Liga Española de Baloncesto 1982-83
A tempada 1982-83 da Liga Española de Baloncesto foi a 27ª edición do campionato nacional de baloncesto en España, e a derradeira antes do nacemento da Liga ACB ó ano seguinte. O torneo comezou o 10 de outubro de 1982 e rematou o 7 de abril de 1983 coa disputa da final entre o FC Barcelona e o Real Madrid CF. A liga regular estivo composta por 14 equipos, entre eles dous galegos, o OAR Ferrol (que participaba por 3ª ocasión) e o Obradoiro CAB (que debutaba na máxima competición nacional). A liga regular contou con 26 xornadas, ó cabo das cales o último equipo da táboa descendeu de categoría. Os dous primeiros equipos remataron cos mesmos puntos, de xeito que tivo que disputarse de xeito escepcional unha final de desempate polo título.
Tempada regularEditar
|
Puntos = Puntos acadados para a clasificación; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados (2 puntos); E = Encontros empatados (1 punto); P = Encontros perdidos (0 puntos); P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra O Obradoiro CAB foi sancionado cun punto.
FC Barcelona 76 — 70 Real Madrid
|
EstatísticasEditar
- Máximos anotadores
Posto | Xogador | Equipo | Puntos | Encontros | PPE |
---|---|---|---|---|---|
1. | Claude Gregory | BAS | 766 | 25 | 30,6 |
2. | Nate Davis | OBR | 321 | 12 | 26,8 |
3. | John Stroud | CRO | 691 | 26 | 26,6 |
4. | Chicho Sibilio | BAR | 674 | 26 | 25,9 |
5. | Walter Jordan | VAL | 665 | 26 | 25,6 |
6. | Fernando Martín | RMD | 600 | 25 | 24,0 |
7. | Malcolm Cesare | OAR | 593 | 26 | 22,8 |
8. | Samuel Puente | VAL | 578 | 26 | 22,2 |
9. | José Luis “Indio” Díaz | INM | 552 | 26 | 21,2 |
10. | Juan Antonio San Epifanio “Epi” | BAR | 549 | 26 | 21,1 |