Eluveitie é unha banda suíza de celtic metal, orixinaria de Winterthur, formada en 2002 por Chrigel Glanzmann.

Eluveitie
OrixeWinterthur[1], Suíza Suíza
Período2002 - actualidade
Selo(s) discográfico(s)Nuclear Blast, Fear Dark
Na rede
http://www.eluveitie.ch
Facebook: eluveitie Twitter: eluveitie Instagram: eluveitie_official MySpace: eluveitie Youtube: UClV0x3k5Oxm7vREoLEOPeGg Souncloud: eluveitie Spotify: 5X0N2k3qMnI8kSrGJT3kfT iTunes: 269358403 Last fm: eluveitie Musicbrainz: 8000598a-5edb-401c-8e6d-36b167feaf38 Songkick: 281032 Discogs: 508784 Allmusic: mn0000329978 Deezer: 6253 Editar o valor em Wikidata

O seu estilo caracterízase pola fusión do death metal melódico con melodías populares das nacións celtas, a presenza de instrumentos tradicionais europeos como a zanfona ou a gaita, as referencias á mitoloxía celta nas súas cancións - en particular ao pobo galo - e por ter cancións escritas na extinta lingua gala.

Deu o seu salto á fama despois do lanzamento do álbum Slania, o primeiro lanzado co selo discográfico Nuclear Blast, un dos referentes do xénero, así como o primeiro que entrou nas listas de Suíza e Alemaña. Nel destaca a súa canción «Inis Mona», unha das máis populares do grupo. O seu álbum Origins alcanzou o máis alto da lista de éxitos en Suíza. Ata finais de 2017 publicou sete álbums de estudio e adoita ser citado como un dos mellores grupos de folk metal.

A formación experimentou numerosos cambios dende a súa creación, sendo Chrigel Glanzmann o único membro orixinal que continúa dende entón. A mediados de 2016 o grupo sufriu unha gran transformación debido á saída de catro dos seus membros, tres dos cales levaban máis de 10 anos nel. Xunto a Glanzmann están os guitarristas Rafael Salzmann e Jonas Wolf, o baixista Kay Brem, a violinista Nicole Ansperger, o gaiteiro Matteo Sisti, o batería Alain Ackermann, a zanfonista Michalina Malisz e a arpista Fabienne Erni.


Traxectoria editar

Formación e Vên editar

A banda nace entre os anos 2002 e 2003 coma un proxecto persoal de Chrigel Glanzmann, que reuniu,tras uns cantos intentos fracasados, a varios músicos para formar un grupo que combinase a música folk con metal extremo, creando Eluveitie, inicialmente como proxecto de estudo no que os outros músicos non tiñan outras obrigacións alén da gravación das súas pistas.[2] O nome da banda vén dunha pintada encontrada na cidade de Mantua (c. 300 a. C.).​[3] Na inscrición en letras etruscas pon eluveitie, que se interpretou como a forma etrusca de (h)elvetios («o helvético»), probablemente en referencia a un descendente dos helvecios que viviu alí.[4] As primeiras aspiracións non ían máis alá de gravar un EP, que foi o autofinanciado Vên, pero o éxito que acadou motivou que Glanzmann formase o grupo como tal, con outros nove músicos, e decidise continuar co proxecto, tanto no estudo como nos escenarios.

En 2004 realizaron as súas primeiras actuacións en directo, incluída unha no festival suízo Elements of Rock[5] e asinaron un contrato coa discográfica holandesa Fear Dark Records, coa que lanzaron unha versión remasterizada e parcialmente regravada de Vên.[6][7] Tamén actuaron en festivais organizados pola compañía, así como nalgúns festivais internacionais de folk metal como abreconcertos de bandas como Cruachan ou Korpiklaani. Despois, sete dos dez membros abandonaron o grupo por varias razóns,[8][9] quedando só Chrigel Glanzmann, Sevan Kirder e Meri Tadić, que buscaron outros seis membros e converteron a Eluveitie nun grupo de nove persoas.[10]

Spirit e Slania (2006-2008) editar

En febreiro de 2006 participaron xunto a outras bandas nun álbum tributo á banda alemá Falkenbach, titulado …an Homage to Falkenbach, co tema Vanadis.[11]

Tamén a principios dese ano, Sarah Wauquiez foi substituída por Anna Murphy tocando o zanfona[12] e a violinista Linda Suter abandonou a formación,[13] polo que Eluveitie converteuse nun grupo de oito persoas, cifra que se mantivo, aínda que con cambios dalgúns membros, ata hoxe. En xuño dese ano saíu á venda Spirit,[14] o seu primeiro disco de longa duración e o único gravado con nove músicos.[15] En setembro, o conxunto comezou unha xira por Europa coa banda alemá Odroerir, na que tocaron en festivais como o Ragnarök Festival, en Alemaña,[16] e a finais de ano asinaron un contrato co selo discográfico alemán Twilight Records, que máis tarde sería o responsable do relanzamento de Spirit e Vên.[17]

En novembro de 2007, a banda asinou un contrato con Nuclear Blast e comezou a gravar o álbum Slania, que saíu á venda en febreiro de 2008 e converteuse no disco co que o grupo deu o seu salto á fama, así como o primeiro en entrar nas listas de éxitos de Suíza e Alemaña. O seu nome vén do nome dunha nena que Chrigel viu sobre unha lápida da época dos helvecios.[18][19] O disco incluía o tema "Inis Mona", probablemente a canción máis destacada do grupo e unha das máis famosas, cuxo videoclip oficial ten preto de 30 millóns de visitas en YouTube,[20] con parte da súa melodía baseada na famosa canción tradicional bretoa Tri Martolod. O seu nome provén da illa de Anglesey, chamada Ynys Môn en galés, onde se atopaba o centro da formación de druídas máis importante dos pobos celtas. A mediados de 2008, os irmáns Rafi e Sevan Kirder (baixista e gaiteiro, respectivamente) anunciaron que deixarían a banda despois do seu seguinte concerto por motivos persoais e foron substituídos por Kay Brem e Patrick «Päde» Kistler.[21]

Evocation I - The Arcane Dominion e Everything Remains (As It Never Was) (2009-2011) editar

En 2009, Eluveitie lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Evocation I - The Arcane Dominion, totalmente acústico a diferenza dos anteriores.[22] Contou coa colaboración de músicos como Alan Averill "Nemtheanga", cantante de Primordial, e Oliver "SaTyr" Pade, cantante de Faun.[23] Ademais saíu á venda a edición especial Slania/Evocation I - The Arcane Metal Hammer Edition editada baixo o selo discográfico Nuclear Blast da revista Metal Hammer, que contén cinco cancións de Slania e oito de Evocation I - The Arcane Dominion.[24]

En 2010 publicouse o cuarto álbum da banda, Everything Remains (As It Never Was). Para este traballo o grupo contratou profesionais que traballaran con outras bandas recoñecidas[6] como Tommy Vetterli (Kreator, Coroner) para a coproducción e a enxeñaría de son,[25] Colin Richardson (Slipknot, Machine Head) para as mesturas[26] e John Davis (U2, Led Zeppelin) para a posprodución.[27] Posteriormente Tommy Vetterli tamén produciría os álbums Helvetios e Origins. Despois do lanzamento, realizaron unha xira por Europa, América do Norte e a India durante a que, no festival Wacken Open Air, recibiron o título Up and Coming 2010 da revista Metal Hammer, un premio á mellor banda revelación.[28] Durante 2011 continuaron dando concertos por todo o mundo xunto con bandas cada vez máis relevantes como Children of Bodom ou Dark Tranquility.[29]

Helvetios e Origins (2012-2016) editar

A principios de 2012, saíu á venda o seu quinto álbum, Helvetios, un álbum conceptual que trata sobre as guerras das Galias dende a perspectiva dos helvecios,[30][31] e que recibiu críticas xeralmente favorables por parte dos expertos.[32] Na xira de promoción por Europa, Eluveitie tocou en importantes festivais do xénero como o Paganfest,[33] e seguiu dando concertos polo resto do mundo. Durante o seu paso Suramérica, Anna Murphy enfermou e tivo que volver a Suíza, a pesar co cal, o grupo seguiu tocando sen ela.[34] Nunha entrevista para a revista Metal Blast, Chrigel Glanzmann revelou que xa comezara a escribir novo material para Evocation II, a continuación de Evocation I - The Arcane Dominion.[35] Tamén ese mesmo ano saíu á venda o álbum en directo Live on Tour (que foi gravado en Tilburg, Países Baixos, no festival Paganfest, durante a súa xira promocional de Helvetios) e The Early Years, que contén cancións gravadas do seu EP Vên e de Spirit.[36]

En setembro de 2013, Eluveitie confirmou que despois do final da súa xira mundial comezaría a gravar o seu novo disco.[37] En decembro do mesmo ano, a violinista Meri Tadić abandonou o grupo[38] e foi substituída por Nicole Ansperger.[39] En marzo de 2014 Eluveitie gañou o premio Swiss Music Awards á mellor banda nacional en directo,[40] sendo a primeira vez que unha banda de metal recibía o premio.[41] En abril dese mesmo ano anunciou que realizarían unha xira europea con Arkona e Skálmöld.[42]

En agosto saíu á venda o seu sexto álbum, Origins, que xeralmente recibiu valoracións positivas da crítica musical[43] e acadou o primeiro posto na lista de éxitos en Suíza e o sexto na de Alemaña.[44][45] En palabras do propio Chrigel Glanzmann, que tamén creou o deseño artístico do álbum, Origins trata sobre "contos etiolóxicos da Galia".[6] A finais de ano deixou a banda o gaiteiro Patrick Kistler, explicando a súa versión dos acontecementos no seu perfil de Facebook,[46] e foi substituído por Matteo Sisti -inicialmente de xeito temporal e, posteriormente, como membro permanente-,[47][48] e en xullo de 2015 deixou a formación Nicole Ansperger por motivos familiares, polo que o grupo anunciou un proceso de selección para elixir un novo violinista.[49] A finais de agosto, finalmente anunciou que a violinista alemá Shir-Ran Yinon sería a súa substituta durante os próximos tres meses, durante a súa xira por Norteamérica, Suramérica e Europa.[50] Nela, Eluveitie organizou o seu propio festival, "Eluveitie & Friends", ao que asistiron as bandas Epica, Faun e Krampus. Ademais, pasados ​​uns tres anos dende o primeiro anuncio, revelaron. que finalmente estaban traballando no álbum Evocation II.[51]

Cambios na formación e Evocation II - Panteón (2016-presente) editar

O 5 de maio de 2016, Eluveitie anunciou que decidira prescindir do batería Merlin Sutter.[52] Como resultado, Anna Murphy e Ivo Henzi, íntimos amigos de Merlín, tamén abandonaron a banda.[53][54] Explicaron que había "profundas diferenzas persoais entre os propios membros" e pediron manter os detalles ocultos para non prexudicarse mutuamente.[55][56] Os tres confirmaron que estaban traballando xuntos nun novo proxecto musical que saíu á luz pouco despois, o grupo Cellar Darling. Seguiron tocando en concertos con Eluveitie ata o 5 de xuño. Dous meses despois, Shir-Ran tamén anunciou a súa marcha do grupo[57] e Nicole Ansperger reincorporouse.[58][59]

En setembro de 2016, Eluveitie anunciou que o seu próximo álbum, Evocation II, sairía á venda durante a primavera de 2017 e lanzou un vídeo promocional del.[60] Finalmente, Evocation II foi lanzado o 18 de agosto. É a continuación de Evocation I, mantén o concepto acústico e é o primeiro sen Merlin Sutter nen Ivo Henzi.[61]

Entre decembro de 2016 e xaneiro de 2017 o grupo rediseñou completamente a súa páxina web e presentou aos novos membros permanentes, xusto antes de celebrar o seu festival, Eluveitie & Friends, en Pratteln, Suíza.[62] Fabienne Erni uniuse como arpista e os músicos, ata agora convidados, Michalina Malisz, Alain Ackermann e Jonas Wolf convertéronse en membros permanentes.[63]

Sinxelo Rebirth e Ategnatos (2017 - actualidade) editar

O 14 de outubro de 2017 Eluveitie anunciou a gravación dun novo álbum[64] e publicou un novo vídeo musical titulado "Rebirth", producido por Wolfgang Wolman e Oliver Sommer.[65] Rebirth foi a primeira gravación non acústica producida pola nova formación.

En febreiro de 2019 publicaron o videoclip da primeira canción do disco, Ategnatos, e o 5 de abril saíu á luz o disco, tamén chamado Ategnatos.[66]

Características editar

Eluveitie mestura dous tipos de son diferentes: por unha banda, usa voces limpas, instrumentos tradicionais europeos como o tin whistle e outros tipos de frautas, o violín, a gaita ou a zanfona, e as melodías populares das nacións celtas xunto a outros de creación propia. Por outra banda, é importante a presenza do death metal melódico, con voces guturais, unha batería rápida e guitarras distorsionadas.

Algunhas desas melodías proceden de cancións tradicionais bretoas, por exemplo, "Tri martolod" na súa canción "Inis Mona"[67] ou "Maluron Lurette" de Tri Yann na súa canción "Celts";[68] inglesas, como "Scarborough Fair" en "Antvmnos";[69] escocesas - como "The E-minor jig" en "Calling the Rain";[70] reels irlandeses - como "With Ourselves" de Johnny Harling en "Meet the Enemy", "Cooley's Reel" en "Tarvos" ou "Gravel walk" en "The Somber Lay"; e incluso cancións modernas - como "Thaney" do grupo Malinky en "Siraxta" ou "Dr. Gilbert" de Lúnasa en "From Darkness".

Linguas das letras editar

Aínda que moitas das súas letras están escritas en inglés, tamén inclúen cancións en galo antigo. O seu terceiro álbum, Evocation I - The Arcane Dominion, está completamente escrito en galo agás a canción «Sacrapos - At First Glance». As letras están baseadas na cultura, historia e mitoloxía celtas,[71] feitos históricos e mitos e lendas da Galia.[72] Para escribilas e traducilas ao galo colaboran con expertos en estudos celtas das universidades de Viena[73] e Zúric.[74]

Para unha das súas cancións mais famosas, The Call Of The Mountains, gravaron 5 versións. Ademais da versión en inglés editaron a canción nas catro linguas de Suíza: francés, alemán suízo, italiano e romanche, así como outra versión nas que se combinan as cinco linguas.[75]

Discografía editar

Membros editar

Notas editar

  1. "Eluveitie, The Darkness und Apocalyptica - Musikfestwochen Winterthur (Livebericht, 2011)". www.schwermetall.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  2. "Entrevista a Chrigel Glanzmann" (en inglés). 29 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  3. "Un Helvète chez les Étrusques vers 300 av. J.-C.". www.academia.edu (en francés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  4. "Celti ed Etruschi nell'Etruria Padana e nell'Italia settentrionale". www.academia.edu (en italiano). Consultado o www.academia.edu. 
  5. "Bandas do Elements of Rock". www.elementsofrock.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "ELUVEITIE". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  7. "Vên". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  8. "Biografía de Eluveitie". www.laut.de (en alemán). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  9. "Entrevista a Chrigel Glanzmann". www.metalfan.nl (en neerlandés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  10. "Report: ELUVEITIE - Metal With An Ancient Feel" (en inglés). 7 de setembro de 2006. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  11. "... An Homage To Falkenbach Pt. II". www.discogs.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  12. "Entrevista con Anna Murphy" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  13. "10 Jahre Eluveitie: Exklusive Rückblicke aus dem Band-Fotoalbum" (en alemán). 17 de agosto de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  14. "Spirit". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  15. "Eluveitie – Spirit" (en inglés). 25 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  16. "Eluveitie & Friends 2013: Introducing Odroerir" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  17. "ELUVEITIE Signs With NUCLEAR BLAST RECORDS" (en inglés). 14 de novembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  18. "Entrevista con Chrigel Glanzmann". www.metalist.co.il (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  19. "Inscription of Davesco". www.univie.ac.at (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  20. Eluveitie (30 de xaneiro de 2008). ELUVEITIE - Inis Mona (OFFICIAL MUSIC VIDEO) (Youtube). 
  21. "Eluveitie Parts Ways With Rafi And Sevan Kirder" (en inglés). 4 de xuño de 2008. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  22. "Eluveitie - "Evocation I: The Arcane Dominion" (CD)". www.metalunderground.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  23. "ELUVEITIE - reveal tracklist and guest musicians" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  24. "Exklusive Eluveitie-CD im nächsten METAL HAMMER" (en alemán). 28 de xuño de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  25. "Tommy T. Baron". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  26. "Colin Richardson". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  27. "John Davis". www.metal-archives.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  28. "METAL HAMMER Awards 2010: Auszeichnung der besten Bands auf dem Wacken Open Air" (en alemán). 6 de agosto de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  29. "Eluveitie y Neckbreakers Tour 2011: información" (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  30. "Eluveitie Helvetios". www.metal-hammer.de (en alemán). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  31. "Helvetios - Eluveitie". www.allmusic.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  32. A revista Sonic Seducer chamouno "pura eficiencia"; a edición alemá de Metal Hammer eloxiou as cancións "Meet The Enemy", "Neverland" e "The Siege" polo seu estilo agresivo e concluíu que as virtudes musicais de Eluveitie seguían en este álbum; unha análise da revista Stormbringer comparou a canción "The Siege" co estilo Sepultura e chamou ao álbum "unha obra de arte".
  33. "Cartel do Paganfest 2012". www.allmetalfest.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  34. "South American Shows Without Anna" (en inglés). 26 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  35. "Entrevista a Eluveitie". www.metalblast.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  36. "ELUVEITIE TO RELEASE “THE EARLY YEARS” THIS SUMMER ON NUCLEAR BLAST". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  37. "ELUVEITIE anuncian nuevo disco." (en castelán). 9 de setembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  38. "Meri Tadic deja a los suizos Eluveitie" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  39. "ELUVEITIE tiene nueva violinista: Nicole Ansperger" (en inglés). 12 de decembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  40. "Eluveitie gana premio en Suiza al mejor directo" (en castelán). 11 de marzo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  41. "Entrevista a Chrigel Glanzmann". www.metal-discovery.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  42. "ELUVEITIE, ARKONA y SKÁLMÖLD en Barcelona y Madrid" (en castelán). 22 de abril de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  43. Björn Springorum da revista Metal Hammer dixo que Origins era "o seu mellor álbum ata a data". Glenn Butler da revista Powerplay continuou os eloxios ao dicir que "este álbum é simplemente unha magnífica creación dende a concepción ata a entrega". Dan Drago de about.com dixo que "a banda nunca soara tan revitalizada desde Slania" e que "Origins era un gran paso na dirección correcta".
  44. "Eluveitie" (en alemán). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  45. "Eluveitie". www.musicline.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  46. "Declaración de Patrick Kistler no seu Facebook" (en inglés). 24 de novembro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  47. "Entrevista a Matteo Sisti" (en italiano). 8 de marzo de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  48. "Entrevista a Chrigel Glanzmann" (en inglés). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  49. "Eluveitie - Violinist Leaves The Band, Searching For Replacement" (en inglés). 6 de agosto de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  50. "Comunicado de Eluveitie" (en inglés). 28 de Agosto de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  51. "ELUVEITIE - announce second acoustic album in progress & special acoustic shows!" (en inglés). 9 de setembro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  52. "Comunicado de Merlin Sutter". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  53. "Comunicado de Anna Murphy". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  54. "Comunicado de Ivo Henzi". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  55. "Entrevista con Anna Murphy" (en inglés). 22 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  56. "the end of an era" (en inglés). 5 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  57. "Comunicado de Shir-Ran Yinon". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  58. "Facebook de Nicole Ansperger". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  59. "Eluveitie return from the Death to destroy Wacken" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  60. Eluveitie (17 de setembro de 2016). Eluveitie's upcoming album: EVOCATION II (Youtube). 
  61. "Comunicado de Eluveitie". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  62. "ELUVEITIE - announce new line-up!". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  63. "ELUVEITIE - announce their complete new line-up!". Nuclear Blast (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  64. "Anuncio de Eluveitie". Facebook (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  65. Nuclear Blast (27 de outubro de 2017). Eluveitie - Rebirth (Youtube). 
  66. "ELUVEITIE PUBLICA NUEVO VIDEOCLIP, «ATEGNATOS»" (en castelán). 5 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  67. "Entrevista a Eluveitie". www.metal-exposure.com (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  68. "Celtos". Reddit (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  69. "ALBUM REVIEW: Evocation II: Pantheon – Eluveitie" (en inglés). 16 de agosto de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  70. "Celtic tunes covered by Eluveitie" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  71. "Entrevista con Eluveitie". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  72. "Entrevista con Chrigel Glanzmann" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  73. "Entrevista con Eluveitie" (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  74. "The Wondrous World Of Eluveitie" (en inglés). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  75. "Nuevo tema multi-lenguaje de ELUVEITIE.". www.metaltotal.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  76. 76,0 76,1 76,2 76,3 DiVita, Joe (5 de xaneiro de 2017). "Eluveitie Announce Six New Members to Complete Lineup". Loudwire (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar