Década de 1180
Segundo milenio | |||||
Século XII | |||||
| |||||
|
1180
- Artigo principal: 1180.
Europa
Imperio Bizantino
- Inicio do reinado de Alexis II Commeno, emperador bizantino (até 1183)
- Rexencia de María de Antioquía (até 1182). Aséntase sobre a colonia latina de Constantinopla e os mercenarios occidentais. Enfróntanse dous partidos: o dos gobernamentais, apoiados polos ricos e os estranxeiros, e os tradicionalistas, dirixidos por algúns nobres agrupados arredor de María, filla de Manuel e apoiada polo pobo e a igrexa, que vencerá en 1182.
- Independencia de Serbia baixo a dinastía dos Nemanxides creada por Estevo Nemanxa, que se retirará ao monte Atos en 1196.
España
Francia
- Inicio do reinado de Filipo II Augusto, rei de Francia (até 1223. En febreiro fai apresar aos xudeus, a quen libera en troques dun rescate de 31 000 libras parisienses, e abole todas as debedas dos cristiáns con eles. O 28 de abril casa con Isabel de Hainaut, filla de Baduíno V de Hainaut. O 28 de xuño asina un tratado de axuda defensiva e ofensiva con Henrique II Plantagenet.
Sacro Imperio
- Frederico Barbarrosa confíscalle o ducado de Baviera a Henrique o León para entregarllo a Otón I de Wittelsbach.
Asia
- Apoxeo dos khmer en Camboxa.
- Na India, fin da dinastía Chalukia coa morte de Someshvara, fillo de Bijjala.
Xapón
- Inicio do reinado do emperador Antoku no Xapón.
- 5 de maio: chamada ás armas do príncipe Mochihito, apartado do trono do Xapón.
- Xuño: Taira no Kiyomori traslada a capital do Xapón a Fukuhara (actual Kobe. En novembro trasládaa de novo a Kyoto.
- 15 de xuño: o príncipe Mochihito foxe de Kyoto e refúxiase en Mii-dera.
- Comeza a guerra de Gempei
- 23 de xuño: primeira batalla de Uji. Os monxes do Byodo-in combaten a carón de Minamoto no Yorimasa contra os Taira, mais son vencidos. Yorimasa suicídase (seppuku) e o príncipe Mochihito é asasinado.
- Sitio de Nara: os Taira préndenlle lume aos templos e mosteiros para se vingar da participación dos monxes.
- 14 de setembro: Batalla de Ishibashiyama, primeira batalla de Minamoto no Yoritomo contra os Taira. Derrota de Yoritomo.
- Outubro: Yoritomo establece os seus cuarteis xerais en Kamakura, no leste do Xapón, e lanza de novo as hostilidades.
- 9 de novembro: Batalla de Fujigawa. Os Taira confunden unha bandada de paxaros acuáticos cun ataque sorpresa dos Minamoto durante a noite e retíranse sen combater, concedéndolle así unha vitoria inesperada a Yorimoto.
1181
- Artigo principal: 1181.
Europa
- Comeza o pontificado de Lucio III (até 1185)
- Fracasa unha cruzada contra os cátaros no sur de Francia.
- Frederico Barbarrosa confisca a Saxonia a Henrique o León, que non conserva máis que Brunswick.
- Toda a Pomerania tórnase parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, privando á Polonia de saída ao mar.
- Os húngaros, unha retomada a Croacia e a Dalmacia, alíanse aos serbios de Estevo Nemanja, baixo cuxa autoridade se unen Zeta e Rascia. Serbios e húngaros arrasan até Sofía (até 1183).
- O papa Alexandre III, pola bula "Regis Aeterni" concede á catedral de Santiago de Compostela a graza do Xubileu, que iniciará no ano seguinte.
Asia
- No oeste do Xapón agrávase a crise de subsistencia. Os Taira logran a duras penas manter o gando (1181-1182). No leste, os veráns húmidos favorecen as colleitas e contribúen ao éxito dos Minamoto.
- Continúa a guerra de Gempei e Taira no Tomomori vence a Minamoto no Yukiie en dous enfrontamentos en Sunomata e Yahagigawa, mais enferma e debe renunciar a perseguilo.
- Comeza o reino de Jayavarman VII, rei khmer de Camboxa (até 1218).
- Jayavarman VII libera Camboxa dos Chams. Adepto do budismo Mahayana, multiplica as fundacións pías e emprende numerosas guerras (anexión do Champa). Despois del, Camboxa perderá as súas conquistas. Desaparece a súa brillante civilización e triunfa o budismo theravada.
- Na India, o xeneral gurida Muhammad ibn Sam toma Sialkot.
Arte e cultura
- Publícase en Viena o libro Sefer ha-yashar (Libro da Ortodoxia) do xudeu Jacob ben Meir Tam.
1182
- Artigo principal: 1182.
Europa
- Comeza o reinado de Canuto VI, rei de Dinamarca (até 1202)
- Filipe Augusto de Francia expulsa aos xudeus.
- Concilio de Saintes
- Pedro Valdo é excomungado e prohibido.
- Florenza conquista Empoli
- A Moravia constitúese temporalmente en margraviado
- A Catedral de Santiago de Compostela celebra o seu primeiro Xubileu
Imperio Bizantino
- Abril: Usurpación de feito do curmán de Manuel I Cómneno, Andrónico Cómneno, que provoca que Alexis II Cómneno masacre os latinos de Constantinopla en maio.
- Concédenselle importantes privilexios comerciais a Veneza, os únicos a non ser masacrados. Os xenoveses e pisanos lanzan os seus piratas ao mar Exeo.
Oriente Próximo
- Reinaldo de Châtillon decide lanzar un ataque sobre A Meca. Embárcase en Eilat, pequeno porto pesqueiro do golfo de Aqaba, e ataca Yanboh, porto de Medina e logo Rabigh, non lonxe da Meca. De camiño, afunde un barco de peregrinos musulmáns. En canto Reinaldo, cargado de botín, retorna ás súas terras, os seus homes continúan a atravesar o mar Vermello. O irmán de Saladino, al-Adel, que goberna no Exipto, lanza contra eles unha frota que os desfai. Algúns deles son conducidos á Meca para ser decapitados en público.
- Secesión de Chipre
Asia
1183
- Artigo principal: 1183.
Oriente Próximo
- 18 de xuño - Saladino toma a cidade de Alepo aos cruzados.
Europa
1184
- Artigo principal: 1184.
- Batalla de Santarém: tropas galegas, ao mando do bispo compostelán Pedro Suárez de Deza, leonesas do rei Fernando II de León, conxuntamente coas portuguesas do infante Sancho I de Portugal, derrotan e dispersan ao exército almohade, que sitiaba a cidade de Santarém, e que mandaba Abu Yaqub Yusuf. Este resultou ferido gravemente no trancurso da loita.
- Abu Yaqub al-Mansur convértese no terceiro califa almohade, tras a morte do seu pai Abu Ya'qub Yusuf.
Ciencia e tecnoloxía
- O rei Filipe Augusto de Francia manda pavimentar as rúas de París.
1185
- Artigo principal: 1185.
- 1 de maio — Eclipse solar
- 1 de maio — Igor Svyatoslavich, príncipe de Novgorod-Seversky, emprende unha campaña contra os cumanos, coincidindo co eclipse. Despois dunha batalla de tres días foi derrotado, salvando a vida e regresando para o seu país.
- 25 de novembro — Urbano III sucede a Lucio III no papado.
1186
- Artigo principal: 1186.
1187
- Artigo principal: 1187.
1188
- Artigo principal: 1188.
- 22 de xaneiro: Afonso VIII e coroado rei de Galiza e León.
- Novembro - Ricardo Corazón de León, rei de Inglaterra, rende homaxe ao rei de Francia, por Normandía.
- Remátase o Pórtico da Gloria, no acceso occidental da catedral de Santiago de Compostela, comezado en 1168
- Créase a Universidade de Boloña, Italia.
1189
- Artigo principal: 1189.