Polideportivo Fernando Martín

O Pabellón Polideportivo Municipal Fernando Martín é un pavillón polideportivo cuberto de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), inaugurado en setembro de 1991.[1]. Conta cunha capacidade para 5 700 espectadores, e é utilizado principalmente para baloncesto, sendo o pavillón onde xoga como local o Baloncesto Fuenlabrada.

Polideportivo Fernando Martín
Datos
Coordenadas40°16′57″N 3°48′02″O / 40.2825, -3.800556
LocalizaciónEspaña Fuenlabrada, España
Construción
InauguraciónSetembro de 1991
Estadio
Capacidade5 700 espectadores
PropietarioAyuntamiento de Fuenlabrada
LocalíaBaloncesto Fuenlabrada (ACB)
editar datos en Wikidata ]

Durante a fase de grupos da temporada 1991-92 da Euroliga, o escenario foi o fogar do club serbio KK Partizan, que tiña prohibido pola FIBA xogar os seus partidos na casa, debido á Guerra dos Balcáns.[2]

  1. "Pabellón Polideportivo Fernando Martín". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 06 de maio de 2010. 
  2. KK Partizan 1991-92