Val do río Navea
paisaxe protexida do río Navea entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives, en Trives
O val do río Navea é unha paisaxe protexida do río Navea entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives, en Trives. Esta paisaxe atópase dentro da zona especial de conservación (ZEC) do Macizo Central.[1]
Tipo | espazo natural protexido paisaxe protexida | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | A Pobra de Trives, España e San Xoán de Río, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 692,84687 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 389037 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2008 | |||
Descrición
editarO río Navea, na súa chegada desde Chandrexa de Queixa, únese co río Bibei preto da da Ponte Nova, entre A Pobra de Trives e San Xoán de Río. O val fluvial marcado dese último tramo discorre por vales montañosos acusados e solos de lousas, xistos e cuarcitas. Neses están presentes fragas singulares dominadas por rebolos, carballos e castiñeiros con algunhas outras especies como bidueiros, ameneiros ou salgueiros.[1]
Galería de imaxes
editar-
A Ponte Navea.
-
Ponte Navea
-
Capela da Encarnación na Ponte Navea.
-
Fragas desde o miradoiro da ponte.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Xunta de Galicia, eds. (2008). "Decreto 263/2008, do 13 de novembro, polo que se declara paisaxe protexida o val do río Navea." 235: 21.577–21.580.