Xenxis Kan

conquistador e emperador do imperio Mongol
(Redirixido desde "Genghis Khan")

Xenxis Kan[1] (en mongol: Чингис Хаан /ʧiŋgɪs χaːŋ/), O Señor de Toda a Terra, nado en 1155, 1162 ou 1167 e finado o 18 de agosto de 1227, foi un conquistador e emperador mongol, naceu co nome de Temüjin nalgún momento no último cuarto do século XII, nas estepas mongois.

Xenxis Kan
Gran Kan
Genghis Khan.jpg

Reinado1206 a 18 de agosto de 1227
Coroación1206
Outros títulosKhaqan
Nacementoca. 1162
Dulun-Boldak (monte Burkhan Khaldun)
noroeste de Mongolia
Falecemento18 de agosto de 1227
Yinchuan (Provincia de Ningxia)
centro-norte de China
SucesorOgodei Kan
ConsorteBorte
DescendenciaJochi
Chagatai
Ogodei
Tolui
Casa realBorjigin
ProxenitoresYesügei
Oelón-Eké

Mapa mostrando o dominio de Xenxis Kan (en laranxa) no século XIII

O seu nacemento está rodeado de lendas xamánicas sobre a chegada dun lobo cincento que devoraría toda a terra. Aínda novo, enfrontouse á repulsa da súa familia polo seu propio clan, mais volvería para conquistar o seu liderado, vencer os seus rivais de clans distintos e unificar os pobos mongois baixo o seu mando. Estratego brillante, con hábiles arqueiros montados á súa disposición, vencería a Gran Muralla da China e conquistaría o norte daquel país e estendería o seu imperio cara ao oeste. Xenxis morrería antes de ver o seu imperio alcanzar a súa extensión máxima, mais comezaría unha dinastía de conquistadores que chegou a construír un imperio de trinta e tres millóns de quilómetros cadrados, do océano Pacífico ao mediterráneo ou Índico.

TraxectoriaEditar

Temüjin naceu na década de 1160, probabelmente en 1161, na Mongolia. Suponse que era descendente dun líder mongol coñecido como Kabul Khan, do clan Bojigin, que por breves anos obtivo control sobre unha Mongolia unificada. Mentres, na época do nacemento de Temüjin, os mongois estaban divididos en diversas tribos e clans, cada unha gobernada por un Khan, ou "Señor", que se impuña máis pola forza que pola descendencia nobre. Con Temüjin non sería diferente. O seu pai, Yesügei, foi envelenado por membros da tribo dos tártaros cando o rapaz tiña 9 anos de idade. O resto da familia foi abandonada polo seu propio clan e forzada a sobrevivir nas estepas sen gando nin cabalos.

Aparentemente, a familia de Temüjin recuperou a súa fortuna a través de doazóns de clans solidarios.

AscensiónEditar

Temüjin probabelmente fora adestrado como arqueiro montado aínda moi novo, como era común entre os cativos dos mongois. Ao asegurar unha posición de caudel entre clans amigábeis, emprendeu unha campaña contra da tribo Merkit, que raptara a súa noiva Bortei. Temüjin atacou ós guerreiros Merkit un a un ata derrotar a todo o clan. Levou a Bortei de volta, e ao carón dela viviría ata a súa fin.

Neste intre, Temüjin xa era coñecido e respectado, e, como de praxe entre os nómades mongois, foi nomeado caudel de diversas tribos distintas polo seu valor coma guerreiro. Cun exército respectable á disposición, Temüjin consolidou o seu dominio sobre tribos rivais conquistándoas e eliminando os seus inimigos, moitas veces con crueldade. No 1206, unha asemblea entre os xefes de todas as tribos das estepas proclamou a Temüjin, con 45 anos, como Xenxis Kan, o Khan dos Khans.

Xenxis estableceu un sistema de goberno e leis para impor orde aos nómades, ata entón independentes e belicosos entre si. Na práctica, a lealdade á figura de Xenxis Kan era o punto de equilibrio de toda a nación. Creouse unha xerarquía administrativa e militar, e un exército foi adestrado e organizado.

ConquistasEditar

No 1207, os mongois foron forzados a expandir o seu territorio de pasto debido a problemas climáticos nas estepas, e conquistaron o reino tangut de Hsi Hsia. De seguido, atravesaron a Grande Muralla e chegaron á China, reino que estaba dividido entre as dinastías Xin, ao norte, e Song ao sur. As vastas plantacións de arroz e a riqueza da cidade atraeron a atención de Xenxis en canto á posibilidade de se tornar señor da China. Na conquista do reino Xin, Xenxis Kan recrutou un rapaz chinés chamado Yeh-lu Ch'u-ts'-ai como conselleiro persoal. A súa influencia tornou a Xenxis máis tolerante e menos agresivo na batalla, estimulándoo a evitar esforzos esaxerados na guerra e a conserva-las terras cultivadas en canto de transformalas en pastos.

Xenxis, despois do ataque inicial aos Xin, retirouse á Mongolia, namentres os seus xenerais se encargaban de establece-lo seu dominio na China Xin. No 1218, un accidente diplomático provocou a xenteira de Xenxis sobre o reino turco de Khwarizm, no norte da Persia. O Khan cabalgou á fronte de máis de 200 mil homes e preto de 10 mil máquinas de asedio adquiridas dos chineses. Houbo poucas batallas campais, e os mongois emprenderon guerras de cerco ás cidades fortificadas da Persia, que capitularon unha a unha. Algunhas, coma Bukhara e Samarkanda tornaríanse, no futuro, espellos afastados da presenza mongol no suroeste da Asia. A vella cidade de Nishapur foi arrasada, e mesmo nin os animais alí sobreviviron ao ataque mongol.

As perdas humanas en Khwarizm contábanse por milleiros. Xenxis e mailos seus xenerais impuñan castigos brutais aos inimigos. A proximidade da Persia coa Europa xerou a fama de salvaxismo dos mongois, que asolaría o continente nas décadas seguintes.

No 1227, mentres os xenerais de Xenxis conquistaban os territorios ó sur da Rusia e na Ucraína, o Gran Khan foi forzado a volver ás estepas para conter unha revolta de Hsi Hsia, que recusara a convocatoria á campaña contra Khwarizm. Despois de vencer os tangutes, Xenxis Kan morreu dunha febre alta.

LegadoEditar

Denantes da súa morte, Xenxis estableceu o seu fillo, Ogodei, coma o seu sucesor. Ogodei encargouse de expandir o territorio mongol ao máximo, da Siria á Indochina, da Persia á Siberia, da Hungría á China. Posteriormente, o grande imperio sería dividido en catro partes, entre fillos e netos de Xenxis, porén ningún destes novos reinos, ou khanatos, tería unha existencia longa.

No inicio do Século XIV, Timur, o Coxo, alegando ser descendente de Xenxis Kan, tornaríase o Khan dun breve imperio mongol que abarcaría toda a Mesopotamia, a Persia, o Afganistán, o Paquistán e o norte da India. Aínda nese século, os tártaros rexurdirían, inspirados polas conquistas de Xenxis, para toma-lo territorio do disolto Khanato da Horda Dourada, na Rusia. Varias rebelións mongois máis, de menor importancia, terían lugar nos séculos seguintes, mais o medio de vida nómade e a incapacidade de establecer unha industria de armamento axiña tornaría ós hábiles cabaleiros montados en obsoletos perante ás novas artillarías dos países veciños.

Na Mongolia actual, Xenxis Khan é considerado o heroe máximo e o pai daquela nación, cuxo culto á imaxe xamais se deixou borrar, mesmo durante o réxime comunista.

A continuación móstrase a árbore xenealóxica cos principais membros da dinastía Timúrida  

NotasEditar

  1. "Xenxis Kan". Diciopedia do século 21 III. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2220. 

Véxase taménEditar


BibliografíaEditar

  • Ratchnevsky, Paul (1992, c1991). Genghis Khan: His Life and Legacy [Čingis-Khan: sein Leben und Wirken]. tr. & ed. Thomas Nivison Haining. Oxford, UK; Cambridge, Massachusetts, US: B. Blackwell. ISBN 0-631-16785-4. 
  • Man, John (2004). Genghis Khan: Life, Death and Resurrection. Bantam Press, Londres. ISBN 978-0-553-81498-9.
  • Brent, Peter (1976). The Mongol Empire: Genghis Khan: His Triumph and His Legacy. London: Weidenfeld & Nicholson. ISBN 0-297-77137-X. 
  • Bretschneider, Emilii (1888, repr. 2001). Mediæval Researches from Eastern Asiatic Sources; Fragments Towards the Knowledge of the Geography & History of Central & Western Asia. Trübner's Oriental Series. London: Kegan Paul, Trench, Trübner & Co (repr. Munshirm Manoharlal Pub Pvt Ltd). ISBN 81-215-1003-1. 
  • Cable, Mildred; Francesca French (1943). The Gobi Desert. Londres: Landsborough Publications. 
  • Chapin, David (2012). Long Lines: Ten of the World's Longest Continuous Family Lineages (en inglés). College Station, Texas: Virtualbookworm.com. ISBN 978-1602649330. 
  • Charney, Israel W. (ed.) (1994). Genocide: A Critical Bibliographic Review. New York: Facts on File Publications. 
  • De Hartog, Leo (1988). Genghis Khan: Conqueror of the World. London: I.B. Tauris & Co. Ltd. 
  • (en francés) Farale, Dominique (2002). De Gengis Khan à Qoubilaï Khan : la grande chevauchée mongole. Campagnes & stratégies. Paris: Economica. ISBN 2-7178-4537-2. 
  • (en francés) Farale, Dominique (2007). La Russie et les Turco-Mongols : 15 siècles de guerre. Paris: Economica. ISBN 978-2-7178-5429-9. 
  • Smitha, Frank E. "Genghis Khan and the Mongols". Macrohistory and World Report. 
  • Juvaynī, Alā al-Dīn Atā Malik, 1226–1283 (1997). Genghis Khan: The History of the World-Conqueror [Tarīkh-i jahāngushā]. tr. John Andrew Boyle. Seattle: University of Washington Press. ISBN 0-295-97654-3. 
  • Juvaini, 'ala-ad-Din 'Ata-Malik (1958). History of the World-Conqueror. tr. John Andrew Boyle. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 361. Consultado o 2012-04-16. 
  • Rashid al-Din Tabib (1995). A Compendium of Chronicles: Rashid al-Din's Illustrated History of the World Jami' al-Tawarikh. The Nasser D. Khalili Collection of Islamic Art, Vol. XXVII. Sheila S. Blair (ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-727627-X. 
  • Rashid al-Din Tabib (1971). The Successors of Genghis Khan (extracts from Jami’ Al-Tawarikh). UNESCO Collection of Representative Works: Persian heritage series. tr. from the Persian by John Andrew Boyle. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-03351-6. 

Ligazóns externasEditar