Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz

instalación deportiva en Ourense
(Redirección desde «Pazo Paco Paz»)

O Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz é un recinto polideportivo e multiúsos da cidade de Ourense, en Galicia, inaugurado no ano 1988. O pavillón ten unha superficie de parqué homologada para a práctica de baloncesto, fútbol sala ou balonmán entre outros deportes. As bancadas do recinto teñen capacidade para acoller máis de 5.000 persoas en localidades de asento. Situado nun complexo deportivo composto por campos de fútbol, pistas de tenis, piscinas e un circuíto de automodelismo, o seu funcionamento depende da Deputación Provincial de Ourense.

Pazo Paco Paz
Galicia Pazo Paco Paz
Tipoinstalación deportiva Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°19′01″N 7°51′51″O / 42.317072, -7.864128
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloOurense Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOurense, Galicia
Datas
Fundación1988 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1988
Dimensións
Capacidade6.000 espectadores
Persoas e organizacións
PropietarioDeputación de Ourense Editar o valor en Wikidata
OcupanteClub Ourense Baloncesto Editar o valor en Wikidata
Deporte
LocalíaClub Ourense Baloncesto
Ourense Fútbol Sala
Wikidata ]

Foi deseñado para cumprir dous obxectivos:

  • O primeiro deles, poder acoller acontecementos deportivos de alto nivel, para o cal, ademais de ter a pista homologada, está equipado con cabinas e salas de prensa, sala VIP e un pavillón auxiliar.
  • O segundo, poder acoller espectáculos culturais, como poden ser concertos musicais, actuacións, actividades recreativas etc.

O Club Ourense Baloncesto xoga os seus encontros como local neste pavillón, do mesmo xeito que o Ourense Fútbol Sala. Isto significa que o Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu nas décadas de 1990 e 2000 máis de 150 encontros da Liga ACB durante as 10 tempadas que o COB militou na elite do baloncesto español, e tamén máis de 150 encontros da LNFS durante as 9 tempadas que o Ourense FS militou na máxima categoría do fútbol sala de España.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar