A flora catalogada na reserva da biosfera conta con 807 especies. 117 especies son endemismos no nordés peninsular. A flora vascular de interese de conservación inclúe a especies como Armeria sampaioi e Ceratocapnos claviculat. Destaca o catálogo de 317 especies de briófitos, dos cales 227 son musgos e 90 hepáticas.[3]
A fauna de invertebrados catalogados na reserva é de 1196 especies e de vertebrados de 235 especies. Algunhas especies como a serpe Coronella girondica, o moucho Bubo bubo, ou as xinetas Genetta genetta son abundantes.[3]
Na reserva viven arredor de 126 mil persoas. As zonas menos poboadas son as zonas de montaña, que son a zona núcleo do espazo. Pola contra, a meirande parte da poboación habita en lugares de praderías e ribeiras, en zonas de riparias e de clasificadas como zonas de transición na reserva.[3]
Os lugares de maior interese histórico atópanse na franxa galega. A igrexas de Santa Comba de Bande e Santa María a Real son monumentos históricos. En Bande atópase "A Cidá", o campamento romanoAquis Querquennis, da Vía Nova romana construída entre o século I e II. Na franxa portuguesa destacan os castelos de Lindoso e Montealegre, construído durante o reinado de Afonso III.[3]
↑ 1,01,1JB. Reza Rodríguez e H. Miguel Pereira (Dirección); D. Figueiredo, JA. Amoeiro Mosquera (Coordinanción); ML Santarém, A Gil Carrera, N Veloso Estévez (Organización) A. Macedo, A. Tavares, A. Fontes, C. Pinto, C. Rodrigues, C. Machado, D. Figueiredo,D. Silva,H. Carvalho, H. Regalo, MC. Osório, ML. Santarém, R. Gonzalez, JC. Formoso González, FJ. Gonzalez Bailez, MÁ. Fernández Martínes, A. Gil Carrera, N. Veloso Estévez. Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia; Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte e Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas - ICNF, Governo de Portugal., eds. Propuesta para la creación de la Reserva de la Biosfera Transfronteriza Gerês/Xurés.
↑Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia e Instituto de Conservaçaô da Natureza e das Florestas, Governo da Repóblica Portuguesa. (eds.). Plano de Açâo 2015-2020 da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés.