Baixo alemánico
O baixo alemánico é un idioma clasificado por Karl Bohnenberger no 1924 en dous subgrupos, o baixo alemánico do lago Constanza e o baixo alemánico do Rin superior. As súas variedades só son parcialmente intelixíbeis cos falantes non alemánicos.
Baixo alemánico Niideralemannisch | ||
---|---|---|
Pronuncia: | AFI: Niːderalɛˈman(ː)ɪʃ | |
Falado en: | sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein e no oeste de Austria | |
Total de falantes: | ? | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Alemán Alemán superior Alemánico Baixo alemánico | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | gsw | |
ISO 639-3: | ambos:gct — Badense (coloneiro)gsw — Baixo alemánico
| |
Mapa | ||
Status | ||
Subdivisións
editar- Baixo alemánico do lago Constanza
- Norte de Vorarlberg
- Dialecto de Allgäu
- Dialecto de Baar
- Sur de Württemberg
- Baixo alemánico do Rin superior
- Dialecto de Basilea
- Dialectos de Baden ao norte de Markgräflerland
- Alsaciano, falado en Alsacia e por algúns amish en Indiana
- Dialectos de baixo alemánico da Selva Negra[1]
- Dialecto de Colonia Tovar, en Venezuela
- Colonia Tovar dialect, Venezuela
Dispersión
editarOs dialectos baixo alemánicos fálanse principalmente nas zonas ao norte da isoglosa k/ch AFI [k] e [kx] en vez do fricativo [x] en alto alemánico.
Outro xeito que pode ser usado para establecer a isoglosa (k/ch) e separar o baixo do alto alemánico é a diferenza de ii/üü AFI [iː]/[yː], por exemplo a palabra casas Hiiser/Hüüser, tamén ratos Miis/Müüs e piollos Liis/Lüüs, pero esta isoglosa ii/üü tamén chamada barreira-Sundgau-lago Constanza é unha liña problemática porque ten excepcións, por exemplo en Sundgau (alto alemánico) dise ao lume Fiir en vez de Füür, en Vorarlberg (baixo alemánico) dise Füür como en alto alemánico, isto, para que se entenda, ii é normal en baixo alemánico e üü normal en alto alemánico.
Ao norte da isoglosa atópanse en Francia, Alsacia (menos o sueste do Sundgau que pertence ao alto alemánico), en Alemaña Ortenau, Baar, a maoiría do Brisgau, o territorio posterior ao lago Constanza, Constanza, Algoia, en Austria a maior parte de Vorarlberg, e case todo Liechtenstein, en todos estes sitios chámaselle Kind ao neno ou nena agás de Chind.
En Suíza o dialecto de Basilea é unha illa baixo alemánica nun ámbito alto alemánico. Fálase tamén baixo alemánico nuns anaquiños ao nordés de Sankt Gallen e Appenzell, tamén nuns 4 concellos no cantón Grisóns, entre os que se atopa a capital (Coira).
En Venezuela fálase en Colonia Tovar (con mesturas do castelán) unha variante do dialecto de Baden de Kaiserstuhl.
Fonoloxía
editar(Todo o recollido nas táboas inferiores é específico para os dialectos falados preto de Friburgo).
Vogais:
Curtas | Longas | ||
---|---|---|---|
Ortografía | Pronuncia | Ortografía | Pronuncia |
a | [a] | aa | [aː] |
ä | [æ] | ää | [æː] |
è | [ɛ] | èè | [ɛː] |
e | [e, ə] | ee | [eː] |
i | [ɪ] | ii | [iː] |
o | [o] | oo | [oː] |
ù | [ʊ] | ùù | [ʊː] |
u | [y] | uu | [yː] |
y | [i, y] | yy | [uː] |
Consoantes: Son como as do alemán estándar agás polas seguintes aclaracións:
- kh é aspirado e pronúnciase [kʰ]
- ng é velar nasal e pronúnciase [ŋ]
- ngg é velar nasal seguido dun son velar implosivo e pronúnciase [ŋɡ]
- ph é aspirado e pronúnciase [pʰ]
- th é aspirado e pronúnciase [tʰ]
- z representa o son [dz], en oposición do estándar alemán que é [ts]
Aspectos gramaticais
editarPronomes
editarPronomes persoais
Galego | Alemán estándar | Baixo alemánico - Nominativo | Baixo alemánico - Dativo | Baixo alemánico - Acusativo |
---|---|---|---|---|
eu | ich | ich, ii, i | miir, mir, mer | mii, mi |
ti | du | duu, du, de | diir, dir, der | dii, di |
el | er | äär, är, er | iim, im, em | iin, in, en, e |
ela | sie | sii, si | iire, ire, ere | sii, si |
pronome neutro de 3ª persoa singular |
es | ääs, äs, es, s | iim, im, em | ääs, äs, es, s |
nós | wir | miir, mir, mer | ùns, is | ùns, is |
vós | ihr | iir, ir, er | èich, ich | èich, ich |
eles/elas | sie | sii, si | iine, ine, ene | sii, si |
Artigos
editarArtigo determinado
Caso | Masculino | Feminino | Neutro |
---|---|---|---|
Nom/Acu Sg | der Man | d Frau | s Kind |
Dat Sg | im Man | (in) der Frau | im Kind |
Nom/Acu Pl | d Mane | d Fraue | d Kinder |
Dat Pl | (in) der Mane | (in) der Fraue | (in) der Kinder |
Artigo indeterminado
Caso | Masculino | Feminino | Neutro |
---|---|---|---|
Nom/Acc Sg | e Man | e Frau | e Kind |
Dat Sg | im e Man | in ere Frau | im e Kind |
Números
editarCardinal | Ordinal | Multiplicativo I | Multiplicativo II | |
---|---|---|---|---|
1 | ais | èèrschd | aifach | aimool |
2 | zwai | zwaid | zwaifach | zwaimool |
3 | drèi | drid | drèifach | drèimool |
4 | vier | vierd | vierfach | viermool |
5 | fimf | fimfd | fimffach | fimfmool |
6 | segs | segsd | segsfach | segsmool |
7 | siibe | sibd | siibefach | siibemool |
8 | aachd | aachd | aachdfach | aachdmool |
9 | nyyn | nyynd | nyynfach | nyynmool |
10 | zee | zeend | zeefach | zeemool |
11 | elf | elfd | elffach | elfmool |
12 | zwelf | zwelfd | zwelffach | zwelfmool |
13 | dryzee | dryzeend | dryzeefach | dryzeemool |
14 | vierzee | vierzeend | vierzeefach | vierzeemool |
15 | fùfzee | fùfzeend | fùfzeefach | fùfzeemool |
16 | sächzee | sächzeend | sächzeefach | sächzeemool |
17 | sibzee | sibzeend | sibzeefach | sibzeemool |
18 | aachdzee | aachdzeend | aachdzeefach | aachdzeemool |
19 | nyynzee | nyynzeend | nyynzeefach | nyynzeemool |
20 | zwanzg | zwanzigschd | zwanzgfach | zwanzgmool |
21 | ainezwanzg | ainezwanzigschd | ainezwanzgfach | ainezwanzgmool |
Notas
editar- ↑ Noble, Cecil A. M. (1983). Modern German dialects New York [u.a.], Lang, p. 67/68
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Baixo alemánico |
Ligazóns externas
editar- Alemannische Sprache Arquivado 01 de abril de 2016 en Wayback Machine.