Benvido á Galipedia, Suarez ruibal!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. --HombreDHojalata Conversa comigo. 12:21, 3 xaneiro 2010 (UTC).

BreogánEditar

Ola Suarez ruibal! Non dubido nin deixo de dubidar sobre o tema do ADN, sei que existen eses estudos, non sei se existen outros. Pero eu non digo nada sobre a fiabilidade de tales estudos, só digo que o tema xenético da poboación de Gran Bretaña e Irlanda non debe ir no artigo sobre o mito de Breogán, porque non é o lugar. Debe ir, supoño, nalgún artigo sobre a demografía e a historia das illas. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 17:51, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Boa noite e benvido á Galipedia, Suarez ruibal. Non dubido da boa intención das túas edicións, pero como che di Alberte a información non só ten que ser veraz e contrastábel senón tamén ir aquelada no lugar que lle corresponde. De calquera maneira, eu non son un experto no celtismo nin moito menos, polo que acabo de lle deixar unha mensaxe ao usuario RNC para que revise as túas edicións. Coméntocho para que non haxa malentendidos. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras. --Atobar (conversa comigo) 19:58, 17 xaneiro 2010 (UTC)
Todos os artigos son mellorábeis, iso está claro; o de Breogán tamén. O que non vexo tan claro é o de que se denigra o nacionalismo galego, entroutras cousas porque o perfil do galipedista é marcadamente galeguista, e de aí para arriba. En todo caso, se houber algunha referencia inoportuna, daquela esta virá dunha tradución desleixada ou similar, pois non parece moi lóxico que o editor tira pedras contra o seu propio tellado. De calquera maneira, para non nos desviarmos do tema que nos ocupa, anímote a que vaias editando noutros artigos variados, e a que agardes ao que nos poda dicir RNC, que destas cousas aínda vai sabendo. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 17 xaneiro 2010 (UTC)
Agardemos pola resposta de RNC, Suarez ruibal. Eu só podo falar de Breogán dende a miña curiosidade lectora pero de ningunha maneira como coñecedor ou experto. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 20:34, 17 xaneiro 2010 (UTC)

respecto ós demais usuariosEditar

Ola Suárez Ruibal. Na discusión que mantedes sobre Breogán hai tres usuarios que discordan das túas edicións e argumentan falta de referencias ou o feito de que a información que engades non corresponde a este artigo. E fano con argumentos e respecto. Non á admisible que a túa resposta sexa a reversión sistemática e moito menos recorrer a chamarlles ignorantes, algo que na Galipedia non se vai permitir: iso é innegociable. Pensa os modos e as formas coas que te expresas e evita esas expresións. Todo isto á marxe da veracidade ou non do que din este Sainero e outros autores que citaches, no que non teño formación ningunha. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:22, 18 xaneiro 2010 (UTC)

  • Nin que así fose. Podo entende-la defensa das teses propias fronte ás posturas alleas (e mesmo fronte a métodos alleos); podo entender que un se chegue a quentar nestas discusións xa que somos humanos e moitas veces de dedo fácil, o que fai que a resposta -o tono da resposta- non sempre sexa comedido. Pero chamar ignorante a alguén é insultar [e deberías retirar esa palabra], e engadir agora conceptos como "comisariado" e "censura" non fai máis que botar máis leña ó lume. Nesta casa nin hai comisarios nin censuras: hai unhas normas mínimas de comportamento, hai unhas esixencias de referencia-la información e hai unha lóxica pretensión de que os contidos se correspondan co título do artigo. Aí está a nai do año. Isto é unha obra colectiva, construída por xente que levamos un tempo e por xente que se vai incorporando. As achegas duns non son mellores nin peores cás dos outros: a experiencia, nisto, non é un grao. Iso si, opinións e criterios de compañeiros con experiencia e que teñen demostrado o seu ben facer convencen máis cás dos que chegades de novo. Nisto tamén somos humanos e seguro que o entendes. Pero hai máis: se tres usuarios din branco e un di negro, semella lóxico crer que é branco. Non é que isto sexa unha democracia nin que haxa que contar votos, abonda por agora coa lóxica de que semella ter máis peso a opinión de tres cá de un usuario. Lembra tamén que non ían tanto na liña da veracidade senón da oportunidade neste artigo. E que conste que a miña intervención non pretende da-la razón a ninguén. Recoñezo a miña ignorancia sobre o tema e no fondo dáme igual que Breogán sexa galego ou non. Eu só quero insistir en que as confrontacións sexan construtivas e que nunca descendan ás descalificacións do "contrario". Por suposto, aquí non existen "contrarios" pero uso o termo para enterndernos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 18 xaneiro 2010 (UTC)
Ola de novo! Coido que como xa quedou claro polo que dixemos Atobar, RCN e mais eu a cousa non vai contra o estudo científico nin contra as evidencias xenéticas ou cousas polo estilo. Somentes dicimos que esa información non debe ir no artigo de Breogán, como a información sobre a incidencia das invasións viquingas en Galiza non debe ir no artigo Thor, porque non é o sitio. Hai que buscarlle acomodo noutro artigo, que como xa dixen, supoño que será sobre a demografía ou historia de Gran Bretaña e Irlanda. Agardo que por fin comprendas que a cousa non vai contra a información engadida. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 21:35, 18 xaneiro 2010 (UTC)

Disertación.Editar

Compañeiro: vexo dende hai días que ven habendo unha certa polémica arredor das túas edicións do artigo Breogán, que algúns compañeiros consideran insuficientemente referenciado e incorrectamente ubicado. Esta crítica, que é ben fácil de solventar e en principio non tería por que xerar problemas, semella terse encoirado e ameaza con tornarse algo pouco desexable.

Debo dicir, por facer xustiza, que a edición que fixestes do artigo Breogán chamoume a atención polo dominio que demostrabas ter do tema. Isto dígoo deixando aparte que a miña opinión coincidise coa túa, porque non importa se coincide ou non: o noso non é un enfrontamento entre opinións nin debe selo. A cuestión é o debate posterior, no que todos nos mostramos de acordo en dous puntos: o artigo Breogán, como calquera outro, debe conter información sobre a figura histórica e/ou mitolóxica de Breogán, ademais dun esbozo das materias que sexa preciso expor para comprender esa figura. Precisamente porque o concepto de enciclopedia válese dun esquema profundamente taxonómico para interrelacionar materias diferenciadas, calesquer outros contidos deben figurar noutros lugares, preferiblemente dentro da Galipedia. En concreto a interesante información que das sobre as conexións a nivel xenético que hai entre as poboacións do arco atlántico, especialmente entre o Eire e Galicia, merece un extenso espazo no que se poda desenvolver a fondo para mellor aproveitamento do usuario da Galipedia.

Outra cuestión é que na mesma idea do que debe ser unha enciclopedia, os artigos de investigación, análise, actualidade ou propaganda non teñen cabida. Grazas a deus, quen tal queira ten moitos outros foros onde publicar, pero non neste. Unha enciclopedia debe expor dun xeito o máis neutral posible a materia que quere dar a coñecer aos seus usuarios. Iso quere dicir, en primeiro lugar, que todas as versións sobre un mesmo tema nos merecen atención, mesmo as que son antagónicas entre si, cos matices que impoña o seu nivel de verosimilitude. En segundo lugar, que toda idea exposta aquí é tomada de traballos aos que nos referimos mencionando títulos, autores, editoriais, lugar e data de publicación e, se pode ser, ISBN. Nós non nos pronunciamos sobre quen ten máis razón ou quen deixa de tela, falamos do que din uns e outros e referímonos aos seu escritos. Para maior claridade todo isto está xa explicado en documentos que falan da política e das normas da Galipedia e que non fai mal ningún ler.

Isto que acabo de expresar é o que, coido eu, estaba encerrado no fondo do debate que houbo arredor do devandito artigo. Como me pareceu raro que se dilatase tanto, deume por pensar que, se cadra, o problema podía estar máis nun déficit comunicativo que nunha discrepancia seria. Hai que decatarse de que o medio escrito non sempre facilita a comunicación. Se con esta explicación contribúo a resolvelo, dareime por contento.--Xoacas(Qué me queres, amor?) 21:52, 18 xaneiro 2010 (UTC)

Fada morganaEditar

Boa noite, Suarez ruibal. Poderías concretar en que páxina do .pdf podo contrastar o que dis na frase: O efecto Fada Morgana utilizase para manter a tese do corredor do atlántico norte a américa no solutrense (fai 18000 anos) polos antropólogos do Smithsoian Institut, Bruce Bradley e Dennis Stanford. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:54, 19 xaneiro 2010 (UTC)

  • Ou eu leo mal ou non se di iso. Por favor, simplemente dime a páxina exacta onde se fala deste efecto. --Atobar (conversa comigo) 11:38, 20 xaneiro 2010 (UTC)
    • Infórmote, como xa fixera da outra vez, que acabo de lle deixar unha mensaxe a RNC para que mire de contrastar as fontes que dás. Non ten por que te parecer mal, pois é simplemente unha forma de asegurar a información. --Atobar (conversa comigo) 11:48, 20 xaneiro 2010 (UTC)

Segunda advertenciaEditar

Respecto á observación que fas no artigo epidemioloxía, sobre a falta de referencias e o da fontes primarias, creo que esa edición semella unha acción vengativa (na liña do "café para todos") contra Atobar, cousa que se deduce do que escribes: "depois de visitar o traballo do usuario atobar levo a desagradabel sorpresa de que o seu artigo epidemiloxia, carece da mais mínima referencia, e como ben sabes a galipedia non e unha fonte primaria, polo que descoñezo a teima que ten co meu traballo, cando non aplica as reglas ao propio--Suarez ruibal 08:36, 21 xaneiro 2010 (UTC)". Teña a impresión de que esta revisión das edicións de Atobar non ten interese construtivo ningún e que linda co sancionable, polo que teño que facerche esta nova advertencia. Resulta fácil de entender que buscarlle chatas ás edicións doutro usuario non achega peso ningún ás túas argumentacións. Xa sabes que Mal de muchos.... Pedro --Lameiro (conversa) 18:28, 21 xaneiro 2010 (UTC)

SaúdosEditar

Vexo que estás de volta, con forzas renovadas e achegas valiosas. Alédame que así sexa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:13, 10 marzo 2010 (UTC)

Violacións de licenzaEditar

Ola Suarez.

Por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Tes información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.

Saudos. --HombreDHojalata conversa 22:43, 1 abril 2010 (UTC)

  • Reitero o que xa che dixeron: se creas un artigo mediante tradución do homónimo noutra wiki (Efecto Doppler), debes indicar a orixe no resumo. Este "debes" é de cumprimento obrigatorio, a maiores de que razóns de pura ética puideran facer innecesaria esta norma. En segundo lugar, sería bo que lle deas un repaso para corrixi-los erros ortográficos que trouxo o tradutor (*mais -> máis, *hipotese -> hipótese, *trén -> tren, *obxeto -> obxecto, *movese -> móvese, *respeto -> respecto, *pitágoras -> Pitágoras etc.). Hai un caso particular: análoxicamente -> analogamente. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:42, 2 abril 2010 (UTC)
Insístoche neste tema. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 16:45, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
Suarez, se persistes serás bloqueado (es:Onda mediagl:MF etc).
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 11:34, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ano luzEditar

No artigo Ano luz que andas a editar atopo a seguinte frase: De feito, un fotón sae dende que se produce a fusión do hidróxeno, tarda varios miles de anos en sair do sol, e só no baleiro acada a velocidade da luz no baleiro, tal baleiro non existe a nivel atómico entre o Sol e a Terra. Nesta construción hai algo fóra do seu sitio ou é que os festivos me sentan mal? Non me atrevo a cambiar nada por medo a meter o zoco. --Xoacas(góstache o pemento?) 20:44, 3 abril 2010 (UTC)

Lig. externasEditar

Suarez ruibal, éche máis doado facelo así. E igual que está é en, tamén hai es, pt, it, fr, ca... Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 21:45, 4 abril 2010 (UTC)

A gramática do galego fai que digamos: O señor chámase Pepe / O señor que se chama Pepe . Ese que modifica a frase, e o mesmo pasa con cal, cales e moitas outras palabras. Olla para aquí, na sección axuda para galipedistas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:41, 4 abril 2010 (UTC)

Política de categoríasEditar

Ola Suarez.

Vin que estiveches a crear varias categorías e que as deixaches "orfas", é dicir que non están, a súa vez, dentro doutra categoría. Iso non é bo. Se creas Categoría:Gravidade deberías incluíla dentro da Categoría:Física, por exemplo. Por outra banda, a estrutura das categorías ten que ser minimamente consensuada pola comunidade, recomendoche que leas Wikipedia:Categorías (fíxate que di "Non se deben crear categorías novas sen consultar antes coa comunidade" e "Todas as categorías pertencen a outra categoría superior") e tamén Wikipedia:Wikiproxecto Categorías (di "só se poden crear polos usuarios categorías -sen necesidade de aprobación- que sexan resultado natural das propostas aprobadas").

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 16:36, 11 de abril de 2010 (UTC)

Ola de novo, Suarez.

Cando dis "as categorías como modo de acceso aos datos non resultan moi prácticas para os usuarios" penso que é unha opinión persoal túa, coa que non podo concordar. Olla calquera das centos de wikipedias que hai. Millóns de usuarios en todo o mundo empregan o sistema das categorías... O que é certo é que non poden "resultar moi practicas" se se crean orfas ou sen criterio.

De todas, parabéns polo traballo que estás a facer, e a seguir --. HombreDHojalata.conversa 18:48, 12 de abril de 2010 (UTC)

ReloxosEditar

Ola, compañeiro. Cando fagas afirmacións do tipo "os reloxos son en realidade simuladores da rotación terrestre" procura argumentar o que dis. Non facelo pode provocar desencontros con outros usuarios. Eu mesmo dubido aínda se reverter a túa edición, pois un reloxo é un reloxo mentres non haxa motivo para pensar o contrario. Un saúdo. Xoacas(non che sinto?) 19:01, 18 de abril de 2010 (UTC)

Materia escuraEditar

Ola, Suarez ruibal. Cómpre que deas referencias cando fagas afirmación como as que fas, e tamén que prestes máis atención á lingua. Faltan acentos gráficos e hai varios erros.[1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:58, 25 de novembro de 2010 (UTC)

ReloxioEditar

Ola, podías poñer algunha referencia para a etimoloxía de reloxio?, grazas.--Cheluco 17:22, 17 de decembro de 2010 (UTC)
Eliminei unha referencia a un software específico, sei ben que non era a túa intención pero podíase interpretar como publicidade, esas mencións só teñen sentido se é a única, se por medio de referencias externas se indica que é algo excepcional ou algo semellante e aínda así con moito tento. Pode parecer que estou moi enriba pero non é a miña intención facer de menos o que fas, que me parece interesante.--Cheluco 22:19, 17 de decembro de 2010 (UTC)

Uns consellos coas categorías e outra cousiñasEditar

De primeiro, graciñas por editar sobre todo en artigos astronómicos, nesta categoría era case o único que editaba.

Tenta pór sempre os artigos o máis profundo dentro da arbore de categorías, por ex. unha estrela X, tenta poñela nunha categoría de estrelas e sobre todo non a poñas nunha categoría filla e nai, e dicir a nosa estrela X non debe aparecer en Obxectos astronómicos ou categorías superiores, senón as categorías superiores terían centos ou miles de artigos, co cal atopa-la información é moi fodido.

Nunha categoría pódese por unha aclaración ou definición coma se fose un dicionario, incluso unha referencia externa para que se saiba por que se categoriza dese xeito, pasa isto moitas veces coa nomenclatura de lúas ou accidentes xeolóxicos (destro da astronomía), pero unha liña ou dúas, senón case é mellor facer un artigo. Non te cortes por que as referencias estean noutro idioma, sobre todo se estas facendo unha tradución, o único indica o idioma (cousa da que eu me esquezo moito); despois non te asustes moito se os administradores che recordan as normas, é normal, non o fan a mala fe, eu tamén cometín algúns dos erros que cometiches ti, ninguén le tódalas normas da Galipedia, ben só os administradores que xa só por iso son uns santos, só hai unha forma de aprender, metendo a un pouco a zoca.

Ben, para calquera cousa relacionada coa astronomía estou a túa disposición, aínda que ultimamente non teño case tempo para a Galipedia; e repito graciñas por editar nesta categoría.--Xabier Cancela (fálame 01:00, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Outro conselliño, nas túas preferencias, vaite a túa firma, alí tes unha ligazón que che axuda a mellora-la firma, para que lle poidas engadir 'o de fálame' ou outra cousa polo estilo, así a xente contestarache máis rápido, non te ten que andar buscando, xa vai directo a contestarche; do que me dis do Portal de Astronomía, sería caralludo pero teriamos que ser mínimo 3-4 editores dentro da categoría, que só editásemos en astronomía, para que cundise o traballo, aparte é un choio duro xa que se volve moi sistemático, pero agradecido xa que se ben os froitos do traballo antes e con máis calidade, se atopamos a outro par de galipedistas interesados, sería un proxecto a ter moi en conta; a ver se arranxo o piso pronto e me mudo para volver a retoma-lo choio na galipedia coma antes. Ben, boa estadía na Galipedia e un saúdo.--Xabier Cancela (fálame) 16:17, 12 de marzo de 2011 (UTC)

DLREditar

Ola Suarez ruibal, desculpas, se borrei o ficheiro Ficheiro:Signet grau.jpg foi porque estaba marcado como lixo e sen ver se tiña licenza. Acabo de restauralo de novo e segue co marcador, pois eu de licenzas non controlo... Saúdos. --Xas (conversa) 17:17, 21 de marzo de 2011 (UTC)

Non serven os contidos licenciados "so para a Galipedia"Editar

Ola Suarez.

A licencia non é válida. Non valen os contidos licenciados so para uso na Galipedia. Tódolos contidos incluídos deben permitir obra derivada e uso comercial por calquera (empresa, particular...)--. HombreDHojalata.conversa 10:41, 22 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Suárez. Todos os contidos de calquera proxecto de Wikimedia (calquera Wikipedia, Commons etc) están publicados cunha licenza que permite o seu uso posterior, incluso o uso comercial, e a súa utilización na creación de obras derivadas, coa única esixencia de mencionar a orixe. Por ese motivo, a Wikipedia só pode empregar contidos (textos, imaxes, ficheiros etc) que estean publicados en orixe con algunha licenza que permita ese tipo de uso. A persoa que teña agora os dereitos sobre o logo do que falamos debe ser consciente diso, xa que tras publicalo aquí pode tomalo calquera outra persoa e empregalo cun fin comercial ou elaborar con el outras obras derivadas. O máis doado sería que eles incluísen na súa páxina web (por exemplo) a licenza axeitada para os fins da wikipedia, pero un mail dando o seu consentimento serviría tamén. A modo de exemplo podes ver esta imaxe en Commons, que inclúe a correspondencia mantida co webmaster da páxina da que se tomou, na que este dá a súa autorización coa única condición de que sexa mencionada a orixe. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:47, 22 de marzo de 2011 (UTC)

Novas sobre as camisetasEditar

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:49, 14 de abril de 2011 (UTC)

Moi boas, a túa camiseta téñoa eu. Como son o que máis preto está de Cangas dos que fumos ao encontro quedei encargado de intentar facercha chegar. Eu son de Marín, aínda que non teño coche e non adoito a ir por Cangas, pero se algún día vou por alá ou ti pasas por Marín quedamos e cha dou. Un saúdo.--Beninho 07:32, 21 de abril de 2011 (UTC)

  • Ola! Como te puxen na mensaxe de arriba non dispoño de coche para poder achegarte a camiseta ata alá. Por se pasas por Marín algún día o meu móbil é 695394055 e se son eu o que psas por Cangas pois te pego unha chamada. Un saúdo. --Beninho 07:53, 4 de xullo de 2011 (UTC)

Contido dos artigosEditar

Un cadro de datos non é un artigo, Suarez. Estar a crear unha chea de páxinas nesas condicións. Por favor tenta ir máis a modo e achegar algún contido máis. Non vale con chantarlle un {astronomía en progreso} e xa está.

Graciñas.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22:48, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)

Como cambiar un artigo de nomeEditar

Suarez, para mover *quasar a quásar, copiaches o contido o substituíches por unha redirección e pegaches nun artigo novo. Iso non se debe facer debido a que dese xeito se perde todo o historial. O procedemento correcto nestes casos e usar a opción "Mover" que hai no despregable ao carón da caixa de procura.

Aproveito para falarche dos erros da lingua. Asemella que tes algunhas dificultades. [2] Porqué non te animas a empregar un corrector ortográfico de galego?

Por último insisto, e xa van varias veces, en que cando traias contido doutras wikipedias debes deixar constancia no cadro "Resumo:".

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 00:04, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Outro avisoEditar

Suarez, vólvoche insistir, non copies o contido dos artigos e os pegues con outro nome, o historial pérdese. Cando proceda emprega a opción Mover.

Por favor, non crees categorías novas como redireccións cara a artigos. Non é correcto.

Por último, o ficheiro que subiches é un derivado doutro de Wikimedia Commons. Por favor, indícao na ficha correspondente.

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 17:43, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

VarónEditar

Ola, Suarez ruibal. Borrei a redirección a home dende *varón, porque en galego varón soamente pode ser unha vara grande. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:44, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

RedirecciónsEditar

Ola outra vez. Vexo que estás a facer moitas redireccións, parte delas acaídas e parte non tanto. Debemos de ter moito coidado á hora de redirixir, isto é que por exemplo non debemos inventar ou xustapór termos, como no caso de Homo sapiens neanderthaliensis, o cal debería limitarse a Homo neanderthaliensis ou home de neandertal. O mesmo sucede con bipedismo, que non debe ter a redirección dende *bipedestación que lle fixeches e que xa procedín a borrar. É máis, remarcaría que o tema este de redireccionar resulta especialmente complexo en tanto que poucas veces os sinónimos son absolutos, co cal case é mellor o non redireccionarmos nada que redireccionarmos dende un erro ou un forma dubidosa. Por todo isto, pídoche que teñas especial coidado e que no caso de non estares seguro non crees a redirección (isto tamén cho pido para os arranxos de lingua, que vexo que tamén houbo algún que outro erro). Polo demais, todo ben. Bo traballo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:57, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

título principalEditar

Para, para. A norma (que podes ler aquí) é que o título principal sexa o nome común (Terápsidos) e crear unha refirección desde o nome científico Therapsida. A norma xeral é que os títulos dos artigos sexa en singular, pero cando se trata dun taxón o correcto é o uso do masculino plural. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:28, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

{{Info cor}}Editar

Vin que creaches o modelo {{Info cor}}, pero está mal construído. De aí o erro de que está en bucle. Quere dicir que un modelo non se pode chamar a si mesmo para definir a súa estrutura. Se queres bótoche unha man con el. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:10, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Cando se sube unha imaxe...Editar

Cando subas unha imaxe non esquezas que é obrigatorio especificar o orixe ou orixes, o autor ou autores, a licencia, etc.

Todas as imaxes subidas á Galipedia deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregadas nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information
|Description= Descrición da imaxe (que é?, onde foi feita?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe, se a imaxe é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor da imaxe.
|Date= Data en que se fixo a imaxe.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións da mesma imaxe (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Tes máis información na propia páxina de cargas, por favor lee con atención o punto .

Olla os cambios que fixen [3].

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 09:16, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

Imaxe:Supernova with table.jpgEditar

Ola Suarez ruibal. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:16 (UTC)

Imaxe:Sun with table.jpgEditar

Ola Suarez ruibal. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:17 (UTC)

Imaxe:Standard Model of Elementary Particles-gl.svgEditar

Ola Suarez ruibal. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:30 (UTC)

Imaxe:Particle overview-gl.svgEditar

Ola Suarez ruibal. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:30 (UTC)

Imaxe:Elementary particle interactions gl.svgEditar

Ola Suarez ruibal. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:30 (UTC)

sonda RosettaEditar

Ola! Como vai?

Bótanse de menos as túas achegas. Anímaste a traducir o artigo sobre a sonda espacial Rosetta, que está de actualidade estes días?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xaneiro de 2014 ás 14:24 (UTC)

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimosEditar

Ola Suarez ruibal. É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2014 ás 20:19 (UTC)

RosettaEditar

No artigo Rossetta o s está duplicado, non o movín ao ver que estabas traballando por se perdías algunha edición feita.--Sernostri (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 20:50 (UTC)

Simplemente hai que movelo, arriba á dereita hai unha lapela cunha frecha cara a abaixo, premendo nela aparece mover e fincando alí xa se pode mover o artigo a un novo nome que podería ser Rosetta (sonda espacial) como no caso noutros artigos, se tes algún problema avísame e móvoo eu.--Sernostri (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 21:13 (UTC)

Big BangEditar

Ola! Escríboche a ti, ao Usuario:Xosema e mais a Usuario:Xabier Cancela, os tres especialistas en astronomía da Galipedia, para pedirvos un favor: ao artigo Big Bang viríalle ben unha revisión e mellora, pois é un dos Artigos que toda Wikipedia debería ter. Anímaste?

Mil grazas, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2014 ás 20:14 (UTC)

Referencias en "Burato negro"Editar

 

Ola, Suarez ruibal. O artigo "Burato negro" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de xaneiro de 2017 ás 12:45 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

Ola Suarez ruibal. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de xaneiro de 2017 ás 12:45 (UTC)

A/2017 U1Editar

Ola! Escríboche a ti, ao Usuario:Xosema e mais a Usuario:Xabier Cancela, os tres especialistas en astronomía da Galipedia, para pedirvos un favor. Animádesvos a traducir ao galego o A/2017 U1, de actualidade nestes días por ser seica o primiero obxecto interestelar coñecido que pasa polo Sistema Solar?

Xa me contarás. Unha aperta!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de outubro de 2017 ás 23:18 (UTC)

Parabéns a ti e mais a Usuario:Xosema; quedou un artigo caralludo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2017 ás 02:50 (UTC)

astronomíaEditar

Ola!

Non sei se coñeces a lista expandida de artigos vitais que toda Wikipedia debería ter. Nela hai en vermello varios artigos sobre astronomía. Anímaste a meterlle man a algún deles?

Unha aperta!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de decembro de 2017 ás 19:22 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

Ola Suarez ruibal. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 29 de decembro de 2017 ás 10:43 (UTC)

Grazas pola menace. Suarez ruibal (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 06:31 (UTC)

Cando edito co móvil sempre pasa algunha errata. É despois teño que voltar a editar. Suarez ruibal (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 06:33 (UTC)

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global surveyEditar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia surveyEditar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:38 (UTC)

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia surveyEditar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:47 (UTC)

eclipse lunar de xullo de 2018Editar

Ola!

Anímaste a crear o artigo do Eclipse lunar de xullo de 2018? Pregunteillo tamén a Xosema e Xabier Cancela. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xullo de 2018 ás 17:09 (UTC)