Abrir o menú principal

Comarca da Terra de Trives

Comarca galega
(Redirixido desde "Comarca de Trives")

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Comarca da Terra de Trives
Comarca Terra de Trives.png
ProvinciaProvincia de Ourense
Área431,7 km²
Poboación4.111 hab. (2017)
ConcellosChandrexa de Queixa
Manzaneda
A Pobra de Trives
San Xoán de Río

PoboaciónEditar

No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.

Concello Habitantes
2017 [1]
Chandrexa de Queixa 494
Manzaneda 906
A Pobra de Trives 2.150
San Xoán de Río 561
Total 4.111
Censo total 2017 4.111 habitantes
Menores de 15 anos 250 (6.08 %)
Entre 15 e 64 anos 2.216 (53.90 %)
Maiores de 65 anos 1.645 (40.01 %)

XeografíaEditar

A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.

TurismoEditar

O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Fonte: IGE Arquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine.

 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.