Appenzell Interior

O cantón de Appenzell Interior (en alemán: Appenzell Innerrhoden, francés: Appenzell Rhodes-Intérieures, en italiano: Appenzello Interno, en romanche: Appenzell Dadens) é un cantón da confederación Suíza.

Appenzell Interior
Appenzell Innerrhoden
Bandeira de Appenzell Interior
Escudo de Appenzell Interior
BandeiraEscudo
Switzerland Locator Map AI.svg
EstadoSuíza Suíza
CapitalAppenzell
 • Poboación5 771 (2007)
Lingua oficialAlemán
Forma de gobernoSemicantón
Ingreso1513
SuperficiePosto 25º
 • Total173 km²
 • % augan/d
Costas0 km
PoboaciónPosto 26º
 • Total15.471 hab.
 • Densidade89 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.ch
Código ISOCH-AI

É tamén o segundo cantón máis pequeno de Suíza.

Appenzell é a capital deste semicantón. Appenzell Interior está situado no nordés de Suíza. Limita ao norte co cantón de Appenzell Exterior, ao leste co Sankt Gallen. A súa superficie é de 173 km². O pico do Säntis con 2.501,9 msnm é unha das atracións principais do cantón.

HistoriaEditar

En 1513 o cantón de Appenzell foi o décimo terceiro cantón en unirse á Confederación Suíza. En 1597 o cantón dividiuse en dous semicantóns, debido ás desavinzas relixiosas: o semicantón de Appenzell Interior (católico) e o de Appenzell Exterior (protestante).

A constitución foi introducida en 1872.

EconomíaEditar

As principais actividades agrícolas do cantón son o pastoreo e a gandaría. Teñen certa relevancia os servizos finanzeiros, o turismo e a industria do metal.

Ingresos (en millóns de CHF): 646 fr

PolíticaEditar

Os cidadáns do cantón reúnense todos nunha das prazas de Appenzell, o último domingo do mes de abril, para a Landgemeinde (asemblea xeral). Alí as persoas naturais (suízos) votan para elixir os seus representantes ao parlamento cantonal. O cantón de Appenzell Interior foi o último cantón en introducir o voto feminino no 1992. Só logo dunha decisión federal, o cantón viuse obrigado a introducir o voto das mulleres.

 
O cumio do Säntis no sur do cantón.

MunicipiosEditar

O cantón está dividido en distritos no canto de municipios, o que quere dicir que os distritos equivalen ás comunas dos demais cantóns suízos. O seis distritos son: