Nuclear Blast Records

(Redirección desde «Nuclear Blast»)

Nuclear Blast Records é un selo discográfico e un distribuídor de discos por correo independendente con subsidiarias en Alemaña, os Estados Unidos e o Brasil. O selo fundouno en 1987 Markus Staiger en Alemaña. Orixinalmente editaba discos de hardcore punk, pero pasou a publicar traballos de bandas de death metal melódico, grindcore, power metal e black metal, ademais de álbums tributo. Nuclear Blast é amplamente respectada por ser a principal etiqueta da escena death metal, xunto coa súa compañeira Century Media. As súas oficinas principais atópanse en Donzdorf, Göppingen. Nuclear Blast America e Century Media traballan xuntas nunha asociación extratéxica entre as dúas discográficas independentes de metal, e son distribuídas a través de Caroline/EMI.

Nuclear Blast Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1987
Fundador(es)Marcus Staiger
SedeDonzdorf
PaísAlemaña
Na rede
https://www.nuclearblast.de/
Facebook: nuclearblasteurope Twitter: nuclearblasteu Instagram: nuclearblasteurope MySpace: nuclearblasteurope Youtube: UCoxg3Kml41wE3IPq-PC-LQw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Nuclear Blast formouse en 1987 despois de que Markus Staiger viaxase a través dos Estados Unidos durante catro semanas e vise un concerto da súa banda favorita, BL'AST!. O selo chamouse orixinalmente "Blast", pero ao pouco tempo cambiouse para Nuclear Blast. A primeira edición da etiqueta foi un vinilo recompilatorio titulado Senseless Death (NB 001), que contaba con bandas estadounidenses de hardcore punk como Attitude, Sacred Denial e Impulse Manslaughter. O primeiro lanzamento de 1.000 copias esgotouse antes dun ano.

Nuclear Blast comezou a asinar contratos con grupos de grindcore despois de que Staiger descubrise á banda de Las Vegas Righteous Pigs. A esta seguíronlle edicións de Atrocity, Deathstars, Master e Opprobrium. A popularización do grindcore está considerado un fito na historia do selo, que conseguiu chamar a atención en todo o mundo.

A comezos dos 90 o black metal fíxose máis popular en Europa, e Nuclear Blast asinou con moitas banda. Gran parte deles aínda están co selo na actualidade, como Dimmu Borgir e Dissection. A popularidade do black metal foi medrando, e cara 1996 moitos dos grupos de Nuclear Blast foron entrando nas listas europeas. Cara finais de 1997, Nuclear Blast tiña 20 empregados e enviaba por correo un catálogo trimestral de 100 páxinas a 50 países.

A finais dos 90 e comezos dos 2000, o selo expandiuse cara ao power metal, promocionando a bandas como HammerFall ou Helloween. Durante os anos 2000 Nuclear Blast comezou a traballar con algunhas bandas de Finlandia, como Stratovarius e Sonata Arctica, e cos alemáns Blind Guardian, ampliando o seu estilo con distintos subxéneros do metal.

A banda sueca Meshuggah converteríase no primeiro artista dna historia de Nuclear Blast Records en entrar na lista Billboard 200, acadando o número 165 co seu álbum do 2002 Nothing. Meshuggah tamén sería a primeira banda de Nuclear Blast en ser destacada na revista Rolling Stone.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar