Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón

Coordenadas: 43°32′07″N 7°01′54″O / 43.53528, -7.03167

Río Eo, Ozcos e Terras de Burón
A zona zepa da ría de Ribadeo, encadrada na reserva, preto da Veiga, Asturias.
Marco Legal
Figura de Protección: Reserva da biosfera
Ano de constitución: 19 de xuño de 2007
Superficie: 159.379 ha (496 ha. mariñas)
Lexislación: Real Decreto 342/2007 do 9 de marzo [1]
Datos de interese
País: Galicia Galicia Principado de Asturias Asturias
Provincias: Principado de Asturias, Provincia de Lugo
Concellos: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada (Lugo) e Castropol, A Veiga, Taramundi, Santiso de Abres, Vilanova de Ozcos, Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos (Asturias)
Ríos: río Eo
Picos A Bobia (1202 m)
Direccións de interese: Mancomunidade Ozcos-Eo, Praza do Concello, s/n 33770 A Veiga (Asturias)[2]
Teléfonos:

A Reserva da Biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón,[3] oficialmente Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón,[4] é unha reserva da biosfera dentro do programa MAB da UNESCO e que abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, Santiso de Abres, Vilanova de Ozcos, Santalla de Ozcos e San Martín de Ozcos en Asturias. Ten unha extensión de 15.958,89 km²[5] e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

DescriciónEditar

 
Vista do final da ría de Ribadeo (xa ría de Abres), na parte norte da reserva.

Inclúe a Reserva Natural Parcial da Ría de Ribadeo, as zonas especiais de conservación (ZEC) de Penarronda-Barayo (parcialmente), ría de Ribadeo, Río Eo e Cunca do Agüeira, Zona de especial protección para as aves Penarronda-Barayo e Ría de Ribadeo, incluíndo a zona húmida Ramsar Ría de Ribadeo e o monumento natural da praia de Penarronda[6].

Foi declarada o 19 de setembro de 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).

O 11 de decembro de 2013 asinouse o Protocolo de Colaboración para a Coordinación da Xestión[7].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar