Alto alemánico
O alto alemánico é un grupo de dialectos do alemánico que se fala nun territorio que abarca partes de Suíza, Liechtenstein, algo do sur de Baden en Alemaña, a parte francesa do sur de Alsacia en Sundgau e tamén algunhas rexións de Vorarlberg en Austria. Unha característica significativa para diferencialo do baixo alemánico é a pronuncia de <k> (/k/) a <ch> (/χ/), exemplos son Kind (neno) e Kopf (cabeza), que chegan a ser Chind e Chopf.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Brunig-Napf-Reuss-Linie.png/300px-Brunig-Napf-Reuss-Linie.png)