Paisaxe protexida
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Unha paisaxe protexida é un espazo natural que polo seu valor estético, ou singularidade no aproveitamento humano do medio natural, se lle outorga unha protección. Esta figura e protección pretende conservar a paisaxe e os elementos socio-económicos que a orixinaron e a mantiveron.[1][2][3]
O marco lexislativo galego recoñece esta categoría seguindo a Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade española e o Convenio da paisaxe do Consello de Europa.[1][4]
Paisaxes protexidas galegas
editarAs paisaxes galegas protexidas declaradas son:
- Os penedos de Pasarela e Traba, é unha prolongación da Pena Forcada de 212 ha. que está en Vimianzo e Laxe.[5]
- O val do río Navea, 691 ha. protexidas en San Xoán de Río e A Pobra de Trives.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Xunta de Galicia, eds. (Martes, 04 de setembro de 2001). "LEI 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Lei do DOG nº 171 do 04/09/2001" 171. Consultado o 04/10/2017.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia. "A Paisaxe".
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia. "Paisaxes Protexidas".
- ↑ "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14 de diciembre de 2007. BOE-A-2007-21490". pp. 51275–51327. Consultado o 04/10/2017.
- ↑ DOG, Xunta de Galicia, eds. (03/12/2008). "Decreto 263/2008, do 13 de novembro, polo que se declara paisaxe protexida o val do río Navea".
- ↑ DOG, Xunta de Galicia, eds. (12/01/2009). "Decreto 294/2008 polo que se declara paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba".