Gran Premio dos Países Baixos de 1977

O Gran Premio dos Países Baixos de 1977 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 28 de agosto de 1977 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1977. Foi o 26º Gran Premio dos Países Baixos.

Países Baixos Gran Premio de Países Baixos de 1977
Detalles da carreira
Carreira 13 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977.
Trazado do circuíto de Zandvoort
Trazado do circuíto de Zandvoort
Data 28 de agosto de 1977
Nome oficial XXVI Grote Prijs van Nederland
Localización Circuíto Zandvoort
Zandvoort, Países Baixos
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´226 km
Distancia 75 voltas, 316´950 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Mario Andretti Lotus-Ford
Tempo 1:18.65
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:19.99 na volta 72
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda Ferrari
Segundo Francia Jacques Laffite Ligier-Matra
Terceiro Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford

Resumo da carreira editar

Na cualificación, Mario Andretti logrou a súa quinta pole da tempada por diante de Jacques Laffite, e James Hunt terceiro. Ao principio, Hunt pasou a ambos para liderar a carreira, pero antes do final da primeira volta, Andretti intentou adiantalo, pero a agresiva defensa da Hunt obrigoulle a levantar o pé, e Laffite aproveitou para conseguir o segundo posto. Cinco voltas máis tarde, Andretti conseguiu volver pasar a Laffite e atacou a Hunt de novo, quen volveu defenderse agresivamente pero esta vez Andretti non levantou o pé e chocou. Hunt saíuse da pista, mentres que Andretti trompeou e incorporouse no cuarto lugar.

Isto deixou a Laffite liderando por diante dos Ferraris de Niki Lauda e Carlos Reutemann. Este último tiña unha forte batalla con Andretti para terceira praza, intercambiando lugares en repetidas ocasións, ata que o motor do piloto do Lotus estalou. Pouco despois, Lauda pasou Laffite para tomar o liderado, e distanciouse o suficiente para gañar comodamente. Laffite terminou segundo. Logo da retirada de Andretti, Reutemann quedou terceiro ata que o segundo Lotus de Gunnar Nilsson atacouno, os dous chocaron Nilsson quedou fora e Reutemann reincorporouse na parte posterior da carreira. Isto deixou a Patrick Tambay no Ensign terceiro, pero quedou sen combustible na última volta, deixándolle así o terceiro lugar para Scheckter.

Isto significou que Lauda logrou unha vantaxe de 21 puntos sobre Scheckter a falta de catro carreiras para rematar o campionato.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11   Niki Lauda Ferrari 75 1:41:45.93 4 9
2 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 75 +1.89 segs 2 6
3 20   Jody Scheckter Wolf-Ford 74 + 1 volta 15 4
4 28   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 74 + 1 volta 17 3
5 23   Patrick Tambay Ensign-Ford 73 Sen combustible 12 2
6 12   Carlos Reutemann Ferrari 73 + 2 voltas 6 1
7 8   Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 73 + 2 voltas 19
8 35   Hans Binder Penske-Ford 73 + 2 voltas 18
9 30   Brett Lunger McLaren-Ford 73 + 2 voltas 20
10 10   Ian Scheckter March-Ford 73 + 2 voltas 25
11 9   Alex Ribeiro March-Ford 72 + 3 voltas 24
12 19   Vittorio Brambilla Surtees-Ford 67 Accidente 22
13 16   Riccardo Patrese Shadow-Ford 67 Motor 16
DSC 38   Brian Henton Boro-Ford 52 Descualificado 23
Ret 15   Jean-Pierre Jabouille Renault 39 Suspensión 10
Ret 6   Gunnar Nilsson Lotus-Ford 34 Accidente 5
Ret 17   Alan Jones Shadow-Ford 32 Motor 13
Ret 4   Patrick Depailler Tyrrell-Ford 31 Motor 11
Ret 3   Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 18 Encendido 7
Ret 22   Clay Regazzoni Ensign-Ford 17 Acelerador 9
Ret 5   Mario Andretti Lotus-Ford 14 Motor 1
Ret 24   Rupert Keegan Hesketh-Ford 8 Accidente 26
Ret 1   James Hunt McLaren-Ford 5 Colisión 3
Ret 34   Jean-Pierre Jarier Penske-Ford 4 Encendido 21
Ret 7   John Watson Brabham-Alfa Romeo 2 Fuga aceite 8
Ret 2   Jochen Mass McLaren-Ford 0 Accidente 14
NSC 27   Patrick Nève March-Ford
NSC 37   Arturo Merzario March-Ford
NSC 18   Vern Schuppan Surtees-Ford
NSC 39   Ian Ashley Hesketh-Ford
NSC 33   Boy Hayje March-Ford
NSC 25   Héctor Rebaque Hesketh-Ford
NSC 29   Teddy Pilette BRM
NSC 32   Michael Bleekemolen March-Ford

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1977
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1977
Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1976
Gran Premio dos Países Baixos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1978
  • Brian Henton foi descualificado despois de ser empuxado para arrincar logo de trampear.[1]

Notas editar

  1. "Dutch GP, 1977 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on". Grandprix.com. Consultado o 2012-06-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar