Gran Premio de Bélxica de 1994


O Gran Premio de Bélxica de 1994 foi unha carreira de coches de Fórmula Un disputada o 28 de agosto de 1994, no Circuíto de Spa-Francorchamps. A carreira, disputada sobre 44 voltas no circuíto de sete quilómetros para unha carreira de distancia de 308 quilómetros, foi a décimo primeira rolda da tempada de 1994, o 52º Gran Premio de Bélxica, o 40ª que se celebrou en Spa-Francorchamps. A carreira gañouna o piloto de Williams Damon Hill logo de comezar desde a terceira posición. Mika Häkkinen terminou segundo para o equipo McLaren e o piloto de Benetton Jos Verstappen quedou en terceiro lugar.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1994
Detalles da carreira
Carreira 11 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data 28 de agosto 1994
Nome oficial LII Gran Premio de Bélxica
Localización Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
7´001 km
Distancia 44 voltas, 308´044 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Rubens Barrichello Jordan-Hart
Tempo 2:21.163
Volta rápida
Piloto Damon Hill Williams-Renault
Tempo 1:57.117 na volta 41 (volta rápida)
Podio
Primeiro Damon Hill Williams-Renault
Segundo Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Peugeot
Terceiro Países Baixos Jos Verstappen Benetton-Ford

Antecedentes editar

Philippe Alliot substituíu a Olivier Beretta en Larrousse. Sería a última aparición de Alliot nunha carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un. Zanardi foi substituído no equipo Lotus nesta carreira por Philippe Adams. Alliot correra para McLaren na anterior carreira en Hungría cando Mika Häkkinen foi suspendido. Häkkinen regresou ao asento de McLaren para esta carreira.

Tralas mortes de Roland Ratzenberger e Ayrton Senna en Imola a principios da tempada, instalouse unha chicana de pneumáticos en Eau Rouge para frear os coches.

Cualificación editar

Na primeira sesión de cualificación do venres as condicións foron difíciles xa que a pista estaba secando pero aínda mollada. Barrichello tomou a primeira posición nas voltas finais. Schumacher foi segundo por diante de Hill, Irvine no segundo Jordan, Alesi no Ferrari e Verstappen no Benetton completaron os seis primeiros. O sábado, a pista estaba mollada e ninguén logrou mellorar o seu tempo, agás Fittipaldi. Rubens Barrichello obtivo así a primeira pole position da súa carreira, que tamén foi a primeira para o equipo Jordan.

Tamén foi a primeira posición dun auto impulsado cun motor Hart desde que Teo Fabi lograra a pole no Gran Premio de Alemaña de 1985 usando o motor de 1.5L de 4 cil. Hart 415T turbo, unha espera de 9 anos e 24 días para a compañía de Brian Hart. Tamén foi a última pole na F1 de Hart, xa que a compañía retirouse da F1 logo de 1997.

Carreira editar

Ao principio Barrichello logrou manter o liderado diante de Schumacher, Alesi que gañou 2 posicións, e a continuación Hill, Verstappen e Coulthard. Durante a primeira volta, Schumacher logrou pasar a Barrichello en Le Combes e tomou o liderado e Coulthard superou a Verstappen. Antes do final da volta Alesi tamén adiantou a Barrichello e colocouse segundo. Con todo, o motor do seu Ferrari fallou ao final da 2ª volta e o francés quedou fóra da carreira.

Heinz-Harald Frentzen trompeou na nova chicana mentres intentaba pasar a Barrichello, o Jordan loitaba por manterse na posición entre os coches claramente máis rápidos que pasaban.

Na 12ª volta, Hill fixo a súa primeira parada en boxes seguido de Coulthard unha volta máis tarde. A orde era entón Schumacher, Barrichello, Coulthard e Hill. Na volta 19, Schumacher fixo un trompo pero mantivo a vantaxe. Barrichello saíuse da pista e retirouse. Na volta 37 Coulthard deixou a Hill no segundo lugar. Coulthard tivo que facer unha parada adicional para revisar a á do auto. Logo de regresar á pista, tivo problemas coa caixa de cambios e golpeou a Blundell por detrás, o que provocou que o piloto de Tyrrell trompeara. Michael Schumacher cruzou a liña de meta en primeiro lugar, por diante de Hill, Häkkinen, Verstappen, Coulthard e Blundell. Logo da carreira, o alemán foi desposuído da súa vitoria debido ao desgaste excesivo no patín do seu Benetton (a táboa de madeira obrigatoria presentada en Alemaña)[1] Esta indicaba que a altura do automóbil era demasiado baixa, e polo tanto, unha vantaxe aerodinámica ilegal. A reclamación do equipo Benetton de que Schumacher fixera unha volta completa sobre os bordos na volta 19 foi rexeitado polos comisarios debido ao patrón de desgaste. Damon Hill logrou polo tanto a vitoria.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 Diferenza
1 14   Rubens Barrichello Jordan-Hart 2:21.163 sen tempo
2 5   Michael Schumacher Benetton-Ford 2:21.494 2:25.501 +0.331
3 0   Damon Hill Williams-Renault 2:21.681 2:25.570 +0.518
4 15   Eddie Irvine Jordan-Hart 2:22.074 no time +0.911
5 27   Jean Alesi Ferrari 2:22.202 2:25.099 +1.039
6 6   Jos Verstappen Benetton-Ford 2:22.218 2:28.576 +1.055
7 2   David Coulthard Williams-Renault 2:22.359 2:27.180 +1.196
8 7   Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 2:22.441 2:28.997 +1.278
9 30   Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 2:22.634 2:28.026 +1.471
10 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 2:23.326 2:30.896 +2.163
11 28   Gerhard Berger Ferrari 2:23.895 2:29.391 +2.732
12 4   Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 2:24.048 2:28.164 +2.885
13 8   Martin Brundle McLaren-Peugeot 2:24.117 2:28.428 +2.954
14 10   Gianni Morbidelli Footwork-Ford 2:25.114 2:31.403 +3.951
15 29   Andrea de Cesaris Sauber-Mercedes 2:25.695 2:30.475 +4.532
16 25   Éric Bernard Ligier-Renault 2:26.044 2:31.025 +4.881
17 26   Olivier Panis Ligier-Renault 2:26.079 2:31.501 +4.916
18 24   Michele Alboreto Minardi-Ford 2:26.738 2:32.286 +5.575
19 19   Philippe Alliot Larrousse-Ford 2:26.901 2:31.350 +5.738
20 12   Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 2:27.155 2:32.610 +5.992
21 31   David Brabham Simtek-Ford 2:27.212 2:41.593 +6.049
22 20   Érik Comas Larrousse-Ford 2:28.156 2:30.524 +6.993
23 3   Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 2:28.979 2:29.925 +7.816
24 9   Christian Fittipaldi Footwork-Ford 16:56.162 2:30.931 +9.768
25 32   Jean-Marc Gounon Simtek-Ford 2:31.755 2:40.280 +10.592
26 11   Philippe Adams Lotus-Mugen-Honda 2:33.885 2:34.733 +12.722
27 34   Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 2:34.582 2:34.951 +13.419
28 33   Paul Belmondo Pacific-Ilmor 2:35.729 Sen tempo +14.566
Fonte:[2][3]

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 0   Damon Hill Williams-Renault 44 1:28:47.170 3 10
2 7   Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 44 +51.381 8 6
3 6   Jos Verstappen Benetton-Ford 44 +1:10.453 6 4
4 2   David Coulthard Williams-Renault 44 +1:45.787 7 3
5 4   Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 43 +1 volta 12 2
6 10   Gianni Morbidelli Footwork-Ford 43 +1 volta 14 1
7 26   Olivier Panis Ligier-Renault 43 +1 volta 17
8 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 43 +1 volta 10
9 24   Michele Alboreto Minardi-Ford 43 +1 volta 18
10 25   Éric Bernard Ligier-Renault 42 +2 voltas 16
11 32   Jean-Marc Gounon Simtek-Ford 42 +2 voltas 25
12 12   Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 41 +3 voltas 20
13 15   Eddie Irvine Jordan-Hart 40 Alternador 4
DSC 5   Michael Schumacher Benetton-Ford 44 Taboa desgastada 2
Ret 9   Christian Fittipaldi Footwork-Ford 33 Motor 24
Ret 31   David Brabham Simtek-Ford 29 roda 21
Ret 29   Andrea de Cesaris Sauber-Mercedes 27 Acelerador 15
Ret 8   Martin Brundle McLaren-Peugeot 24 Trompo 13
Ret 14   Rubens Barrichello Jordan-Hart 19 Trompo 1
Ret 3   Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 18 Motor 23
Ret 11   Philippe Adams Lotus-Mugen-Honda 15 Trompo 26
Ret 28   Gerhard Berger Ferrari 11 Motor 11
Ret 19   Philippe Alliot Larrousse-Ford 11 Motor 19
Ret 30   Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 10 Palier 9
Ret 20   Érik Comas Larrousse-Ford 3 Motor 22
Ret 27   Jean Alesi Ferrari 2 Motor 5
NSC 34   Bertrand Gachot Pacific-Ilmor
NSC 33   Paul Belmondo Pacific-Ilmor
Fonte:[4]

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en negra indica que aínda ten unha posibilidade teórica de converterse en campión do mundo.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "GP Encyclopedia" : Belgian GP 1994" GrandPrix.com. Retrieved 7 de xuño de 2008
  2. "Belgian GP Friday Qualifying". motorsport.com. Consultado o 2 de xullo de 2011. 
  3. "Belgian GP Saturday Qualifying". motorsport.com. Consultado o 2 de xullo de 2011. 
  4. "1994 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 6 d novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1994
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1994
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1994
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1993
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1995