Lingua suaba
A lingua suaba[1] fálase no centro e leste de Baden-Württemberg e parte occidental de Baviera, área denominada Suabia. Clasifícase como parte do conxunto alemánico xunto coas linguas de Suíza, Baden-Württemberg, Alsacia e Lorena entre outros.
Suabo Schwäbisch | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ʃvæ'bɪʃ] | |
Falado en: | Baden-Württemberg e Baviera, no sur de Alemaña | |
Total de falantes: | ? | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Alemán Alemán superior Alemánico Suabo | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | gsw | |
ISO 639-3: | swg
| |
Mapa | ||
Status | ||
Os dialectos do suabo (falados no mapa na zona verde n°3) posúen notables diferenzas entre si. Especialmente característica é a diferenza entre as formas do participio perfecto de "ser" (en alemán gewesen): gwä e gsai (= foi en galego). O grupo "gsi" atópase máis próximo ao alemánico de Suíza, oeste de Austria e norte de Italia (no mapa a zona vermella n° 6), polo que se podería dicir que é cambiante de norte a sur.
Características
editarCaracterísticas notables do suabo son entre outras:
- as vogais modificadas ö e ü do alemán que tamén poden ser escritas oe e ue son pronunciadas como e e i en suabo. (A pronuncia de ö e ü é ás veces restituída por mor da influencia do alemán).
- a ditongación das vogais longas î e û do alto alemán medio foi realizado (ao contrario doutros dialectos alemánicos). Con todo, os ditongos creados /ei/ e /ou/ non se funden cos antigos ditongos /oe/ e /ao/, senón que se distinguen claramente. É dicir, no suabo existen pares mínimos como "weis" / "woes" e "d toube" / "dr taobe", que en alemán pronúncianse de forma idéntica (weiß (branco)/weiß (sabe), die Taube (a pomba)/der Taube (o xordo))
- a pronuncia de "en" como vocal â, que se atopa entre [a] e [ə] segundo a zona
- a terminación "-âd" de todos os plurais de verbos en presente (verbo facer: mir machâd (galego; nós facemos), ihr machâd (vós facedes), se machâd (eles fan). Estas palabras tamén son así no baixo alemánico.
- a pronuncia de "st" e "sp" como "scht" ([ʃt]) e "schp" ([ʃp]) (por exemplo Fest (festa), pronúnciase Fescht) ou como "schb" ([ʃb]) e "schd" ([ʃd]) a comezo de palabra (por exemplo Stein (pedra) como Schdoe(n)). Para simplificar, a sch do suabo equivale á x galega, por exemplo, en galego xa é "scho" en suabo (naturalmente pronunciado coma se o escribísemos en galego xo).
- as consoantes xordas do alemán pronúncianse sonoras se se atopan a metade de palabra (por exemplo schicken en alemán (enviar) é como schiggâ en suabo).
- os diminutivos en "-le" (pronunciados de forma moi curta, por exemplo Haus (casa), Heisle) ou en "-lâ" en plural (por exemplo Spätzlâ, un tipo de pasta típico da rexión)
- o uso do perfecto como substituto do imperfecto e do perfecto dobre (i hân gmacht ghet) en lugar do pluscuamperfecto
- uso xeneralizado da "s" xorda en lugares nos que hai "s" sonora en alemán.
Usos diferenciados do vocabulario
editarExiste un vocabulario propio bastante amplo, pero destacan algunhas palabras que poden producir confusión no seu uso en alemán e o suabo:
- partes do corpo: Fuß (pé) refírese a toda a perna ata a canela; Rücken (costas) inclúe o cu.
- animais: a mosca chámase Mugg, fíxense que as dúas gg do suabo sonse como as dous cc en italiano e como a "q" en galego, para recordar despois que as moscas sempre están encima e na contorna das vacas, en italiano á vaca tamén se lle chama mucca, (alemán Stubenfliege); un mosquito Schnôk (alemán Stechmücke; a palabra do alemán emparentada Schnake (despois no inglés usouse snake para a serpe) emprégase para nomear as típulas);
- verbos de movemento:
- gângâ (alemán gehen andar; véxase que "gegangen" é andou ou foi en galego, segundo a frase que se aplique) emprégase para indicar o cambio de lugar, "irse" - o "andarse", como un tipo de movemento, dise laufen, que no alemán significa correr; correr dise springen, que no alemán significa saltar; saltar dise hopfâ/hopsâ (no alemán hüpfen) ou juckâ (no alemán jucken significa picar ou aformigar); picar ou aformigar dise beißâ (no alemán beißen significa morder); correr rápido dise sauâ, cuxo imperativo sau tamén significa porco (no alemán sau é porca o mesmo animal en feminino, o masculino en alemán é Schwein).
- aguantar (coller e aguantar) dise heben (hebâ) que no alemán significa erguer; erguer dise lupfen (lupfâ)
- nós dise mir, que no alemán significa "a min". Un exemplo é Mir kennât älles, außer Hochdeitsch (Nós podemos todo, agás falar alemán), como dicindo; "falamos o alemán pero é contra a nosa natureza, non queremos", lema do goberno rexional de Baden-Württemberg.
Hochdeutsch equivale a alemán. Para despexar dúbidas, en alemán kennen é coñecer, können é poder, ou sexa, ter capacidade de facer. Véxase que na pancarta o lema está escrito en alemán, non en suabo.
Dialectos
editarOs dialectos divídense en dous segundo as formas do participio perfecto de "ser", sido:
- Grupo gwä
- Baixo suabo no val medio do río Neckar e as rexións lindeiras.
- Alto suabo en Württemberg ao sur do Danubio e na rexión administrativa de Suabia en Baviera (zona de transición ao grupo gsi, aínda que aquí como gsei, "tede en conta que a ei leeríase en galego como ai").
- Suabo oriental na rexión oriental de Wurtemberg e na comarca bávara de Danubio-Ries (aproximadamente entre Ulm, Donauwörth, Ellwangen (Jagst) e Schwäbisch Gmünd); pódese considerar como baixo suabo de transición ao alto suabo.
- Suabo do Ries, é un dialecto con claras resonancias do baixo suabo, pero que se diferenza de forma clara: así, dise do dranna e non do hanna para dicir alí.
- Grupo gsi
Individualización local
editarLingüistas expertos poden rastrexar a procedencia dunha persoa da cordilleira de Schwäbische Alb grazas ao seu dialecto cunha sorprendente exactitude. Para iso é importante a pronuncia da palabra "non" (alemán nicht) como "nedd", "nedda", "edd", "edda", "nitt", "idd", "idda", "itt" ou "itta". Desgraciadamente estas diferenzas están desaparecendo nas xeracións máis novas. A diferenza destes dialectos tamén se mostran en que un falante de Stuttgart apenas entende a alguén proveniente da Schwäbische Alb se este acelérase un pouco. O suabo da cordilleira, o Albschwäbisch caracterízase por unha entonación ou cantilena propia.
Tamén é interesante a diferenciación do suabo falado segundo a relixión do falante. Nos lugares predominantemente protestantes (luteranos) a pronuncia dalgunhas palabras é distinta que en lugares católicos. Thaddäus Troll achacábao ao estilo das prédicas dos diferentes sacerdotes e predicadores. Exemplos:
católico | protestante | tradución |
---|---|---|
Lehrer | Lährer | profesor |
Seele | Sähle | alma |
Ehre | Ähre | honra |
Vaddr | Vahder | pai |
Literatura en suabo
editar- Sebastian Sailer (1714-1777)
- August Lämmle (1876-1962)
- Sebastian Blau (1901-1986)
- Oscar Heiler (1906-1995)
- Sissi Kicherer
- Willy Reichert (1896-1973)
- Peter Schlack (*1943)
- Thaddäus Troll (1914-1980)
Notas
editar- ↑ Definición de suabo, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua suaba |
Ligazóns externas
editar- alt.aeffle.und.pferdle - novidades suabas
- Schwobifying Proxy da universidade de Heidelberg, traduce páxinas web ao suabo; de momento só se poden traducir pequenos textos.