Cantóns de Suíza

estados membros da Confederación Suíza
(Redirección desde «Estados de Suíza»)

Os 26 cantóns de Suíza son os estados membros da Confederación Suíza. Cada cantón foi un estado soberano, coas súas propias fronteiras, exército e moeda dende a Paz de Westfalia (1648) até o estabelecemento do Estado Federal Suízo en 1848. O cantón máis recente é o Cantón do Xura, que se separou do de Berna en 1979.

Os trece cantóns da Antiga Confederación Suíza (1513-1798)

No século XVI, a Antiga Confederación Suíza estaba composta por trece cantóns soberanos, dos que había dous tipos diferentes: seis de campo (ou bosque) e sete cantóns de cidade (ou urbanos). Aínda que tecnicamente formaban parte do Sacro Imperio Romano, convertéronse en independentes de facto, cando os suízos derrotaron a Maximiliano I na batalla de Dornach en 1499. Despois disto os seis cantóns de campo estabelecéronse como repúblicas democráticas, mentres que os sete cantóns urbanos foron repúblicas oligárquicas controladas por familias nobres.

Hoxe en día cada cantón ten a súa propia constitución, lexislatura, goberno e cortes. A maioría deles son Parlamentos Unicamerais, variando o seu tamaño dende os cincuenta e oito aos douscentos escanos, e uns poucos son Asembleas Xerais, coñecidas como Landsgemeinden. Os gobernos adoitan ser de entre cinco ou sete membros.

A constitución da Confederación Suíza, declara aos cantóns soberanos na medida de que a súa soberanía non estea limitada pola lei federal. Os cantóns tamén conservan tódalas facultades e competencias non delegadas á Confederación pola Constitución. As responsabilidades máis significantes dos cantón son a sanidade, benestar social, educación ou a recadación dos tributos. As constitucións cantonais tamén determinan o grao de autonomía que delegan nos seus municipios, mais case sempre inclúen a facultade de recadar impostos e aprobar leis municipais. As superficies dos cantóns varían entre 37 e 7.105 km² e as poboacións entre 14.900 e 1 244 400.

Ao igual que no ámbito federal, tódolos cantóns réxense por democracia directa, é dicir os cidadáns poden solicitar unha votación popular para modificar a Constitución ou as leis cantonais ou vetar as leis ou proxectos de lei de gastos aprobadas no parlamento. As Asembleas Xerais populares (Landsgemeinde) limítase agora aos cantóns de Appenzell Interior e Glarus. En tódolos demais cantóns exércense os dereitos democráticos por votación secreta.

Lista editar

Os cantóns están listados pola súa orde na Constitución Federal, utilizada nos documentos oficiais suízos. Os primeiros da lista son os tres cantóns cidade que se consideran preeminentes na Antiga Confederación Suíza e os outros cantóns enuméranse na orde de adhesión á Confederación. Esta tradicional orde de precedencia entre os cantóns non ten importancia práctica no moderno Estado federal, no que os cantóns son iguais entre si.

Hai vinte e tres cantóns en Suíza, mais tres deles son están formados por dous semicantóns independentes (Basilea: Basilea-Campo e Basilea-Cidade, Appenzell: Appenzell Exterior e Appenzell Exterior e Unterwalden: Nidwalden e Obwalden), xa sexa porque as dúas comunidades sempre estiveron separadas (Unterwalden) ou polas históricas guerras de relixións (as dúas Basilea e os Appenzell).

Band Código Cantón Dende Capital Poboación[1] Área[2] Densidade[3] № munic. Linguas oficiais
  ZH Zúric 1351 Zúric 1 307 567 1.729 701 171 Alemán
  BE Berna 1353 Berna 962.982 5.959 158 395 Alemán, francés
  LU Lucerna 1332 Lucerna 363.475 1.493 233 96 Alemán
  UR Uri 1291 Altdorf 34.989 1.077 33 20 Alemán
  SZ Schwyz 1291 Schwyz 141.024 908 143 30 Alemán
  OW Obwalden 1291 Sarnen 33.997 491 66 7 Alemán
  NW Nidwalden 1291 Stans 40.287 276 138 11 Alemán
  GL Glarus 1352 Glarus 38.237 685 51 25 Alemán
  ZG Zug 1352 Zug 109.141 239 416 11 Alemán
  FR Friburgo 1481 Friburgo 263.241 1.671 141 168 Francés, alemán
  SO Soleura 1481 Soleura 250.240 791 308 125 Alemán
  BS Basilea-Cidade 1501[4] Basilea 185.227 37 5.072 3 Alemán
  BL Basilea-Campo 1501[4] Liestal 269.145 518 502 86 Alemán
  SH Schaffhausen 1501 Schaffhausen 74.527 298 246 32 Alemán
  AR Appenzell Exterior 1513[5] Herisau[6] 52.654 243 220 20 Alemán
  AI Appenzell Interior 1513[5] Appenzell 15.471 173 87 6 Alemán
  SG Sankt Gallen 1803 Sankt Gallen 465.937 2.026 222 88 Alemán
  GR Grisóns 1803 Coira 188.762 7.105 26 203 Alemán, romanche, italiano
  AG Argovia 1803 Aarau 581.562 1.404 388 229 Alemán
  TG Turgovia 1803 Frauenfeld 238.316 991 229 80 Alemán
  TI Tesino 1803 Bellinzona 328.580 2.812 110 190 Italiano
  VD Vaud 1803 Lausana 672.039 3.212 188 376 Francés
  VS Valais 1815 Sion 298.580 5.224 53 153 Francés, alemán
  NE Neuchâtel 1815 Neuchâtel 169.782 803 206 62 Francés
  GE Xenebra 1815 Xenebra 438.177 282 1.442 45 Francés
  JU Xura 1979[7] Delémont 69.555 838 82 83 Francés
  CH Suíza   Berna 7 593 494 41.285 174 2.715 Alemán, francés, italiano, romanche

Os códigos ou abreviaturas de dúas letras son empregados con moita frecuencia para referirse aos distintos cantóns. Por exemplo, as matrículas dos vehículos, o código ISO 3166-2:CH co prefixo "CH-", (por exemplo: CH-GR para o cantón de Grisóns) ou nas páxinas web oficiais dos cantóns, por exemplo a de Tesino é www.TI.ch.

Evolución histórica editar

Os primeiros tres cantóns da confederación, incorporados en 1291 son os de Uri, Schwyz e Unterwalden (hoxe dividido en dous semi-cantóns: Obwalden e Nidwalden). Máis tarde, entre 1335 e 1353, incorporáronse outros cinco cantóns máis, pasando a ser unha confederación de oito: Lucerna (1335), Zúric (1351), Zug (1352), Glaris (1352) e Berna (1353).

Xa no século XV a confederación pasou paulatinamente a ter trece cantóns, coas incorporacións de Friburgo e Soleura en 1484, Basilea (separado en Basilea-Cidade e Basilea-Campo) e Schaffhausen en 1501, e Appenzell en 1513 (logo separado en Appenzell Interior e Appenzell Exterior).

En 1803 Coa República Helvética sumáronse cinco novos cantóns Sankt Gallen, Argovia, Turgovia, Tesino e Vaud. Finalmente chegando á Suíza actual coa incorporación dos Grisóns, Valais, Neuchâtel e Xenebra en 1815. O último troco foi en 1979, cando o cantón de Xura separouse do de Berna.

Nomes noutras linguas editar

Abr. Galego Alemán Francés Italiano Romanche Latín
AI Appenzell Interior   Appenzell Innerrhoden Appenzell Rhodes-Intérieures Appenzello Interno Appenzell dadensAbbatis Cella exterior
AR Appenzell Exterior  Appenzell Ausserrhoden Appenzell Rhodes-Extérieures Appenzello Esterno Appenzell dadorAbbatis Cella interior
AG Argovia   Aargau Argovie Argovia ArgoviaArgovia
BL Basilea-Campo  Basel-Landschaft Bâle-Campagne Basilea-Campagna Basilea-ChampagnaBasilia Rus
BS Basilea-Cidade  Basel-Stadt Bâle-Ville Basilea-Città Basilea-CitadBasilia Urbs
BE Berna  Bern Berne Berna BernaBerna
FR Friburgo   Freiburg Fribourg Friburgo FriburgFriburgum
GL Glarus   Glarus Glaris Glarona GlarunaGlarona
GR Grisóns  Graubünden Grisons Grigioni GrischunGrisonia
LU Lucerna   Luzern Lucerne Lucerna LucernaLucerna
NE Neuchâtel   Neuenburg Neuchâtel Neuchâtel NeuchâtelNovicastrum
NW Nidwalden   Nidwalden Nidwald Nidvaldo SutsilvaniaSubsilvania inferior
OW Obwalden   Obwalden Obwald Obvaldo SursilvaniaSubsilvania superior
SG Sankt Gallen   St. Gallen Saint-Gall San Gallo Son GaglSanctogallum
SH Schaffhausen  Schaffhausen Schaffhouse Sciaffusa SchaffusaScafusa
SZ Schwyz   Schwyz Schwyz (ou Schwytz) Svitto SvizSuitia
SO Soleura   Solothurn Soleure Soletta SoloturnSolodurum
TI Tesino   Tessin Tessin Ticino TessinTicinum
TG Turgovia  Thurgau Thurgovie Turgovia TurgoviaTurgovia
UR Uri   Uri Uri Uri UriUrania
VS Valais   Wallis Valais Vallese VallaisValesia
VD Vaud   Waadt Vaud Vaud VadPagus Valdensis
GE Xenebra   Genf Genève Ginevra GenevraGenava
JU Xura   Jura Jura Giura GiuraJura
ZG Zug   Zug Zoug Zugo ZugTugium
ZH Zúric  Zürich Zúric Zurigo TuritgTuricum

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Ständige Wohnbevölkerung nach Staatsangehörigkeit, Geschlecht und Kantonen Arquivado 15 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Bundesamt fur Statistik (Departamento Federal de Estatísticas), 31 de decembro de 2007
  2. km²
  3. Habitantes por km², en base ao censo do ano 2.000
  4. 4,0 4,1 Até 1833 Basilea-Campo e Basilea Cidade formaban un mesmo cantón, Basilea.
  5. 5,0 5,1 Até 1597 Appenzell Exterior e Interior formaban un mesmo cantón, Appenzell
  6. Sede do goberno e do parlamento cantonal, a sede da autoridade xudicial é Trogen.
  7. Antes de 1979 formaba parte do cantón de Berna.