe SF
1989–90 1 ACB 19º 11–30 Primeira rolda
1990–91 1 ACB 21º 16–27 Segunda rolda
1991–92 1 ACB 10º 17–19 Primeira rolda
1992–93 1 ACB 15º 13–21 Segunda rolda
1993–94 1 ACB 15º 11–19 Cuartos de final
1994–95 3 2ª División

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar