Ganso campestre
O ganso campestre[2] (Anser fabalis) é unha especie de ave da orde das anseriformes e familia dos anátidos, unha das 11 comprendidas no xénero Anser.
Ganso campestre Anser fabalis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anser fabalis adulto | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anser fabalis (Latham, 1787) | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1760 polo médico e naturalista inglés, especializado en ornitoloxía, John Latham, baixo o nome de Anas fabalis.[3][4]
Etimoloxías
editarO nome do xénero, Anser, está tomado do latín anser, -eris, "ganso".[5]
O epíteto específico, fabalis, deriva do latín faba, -ae, "faba".[6]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Anas fabalis Latham, 1787 (protónimo)
- Anas segetum Gmelin, 1789
- Anser fabilis (Latham, 1787)
- Anser segetum (Gmelin)
Subespecies
editarRecoñécense na actualidade as seguintes subespecies:[3][7]
- Anser fabalis fabalis (Latham, 1787)
- Anser fabalis johanseni Delacour, 1951
- Anser fabalis middendorffii Severtzov, 1873
- Anser fabalis rossicus Buturlin, 1933
- Anser fabalis serrirostris Swinhoe, 1871
Características
editarA súa lonxitude varía de 68 a 90 cm, a envergadura alar oscila entre 140 e 174 cm, e o peso, de 1,7 a 4 kg. Na subespecie Anser fabalis fabalis, os machos pesan de media 3,2 kg e as femias 2,84 kg. O pico é negro na base e na punta, cunha banda laranxa no medio; as patas e os pés son de cor laranxa brillante.[8]
As cobertoras alares superiores son de cor marrón escura, como no ganso de fronte branca (Anser albifrons) e no ganso de fronte branca menor (Anser erythropus), pero diferenciándose destes por ter estreitas franxas brancas nas plumas.
A voz é un bocinazo forte, agudo nas subespecies máis pequenas.
Anas brachyrhynchus, moi emparentado, ten o pico curto, de cor rosa brillante no medio, e os pés tamén rosados, sendo as capas das ás superiores case da mesma gris azulada que no ganso gris. En tamaño e estrutura de pico, é moi similar a Anser fabalis rosicus
Distribución
editar- Existente (reprodución):
- Federación Rusa (Rusia Oriental de Asia), Mongolia
- Existente (non reprodutor):
- De paso:
- Residente (non reprodutor):
- Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Kazakhstán, Chequia, China, Corea do Sur, Dinamarca, Eslovaquia, Federación Rusa (Asia Central Rusa, Rusia Europea), Finlandia, Francia, Hungría, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Noruega, Polonia, Suecia, Taiwán, Tadjiikistán, Ucraína, Uzbekistán, Xapón.
- Existente e divagante (non reprodutor):
- Existente e divagante:
Bioloxía
editarAlimentación
editarAliméntase de herba, cereais e raíces en campos arados; por iso está moi ligado ás zonas agrarias.
Reprodución
editarAniña no chan, nun burato cuberto por plumas en explanadas abertas ou en claros de bosque.
Pon unha única niñada de 4 a 6 ovos polo mes de xuño.
Cría no norte de Escandinavia, e en Siberia, en charcas da tundra.
No inverno adoita asentarse nos arredores do mar do Norte.
Comportamento
editarTrátase dun ganso gregario que adoita regresar ós mesmo lugares de descanso, en lagos e campos de cultivo. É común velo formando bandadas.
Posúe un canto tipo trompeta, de dúas sílabas ou tres.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Anser fabalis na Lista vermella da UICN. Consultada o 30 de outubro de 2022.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Anser fabalis (Latham, 1787) no GBIF. Consultado o 30 de outubro de 2022.
- ↑ Anser fabalis (Latham, 1787) na BioLib. Consultada o 30 de outubro de 2022.
- ↑ Anser no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, pp. 48, 157.
- ↑ Anser fabalis (Latham, 1787) no ITIS. Consultado o 30 de outubro de 2022.
- ↑ Dunning, John B. Jr., ed. (1992): CRC Handbook of Avian Body Masses. Boca Raton, Florida, EE. UU.: CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganso campestre |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ganso campestre |