Cantón de Schaffhausen
O cantón de Schaffhausen, oficialmente en alemán Kanton Schaffhausen (en alemán suízo: Kanton Schafuuse, en francés: Canton de Schaffhouse, en italiano: Canton Sciaffusa, en romanche: Chantun Schaffusa), é o cantón máis setentrional de Suíza e atópase case na súa totalidade ao norte do río Rin. Malia que o seu único idioma oficial sexa o alemán, a lingua coloquial é o dialecto alemánico do alemán suízo oriental, o chamado Schaffhauserdeutsch. O cantón recibe o nome da súa capital e vila máis poboada, Schaffhausen.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Schaffhausen | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 81.991 (2018) (274,75 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 298,42 km² | ||||
Altitude | 392 m | ||||
Punto máis alto | Hagen (en) (912 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Rin (344 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1501 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Cantonal Council of Schaffhausen (en) , (Escano: 60) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-SH | ||||
Código NUTS | CH052 | ||||
Páxina web | sh.ch |
Xeografía
editarSituado ao norte da Confederación Suíza, bordeando Alemaña e apenas enteiramente á beira dereita do Rin, o cantón componse de tres partes: a central, onde se atopa a capital cantonal, Schaffhausen, e que posúe no interior das súas fronteiras o enclave alemán de Büsingen am Hochrhein, a oriental, que contén as comunas de Stein am Rhein e Ramsen e a occidental, formada polas comunas de Buchberg e Rüdlingen. Linda cos cantóns de Zürich e de Turgovia.
O cantón de Schaffhausen culmina no Hagen, unha montaña da cordilleira de Randen, a 912 metros de altitude.[1] O punto máis baixo atópase ás beiras do Rin, en Buchberg, con 344 metros de altitude. Abrangue un territorio de 298,42 km2, o que o converte no sétimo cantón máis pequeno de Suíza.
Notas
editar- ↑ "Puntos culminantes dos cantóns suízos.". Office fédéral de la statistique. Consultado o 7 de decembro de 2021.