O alemánico é unha lingua, moi dialectalizada, que fai parte do grupo do alemán superior, e que se fala no sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia. A poboación que o usa a diario calcúlase nuns 10 millóns. Pertence, xunto ao bávaro e ao suabo, á rama denominada alemán superior da familia das linguas xermánicas. Comprende as seguintes variedades, que poden chegar a ser intelixibles entre elas:

Alemánico
'Alemannisch'
Pronuncia:AFI: alɛˈman(ː)ɪʃ
Falado en: sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia
Total de falantes: 10 millóns aprox.
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Alemán
    Alemán superior
     Alemánico
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gsw
ISO 639-3: varios:
gct — [[]]
gsw — Alemán suízo
swg — Suabo
wae — Alemá walser
Mapa

O azul sinala a zona de distribución tradicional dos dialectos do alto alemán occidental (alemánico).
Status

O alemánico está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Bärndütsch Pronuncia AFI bærndytʃ
Züritüütsch Pronuncia AFI tsyɾityːtʃ
  • Alemánico superior, no cantón de Valais (en alemán Wallis) e a súa diáspora alpina, ao sur do cantón de Berna e na parte alemá de Friburgo (Suíza) por exemplo:
    • Alemánico superior de Berna.
    • Walliser, referido a Wallis e
      • Walser, referido á diáspora.
Área de influencia do alemánico

Cando se fala dos dialectos alemánicos de Suíza adóitase empregar a denominación de suízo alemán ou Schweizerdeutsch.

Os alamáns eran as tribos xermanas das cales evolucionou o seu dialecto ao actual alemánico, do nome destas tribos collemos o nome para nomear a Alemaña e aos alemáns en galego e castelán entre outros. Os suevos que invadiron a Gallaecia hispanorromana son descendentes destas xentes. Véxase sobre todo que na parte norte fálase o suabo (no mapa a zona vermella arriba de todo).

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar