Death metal melódico
O death metal melódico é un estilo que presenta características inspiradas na New Wave of British Heavy Metal, en particular os rápidos riffs e liñas harmónicas de guitarra, pero incorporando os elementos máis habituais do death metal como a distorsión de guitarras, rápidos padróns rítmicos de batería e en ocasións ritmos blast beat.[1] O estilo vocal deste xénero combina as voces limpas, os gritos e as voces guturais.[2]
Death metal melódico | |
---|---|
Orixe musical | Death metal, NWOBHM, thrash metal, black metal, power metal |
Orixe cultural | Anos 1990 en Escandinavia e o Reino Unido |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica, baixo, batería, teclado |
Derivados | Metalcore melódico |
Gran parte da súa orixe e popularidade atribúese a grupos como At the Gates, In Flames e Dark Tranquillity, que definiron o xénero a comezos dos anos 1990 sentando as bases da escena musical do metal de Gotemburgo,[2] escena a que o escritor Garry Sharpe-Young denominou "a salvación comercial do death metal".[3] Outro dos pioneiros foi o grupo británico Carcass, clasificado dentro do grindcore nos seus primeiros discos pero que evolucionou ata este estilo nos álbums Necroticism – Descanting the Insalubrious de 1991 e Heartwork de 1993.[4][5][6] Outros exemplos de grupos incluídos neste xénero son Amon Amarth,[7] Soilwork[8] e Arch Enemy.[9]
Notas
editar- ↑ Purcell, Natalie J. (2003). Death Metal Music: The Passion and Politics of a Subculture (en inglés). McFarland. p. 9. ISBN 9780786484065.
- ↑ 2,0 2,1 Marsicano, Dan. "What is Melodic Death Metal". About.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ Sharpe-Young, Garry (2007). Metal: The Definitive Guide. Jawbone Press. p. 162. ISBN 9781906002015.
- ↑ Bowar, Chad. "Carcass". About.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2011.
- ↑ "Can You Feel The Forceps: Carcass, Surgical Steel And Heartwork Revisited". The Quietus. 16 de setembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ McIver, Joel (2008). The 100 Greatest Metal Guitarists. Jawbone Press. p. 122. ISBN 9781906002206.
- ↑ Ramanand, Liz (28 de febreiro de 2014). "Amon Amarth Drummer Fredrik Andersson Talks ‘Deceiver of the Gods,’ Longevity + More". Loudwire. Consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ Huey, Steve. "Soilwork - Biography". Allmusic. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ Law, Sam (17 de xaneiro de 2015). "Kreator plus: Arch Enemy, Shining, Marty Friedman". Kerrang! (1551): 50.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |