Espazos protexidos de Galiza

Os espazos protexidos de Galiza, ou a rede galega de espazos protexidos, son o conxunto de áreas protexidas pola lexislación vixente no territorio galego. O conxunto de espazos está catalogado baixo figuras estatais, autonómicas, da comunidade europea ou recoñecidas por figuras internacionais. En 2020 os diferentes espazos naturais amparaban un 12% da superficie do territorio terrestre e mariño, que van desde as fragas e serras interiores, lagoas, ríos, esteiros e rías ou augas abertas.[1]

A norma galega está definida na "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza".[2]

Lexislación

editar

Galiza ten, por orde do artigo 149.1.23ª da constitución española, potestade para aplicar a política de protección do seu territorio. Iso queda reflectido a través do Artigo 27.30 do estatuto galego.[3] Eses puntos establecen que o goberno galego ten a potestade para declarar e rexer a protección de áreas de interese do seu territorio, sempre dentro do marco lexislativo estatal.

En 2020 a lei que regula os espazos protexidos galegos é a "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza", e a cal traslada o novo marco lexislativo establecido pola lei estatal Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.[4]

Clasificación

editar

A lexislación galega define as seguintes categorías de espazos protexidos[5]

Categoría
Reserva natural
Parques: Parque nacional e Parque natural
Monumento natural
Zona húmida protexida
Paisaxe protexida
Espazo protexido Rede Natura 2000
Espazo natural de interese local
Espazo privado de interese natural

Iso supón trasladar todas as figuras da lexislación estatal, integrar a Rede Natura 2000 dentro da normativa autonómica, e engadir os espazos naturais de interese local e espazos privados de interese natural á lista.

A maiores dos considerados pola lexislación autonómica, cómpre subliñar que a lei estatal suma á lista a categoría de Áreas Mariñas Protexidas.[6]

Ademais das figuras concibidas dentro da lexislación estatal, existen convenios internacionais de protección de dinamización de áreas con interese de conservación. Os tratados que foron asinados polo estado español en convencións internacionais e que afectan ao territorio galego son os seguintes[7]

Tratados e Convenios
Convenión Ramsar das Zonas húmidas de importancia internacional
Lista do Patrimonio da Humanidade
Áreas Mariñas protexidas pola Convenión OSPAR
Xeoparques da UNESCO
Reservas da Biosfera da UNESCO
Rede Europea de Reserva Bioxenética

Destas, as Zonas húmidas de importancia internacional, os Xeoparques e as Reservas da Biosfera foron integradas ao completo dentro da lei galega do Lei 5/2019, do 2 de agosto.[8]

Con isto, as categorías baixo as cales se declaran os espazos naturais protexidos galegos, a súa equivalencia dentro do sistema UICN e o seu número son:

Clase Subclase Categoría da UICN Número
Reserva Natural Ia/Ib 0
Parques Nacionais e Naturais II 7 (1+6)
Monumentos Naturais III 8
Paisaxes Protexidas V 2
Zonas húmidas protexidas V
5
Rede Natura 2000 Zonas de especial protección para as aves V* 16
Zonas Especiais de Conservación V* 59
Lugares de Importancia Comunitaria V* 21
Espazos naturais de interese local VI 8
Espazos privados de interese natural VI 1
Reserva da Biosfera IX 6

Lista da rede galega de espazos protexidos

editar

Reservas naturais

editar

A data de 2020 non existía ningún espazo declarado dentro desta categoría.

Parques

editar

Os parques, estatais e naturais, declarados no territorio galego son:

Nome Figura Area (ha.)
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Parque Nacional 8,332.8
Baixa Limia - Serra do Xurés Parque Natural 29,345
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Parque Natural 996
Fragas do Eume Parque Natural 9,125
Monte Aloia Parque Natural 746
O Invernadeiro Parque Natural 5,722
Serra da Enciña da Lastra Parque Natural 3,151.67

Monumentos naturais

editar

Os Monumentos Naturais declarados no territorio galego son:

Sortable table
Nome Area (ha.)
A Praia das Catedrais 28,94
Carballa da Rocha 0,64
Costa de Dexo 267
Fraga de Catasós 4,52
Serra de Pena Corneira 998
Souto da Retorta 3,19
Souto de Rozabales 1,80
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós 90

Paisaxes protexidas

editar

As paisaxes protexidas declaradas no territorio galego son:

Sortable table
Nome Area (ha.)
Penedos de Pasarela e Traba 212
Val do río Navea 691

Zonas húmidas protexidas

editar

As zonas húmidas protexidas, e que tamén son lugares da convensión Ramsar, declaradas no territorio galego son:

Sortable table
Nome Area (ha.)
Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo 550
Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira 2.561
Lagoa e areal de Valdoviño 485
Ría de Ortigueira e Ladrido 2.920
Ría de Ribadeo (Ría do Eo na Convención Ramsar) 1.740

Rede Natura 2000

editar

A lista de espazos da Rede Natura 2000 galega é:

Cómpre indicar, que o estado español, que ten dominio sobre das augas abertas das costas galegas, declarou ademais as seguintes ZEPA:

Sortable table
Nome Código da Rede Natura 2000 Area (km2)
Espazo mariño de Punta de Candelaria - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares ES0000495 771,52
Espazo mariño da Costa de Ferrolterra-Valdoviño ES0000496 68,18
Espazo mariño da Costa da Morte ES0000497 3.162,83
Espazo mariño das Rías Baixas de Galicia ES0000499 2.218,65

Espazos naturais de interese local e Espazos privados de interese natural

editar

Os ENIL e EPIN declarados no territorio galego son:

Sortable table
Nome Figura Area (ha.)
Ecosistema dunar Praia América-Panxón Espazo natural de interese local 3,58
Illas de San Pedro Espazo natural de interese local 10,40
Loio-Ruxidoira Espazo natural de interese local 437
Puzo do Lago Espazo natural de interese local 30,6
Ribeiras do Mero-Barcés Espazo natural de interese local 197
Río Gafos Espazo natural de interese local 49,80
Voutureira Espazo natural de interese local 183,78
Xunqueira de Alba Espazo natural de interese local 67
Sobreiras do Faro Espazos privados de interese natural 9,72

Figuras internacionais

editar

Reservas da Biosfera

editar

As Reservas da Biosfera declaradas na súa totalidade no territorio galego, ou con parte neste, son:

Nome Interterritorial Area
Área de Allariz Non 21.482
As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Non 116.724,3
Gerês-Xurés Si (galego-portugués) 330.874
Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá Non 53.664
Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel[9][10] Non 306.534,77
Río Eo, Oscos e Terras de Burón Si (galego-asturiana) 159.379
Terras do Miño Non 363.668,9

Áreas OSPAR

editar

As áreas OSPAR do litoral da costa galega, ou próximas a esta, son:

Nome da Área Mariña Protexida
Parque Nacional das Illas Atlánticas
Banco de Galicia
Espazo mariño da Costa da Morte
Espazo mariño da Costa de Ferrolterra - Valdoviño
Espazo mariño das Rias Baixas de Galicia
Espazo mariño de Punta de Candelaira - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares
  1. Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia (eds.). "Espazos protexidos". 
  2. Presidencia da Xunta de Galicia (Mércores, 7 de agosto de 2019). "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza". DOG (149): 35934–36041. 
  3. "Estatuto de Autonomía de Galicia". 1981. 
  4. "Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade". BOE (299): 51275 – 51327. 14 de decembro de 2007. 
  5. Lei 5/2019, Tit. II, Cap I, Artigo 22
  6. Lei 42/2007, do 13 de decembro, Tit. II, Cap. II, Artigo 30.
  7. Son aqueles indicados na Lei 42/2007, do 13 de decembro no Tit. II, Cap. II, Artigo 30; e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, no Tit. II, Cap. VI.)
  8. Tal e como se indica na Lei 5/2019, do 2 de agosto, no Tít. II, Cap. VI na Sección de 1 a 3.
  9. Xunta de Galicia, eds. (15/09/2021). "A Unesco declara a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a sétima reserva da biosfera de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16/09/2021. Consultado o 15/09/2021. 
  10. CRTVG, eds. (15/09/2021). "A Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel consegue ser Reserva da Biosfera". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar