Abrir o menú principal

Ganso de testa branca

(Redirixido desde "Anser albifrons")
Ganso de testa branca
Anser albifrons
Anser albifrons frontalis
Anser albifrons frontalis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Xénero: Anser
Especie: A. albifrons
Nome binomial
Anser albifrons
(Scopoli, 1769) [1]
Subespecies
  • Véxase o texto
Exemplar novo durante o seu primeiro inverno de vida.
Exemplar adulto pastando.
Anser albifrons

O ganso de testa branca ou ganso careto, Anser albifrons, é unha especie de ave da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anserinos amplamente distribuída polas rexións árticas de Asia, Europa e Norteamérica.

É un ganso moi próximo, filoxeneticamente ao ganso pequeno (Anser erythropus).

Unha característica peculiar desta especie e a longa duración do período de coidados e relación entre pais e fillos, que pode dura varios anos e incluír casos de atención ás crías por parte dos avós.

DescriciónEditar

Miden entre 65 e 78 cm de lonxitude e teñen unha envergadura alar de entre 130 e 165 cm. O peso vai dos 1 900 os 2 400 g nos machos, e dos 1 600 aos 2 100 g nas femias. Son de cor castaña agrisada escura, coa parte inferior do corpo clara e con bandas negras irregulares no ventre. Teñen unha mancha branca moi visible que abrangue a área da fronte e a base do bico, sen chegar ata detrás dos ollos, coma no caso do ganso pequeno. As patas son de cor alaranxada. O bico ten coloracións que varían entre a vermella pálido ata a rosada (subespecie A. a. albifrons) ou a laranxa amarelada (A. a. flavirostris).

Distribución e subespeciesEditar

A especie adoita dividirse en cinco subespecies:[1]

  • Anser albifrons albifrons (Scopoli, 1769)
  • Anser albifrons elgasi Delacour & Ripley, 1975
  • Anser albifrons flavirostris Dalgety & P. Scott, 1948
  • Anser albifrons frontalis S. F. Baird, 1858
  • Anser albifrons gambeli Hartlaub, 1852

Os exemplares da subespecie nominativa, A. a. albifrons, crían no extremo norte de Europa e Asia, nas zonas de tundra entre a península de Kanin en Rusia ata o río Katanka na península de Taimyr, e pasan o inverno principalmente no sur e oeste de Europa, cos lugares principais de invernada en Alemaña, Países Baixos e Bélxica.

No extremo leste de Siberia e a zona ártica de Canadá, aparece a subespecie A. a. frontalis, algo maior e de bico algo máis longo. Esta subespecie pasa os invernos nos Estados Unidos de América e no Xapón.

Outras dúas subespecies atópanse en Norteamérica: A. a. gambeli, do noroeste de Canadá, e que inverna no Golfo de México estadounidense, e a A. a. elgasi (o ganso de Tula), do suroeste de Alasca. É a subespecie máis grande e de bico máis longo, cos cuarteis de inverno en California. O ganso de Tula é unha subespecie rara, que foi probablemente afectada pola destrución dos seus hábitats de invernada a causa da presenza humana.[2]

A. a. flavirostris cría no oeste de Groenlandia e pasa a estación fría en Escocia e Irlanda. O número de exemplares desta subespecie é escaso, polo que en 2006 a súa caza foi prohibida. Os individuos desta subespecie diferéncianse con claridade dos das outras: son máis escuros e máis barrados na rexión ventral e teñen o bico laranxa. Estudos recentes suxiren que esta subespecie podería constituír unha especie separada.[3]

ProtecciónEditar

A. a. albifrons e A. a. flavirostis están entre as aves incluídas no Acordo para a protección das aves acuáticas de África e Eurasia (AEWA).

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Anser albifrons Scopoli, 1769[Ligazón morta] en SIIT. (en castelán)
  2. Carboneras (1992), p. 582.
  3. Fox & Stroud (2002).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bergmann, Hans-Heiner, Helmut Kruckenberg & Volkhard Wille (2006): Wilde Gänse - Reisende zwischen Wildnis und Weideland, G. Braun Verlag, Karlsruhe
  • Madsen, J., G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearchtic, Wetlands International, Wageningen.
  • Rutschke, E. (1997): Wildgänse Lebensweise - Schutz - Nutzung, Parey, Berlin
  • Carboneras, Carles (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans). En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.): Handbook of Birds of the World (Volume 1: Ostrich to Ducks): 536-629, plates 40-50. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-10-5.
  • Fox, A.D. & Stroud, D.A. (2002): Greenland White-fronted Goose. Birds of the Western Palearctic Update 4(2): 65-88.
  • Littlejohn, Chase (1916): Some unusual records for San Mateo County, California. Abstract en: Cooper Ornithological Society|Cooper Club: Minutes of Cooper Club Meetings. Condor (journal) 18(1): 38-40. PDF fulltext

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar