Principado de Zeta

páxina de homónimos de Wikimedia
(Redirección desde «Zeta»)

Zeta (en montenegrino cirílico Зета, en monternegrino latino Zeta) foi un principado medieval, establecido en 1360 e extinguido en 1421, cuxo territorio abarcaba aproximadamente o actual Montenegro. Debe o seu nome ao río Zeta.

Modelo:Xeografía políticaPrincipado de Zeta
Књажевина Зета (sr) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°04′N 19°30′L / 42.07, 19.5
EstadoSerbia Editar o valor en Wikidata
CapitalShkodër
Obod (en) Traducir
Žabljak Crnojevića (en) Traducir
Cetinje Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua serbia
Antigo eslavo eclesiástico Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1360 Editar o valor en Wikidata
Disolución1516 Editar o valor en Wikidata

Imaxe do escudo nunha moeda de prata de Djuradj II, contra 1400.

A súa primeira aparición foi como estado vasalo de Rascia, onde gobernaban os herdeiros ao trono da dinastía serbia dos Nemanjić. O seu fundador, Estevo Nemanja, converteuse en Gran Zupan de Rascia, unificando todas as tribos serbias, e o feudo de Zeta pasou a depender da segunda liña de sucesión ao trono, como vasalo do Reino de Serbia.

Zeta converteuse nun feudo independente en 1356, durante a desintegración gradual do Imperio Serbio que seguiu á morte do tsar Estevo Uroš IV Dušan Nemanjić (Dušan o Poderoso) en 1355. A partir de 1421 integrouse no Despotado de Serbia.

A finais do século XV Zeta comezou a ser máis coñecido como Montenegro, a partir de "Montaña negra" en lingua véneta. Despois da súa época no Despotado foi sucedido polo Principado teocrático de Montenegro e despois polo dominio (máis ben teórico) do Imperio Otomán.

Historia

editar

Zeta no estado de Rascia

editar
Véxase tamén: Rascia e Imperio serbio.

Entre 1276 e 1309, Zeta foi gobernada pola raíña Helena de Anjou, viúva do rei de Serbia Uroš I, que restaurou ao redor de 50 mosteiros na rexión, especialmente na zona do río Bojana.

O nome de Crna Gora (Montenegro) foi formalmente mencionado por primeira vez en 1296, nunha carta do mosteiro de San Nicolao en Vranjina. Esta carta publicouna o rei serbio Uroš II, que era o fillo máis novo de Uros I e Helena. Crna Gora (Montenegro) debía entenderse como a rexión da serra baixo o monte Lovćen, dentro dos límites de Zeta.

 
Estevo Nemanja, Gran Príncipe de Serbia (1166–1196).
 
Os Estados dos Balcáns centrais (incluíndo o Principado de Zeta da Casa dos Balšić) no século XIV.
 
Zeta entre 1372 e 1378.
 
A Alta e a Baixa Zeta no século XV.

A principios do século XIV, durante o reinado do rei Milutin de Serbia, o arcebispado de Bar era o señor feudal máis importante de Zeta.

Despois da morte do tsar Dušan en 1355, o Estado serbio comezou a desmembrarse e as súas posesións repartíronse entre o príncipe Lazar Hrebeljanović (1353-1391), o Estado bosníaco do Ban Tvrtko I e un semi independente estado de Zeta baixo a dinastía dos Balsas (Balšićs), cuxo fundador Balša I chegou ao poder en 1356.[1]

Dinastía dos Balsa

editar

A época máis próspera e poderosa da historia de Serbia chegou ao seu fin coa morte do tsar Dušan en 1355. Aproveitando a oportunidade, a dinastía líder en Zeta, os Balšićs (Balsa), reafirmou a autonomía da rexión en 1356.[2] O primeiro documento escrito en relación coa Casa dos Balšić está na Táboa dos Uros expedida á República de Dubrovnik en 1360.

Gobernantes da dinastía dos Balsa

O Despotado de Serbia

editar
Artigo principal: Despotado de Serbia.

En 1421, antes da súa morte e baixo a influencia da súa nai, Jelena, Balsa III transferiu a soberanía de Zeta ao Despotado de Serbia, gobernado por Stefan Lazarević.[3] Este loitou contra os venecianos e recuperou Bar a mediados de 1423, e ao ano seguinte enviou ao seu sobriño Djuradj Branković, que recuperou Drivast e Ulcinj (Ulcinium).

En 1427, morreu o déspota serbio Estevo, e o trono herdouno o seu sobriño Djuradj Branković, que tivo que enfrontarse á grave ameaza que significaba o Imperio Otomán e non puido prestar especial atención a Zeta.

Dinastía Crnojević

editar

A dinastía Crnojević comezou con dous irmáns, Djuradj e Aleksa Djurašević-Crnojević, da zona dos arredores do Monte Lovćen. Pero o papel máis importante no seu establecemento como gobernantes desta familia en Zeta foron Estevo I Crnojević (1451-1465) e o seu fillo Iván I Crnojević (1465-1490). O fillo de Iván, Djuradj IV Crnojević (1490-1496) foi o último gobernante desta dinastía.

Co comezo da casa Crnojević como gobernantes, Zeta comezou a ser mencionado comunmente como Crna Gora (Montenegro). A Djuradj IV correspondeulle o enfrontamento máis belicoso co Imperio Otomán e, neste contexto, acusado polos otománs de encabezar unha guerra santa contra o islam foi enviado preso a Istambul, onde se perdeu o rastro en 1503.[3][4]

Fin do Principado

editar

Despois da desaparición de Djuradj Crnojević, Zeta foi gobernada polo seu irmán Estevo II Crnojević como vasalo do Imperio Otomán. A finais do século XV o goberno de Estevo marcou o final da Casa de Crnojević. Na nova división administrativa dos Balcáns, Zeta era unha parte do Sanjak de İşkodra (Escútari) desde 1499 até 1514.

O Principado de Zeta desapareceu oficialmente cando se converteu en Estado teocrático polos Bispos-Príncipes (Vladikas) de Cetinje (Montenegro), que se fixeron cargo do mesmo en 1516. A partir de entón Zeta foi coñecida como Montenegro.

Os otománs controlaban unha parte desde 1498, coñecida como Sanjak de Montenegro, a República de Venecia controlaba Kotor e a teocracia gobernaba o resto de Montenegro (a chamada Alta Zeta).

  1. Montenegro.org. Zeta (Duklja) under the second Montenegrin dynasty, the Balsic (1356-1427). Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 24/1/2012.
  2. Montenet. Balsics' Rule (1356-1427). (en inglés) Consultada o 24/1/2012.
  3. 3,0 3,1 D. Zivkovic, Istorija Crnogorskog Naroda, Cetinje, 1989.
  4. Montenet. Crnojevic Rule. (en inglés) CXonsultada o 24/1/2012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar