Conversa:Portada

Último comentario: Estevoaei hai 7 meses no fío "Link do artigo destacado"

Arquivo Arquivo das versións antigas da Portada: Wikipedia:Portada/Arquivo


Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6

Incidente de Palomares

editar

Na portada conta que hoxe é aniversario do Incidente de Palomares mais non liga a el. Propoño que ligue.Lles (conversa) 17 de xaneiro de 2019 ás 11:50 (UTC)Responder

  Feito! Banjo tell me 17 de xaneiro de 2019 ás 11:52 (UTC)Responder

Corrección

editar

Onde pon: 1848, nace Joris-Karl Huysmans, novelistas parisiense. debería pór: 1848, nace Joris-Karl Huysmans, novelista parisiense. 5 de febreiro de 2019 ás 07:34 (UTC)Lles (conversa)

  Feito! Banjo tell me 5 de febreiro de 2019 ás 08:34 (UTC)Responder

Masculino como xenérico

editar

Efemérides destacadas

editar

Bo día, nas efemérides de hoxe e nas dos próximos días vin que non hai mulleres https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Efem%C3%A9rides_destacadas. Lles (conversa) 18 de febreiro de 2019 ás 08:47 (UTC)Responder

Boas, nas efemérides de hoxe só achei :Nacemento 1931 - Toni Morrison, escritora estadounidense. Como está a foto alí, penso que xa debeu estar con foto aquí noutra ocasión, pero non estou segura. Se é así habería que buscar mulleres relevantes para a data de hoxe, teño entendido que as efemerides van rotando de ano en ano. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 18 de febreiro de 2019 ás 08:59 (UTC)Responder

Lles, se crees que hai que mudar as efemérides por outras ... adiante, faino (Wikipedia:Edita con afouteza). --. HombreDHojalata.conversa 18 de febreiro de 2019 ás 22:26 (UTC)Responder

Día Internacional da Lingua Materna

editar

Está en vermello e si ten páxina Día Internacional da Lingua Materna. Lles (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 12:34 (UTC)Responder

  Solucionado. Grazas, Lles. De todos modos, con vistas a futuras cuestións similares, non é algo que se deba solucionar na portada (espello de múltiples seccións) senón na efeméride específica. Así pois, neste caso a páxina de conversa onde dar o aviso sería Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas/21 de febreiro. --Atobar (conversa comigo) 21 de febreiro de 2019 ás 12:42 (UTC)Responder

sección "Tal día como hoxe no ano...": Mariano Rajoy.

editar

Habería que indicar que foi Presidente do Goberno de España, o cargo mais alto que acadou. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.225 (conversacontribucións)

  Feito! Banjo tell me 27 de marzo de 2019 ás 15:22 (UTC)Responder

Día internacional do libro infantil e xuvenil

editar

Boas, quedárame unha minúscula. Corrixina na páxina do día, pero habería que poñer Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Creo, porque nos títulos de días internacional vai con maíusculas, pero o resto de substantivos non sempre, ver Día internacional dos nenos vítimas inocentes de agresión. Se non é así sería Día Internacional do Libro infantil e xuvenil, non?. Graciñas e desculpas polo erro. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 2 de abril de 2019 ás 07:17 (UTC)Responder

Non sei que che diga..., en es.wiki e en.wiki teñen maiúsculas en tódalas palabras, como se fixo en Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia... Primeiro haberá que saber cal é o criterio correcto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2019 ás 08:35 (UTC)Responder
Por exemplo, aquí tes que a UNESCO, en castelán, pon que é o "Día Internacional de la Alfabetización". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2019 ás 08:37 (UTC)Responder
E aquí, o "Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2019 ás 08:39 (UTC)Responder
Eu entendo que (o uso de maiúsculas vén por influencia do inglés). Agora ben, ao longo da miña vida teño visto diferentes criterios para o uso de maiúsculas segundo o manual de estilo da institución correspondente, polo que xa me perdo. Igual Usuario:Atobar pode axudar?. Se non, a maioría están como ti dis, Elisardojm; sería cambiar este e outros que quedaran soltos por aí. Graciñas! Maria zaos (conversa) 2 de abril de 2019 ás 08:44 (UTC)Responder
Tamén acabo de atopar Categoría:Días oficiais internacionais, e a maioría usan maiúsculas, o que xa non sei é están ben así ou hai que amañalos... De uso de maiúsculas sabe moito Isili0n, pero xa hai tempo que non vexo as súas edicións... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2019 ás 08:47 (UTC)Responder
Ver 1,2, 3. Levan maiúscula substantivos e adxectivos e quedan fóra as conxuncións. Mudo entón os días que atope. Saúdos Maria zaos (conversa) 2 de abril de 2019 ás 08:52 (UTC)Responder
Ups (! Cambiei só dous polo momento). No portal das palabras tampouco queda claro. Ver [1] e [2]. Na RAG os adxectivos tamén van en maiúscula, ver: Día Internacional do Arquivo, das Letras Galegas etc. Agardo un pouco polo si ou polo non. Maria zaos (conversa) 2 de abril de 2019 ás 09:32 (UTC)Responder
  • Ola, Maria. É certo: conviña fixar un criterio único co fin de unificar estes casos; facelo, pois, a partir da referencia que xerarquicamente sexa máis potente. Unha posibilidade que poño sobre a mesa é a Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei (Galinova, 2004) [3]. Persoalmente, dáme a impresión de que debería ser Día Internacional do Libro Blablabá, Día da Nai, Día dos Cans Ceibos... Pero efectivamente depende do manual que cadaquén follee (as ligazóns que achegas son boa mostra). Como ti mesma sinalas, nin sequera o Portal das Palabras nos dá sacado da dúbida de inicio, e contradise. Eu estes días estou fóra, con acceso moi limitado. A partir do vindeiro luns xa estarei de novo dispoñible para mirar que di ao respecto a tal ortografía, a non ser que antes vós xa deades con algo ben explicado, claro e contundente. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 2 de abril de 2019 ás 16:11 (UTC)Responder
  • @Maria zaos: Copio directamente da Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei (Galinova, 2004) p. 254: epígrafe Maiúsculas e minúsculas. 17. Divisións temporais e festividades. 1 Leva maiúscula inicial e mais en todos os substantivos e adxectivos o nome das festividades, relixiosas e civís, estatais e populares: Pentecostés, Epifanía, Nadal, Corpus, Venres Santo, a noite de San Xoán, Día da Constitución, Día da Independencia, Día da Patria Galega.
Como dixen no meu comentario anterior, este libro é completísimo. Só para o uso de maiúsculas, abrangue da páxina 224 a 263. En fin, a falta dunha referencia xerarquicamente superior, agora cómpre unificar consonte o dito. --Atobar (conversa comigo) 7 de abril de 2019 ás 23:01 (UTC)Responder
Moitas grazas, Atobar. Se non hai discusión por parte do resto da xente en canto á xerarquía desta referencia (eu abstéñome, a verdade é que non é o meu campo,pero semella completa,abofé) póñome na lista de tarefas unificar os días todos. Pregunta, entendo que as redireccións (de minúsculas a maíusculas) non serían necesarias, non? Saúdos Maria zaos (conversa) 7 de abril de 2019 ás 23:07 (UTC)Responder
Por min perfecto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 06:46 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Eu penso que as redireccións desde as versións en minúsculas tamén son moi necesarias, para evitar que acabe habendo, noutros artigos, ligazóns internas vermellas a artigos existentes [ai que ter en conta que non hai constancia clara de que, segundo a autoridade (RAG), sexan formas incorrectas]. --. HombreDHojalata.conversa 8 de abril de 2019 ás 07:12 (UTC)Responder

Son bos argumentos, sobre todo o tema páctico das ligazóns vermellas, no que non reparara (aínda que xa pasou xustamente neste caso). Manteño/creo as redireccións,logo. Ou --HdH estás en contra do documento que usaríamos para suplir ao DRAG neste caso concreto?.-- Maria zaos (conversa) 8 de abril de 2019 ás 08:41 (UTC)Responder
Non, non, non estou en contra de nada. Estou a favor: de que se manteñan as dúas formas, unha como título (a que se decida) e a outra como redirección. --. HombreDHojalata.conversa 8 de abril de 2019 ás 09:30 (UTC)Responder
Sexa logo. E leva razón HombreDHojalata: cómpre deixar/facer tamén as redireccións. --Atobar (conversa comigo) 8 de abril de 2019 ás 10:07 (UTC)Responder
Moi ben, pois esta noite póñome con iso. Graciñas. --Maria zaos (conversa) 8 de abril de 2019 ás 14:38 (UTC)Responder

Tal como hoxe no día

editar

1912, o transatlántico Titanic parte para (a) súa primeira e última viaxe do porto de Southampton, Inglaterra. Engadir o "a"Lles (conversa) 10 de abril de 2019 ás 09:59 (UTC)Responder

  Feito! grazas Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2019 ás 10:04 (UTC)Responder

Toma de Antioquía

editar

Onde pon que en 1098 na Turquía os Cruzados toman Antioquía, debería poñer Imperio Selxúcida no canto de Turquía. --Dodro (conversa) 3 de xuño de 2019 ás 14:04 (UTC)Responder

  Feito! Banjo tell me 3 de xuño de 2019 ás 14:06 (UTC)Responder

Hoxe

editar

poñendi fin Lles (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 06:15 (UTC)Responder

  Feito!.--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 07:06 (UTC)Responder

Juana de Vega

editar

Propoño cambiar "1872, morre Juana de Vega, escritora galega e muller do xeneral Francisco Espoz y Mina." por "1872, morre a escritora galega Juana de Vega" . Lles (conversa) 22 de xuño de 2019 ás 13:25 (UTC)Responder

  Concordo. HombreDHojalata.conversa 22 de xuño de 2019 ás 14:11 (UTC)Responder
  Feito! Banjo tell me 22 de xuño de 2019 ás 14:35 (UTC)Responder

Raul González Blanco

editar

Hoxe sae na portada. Onde pon "xogador do Real Madrid", debera pór "ex-xogador de fútbol e actual entrenador". --Rosamf (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 08:15 (UTC)Responder

Cambiada a entrada dese nacemento por outra dun evento. Banjo tell me 27 de xuño de 2019 ás 12:38 (UTC)Responder

Wiki loves parroquias

editar

No texto "Do 1 de agosto ó 31 de outubro participa no concurso fotográfico da Galipedia. Fai fotos de parroquias que non teñen imaxe, colabora coa Galipedia e consegue agasallos!" onde pon "consegue" debería pór "consigue". Lles (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 06:34 (UTC)Responder

  Feito! Grazas Lles, deume mal o chivatazo o revisor ortográfico, vouno amañar indicando que so é así en presente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 07:05 (UTC)Responder

O sal

editar

Sal é masculino en todas as súas acepcións segundo o DRAG. Corrixín moitos xéneros no artigo, pero na portada aparecen "das sales quimicas" e "extraer as sales". Tamén no primeiro parágrafo hai unha referencia á salinidade da auga do mar e di "estes posúan", cando debería ser "esta posúe".--Miguelferig (conversa) 29 de febreiro de 2020 ás 20:13 (UTC)Responder

  Feito! Amañado. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2020 ás 23:40 (UTC)Responder

Francisca Herrera Garrido

editar

Non ten ligazón. Lles (conversa) 4 de marzo de 2020 ás 09:06 (UTC) e a RAG, tampouco. Lles (conversa) 4 de marzo de 2020 ás 09:07 (UTC)Responder

  Feito! Amañado [4], grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2020 ás 08:11 (UTC)Responder

Imaxe do día

editar

Non sei que ten que ver o artigo Marcelle (un topónimo galego) co antílope africano que sae na imaxe do día do 6-8-2020. Non haberá algún erro?--Miguelferig (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 10:38 (UTC)Responder

Ola, Miguelferig ! Graciñas polo aviso. Levába a unha páxina de homónimos e non tiña moito sentido,si. A relación é con Marcelle Natureza,xa que é o lugar onde se tomou a foto. Polo momento ligueina con esa entrada, pero se queres suxerir outra, adiante. Eu de zooloxía controlo pouco, así que para saír do paso optei polo seguro, pero pódese cambiar a ligazón por outra máis acaída. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 11:18 (UTC)Responder
Graciñas polos cambios en Marcelle Netureza. Tentei atopar referencias para mellorar o artigo, pero fóra da súa web é complicado. É por isto que mudei o pé de foto e ligazón a elán común e Taurotragus oryx. Se hai algo incorrecto, por favor, indícamo, Miguelferig. Graciñas de novo!.--Maria zaos (conversa) 6 de agosto de 2020 ás 11:38 (UTC)Responder

Imaxe da portada

editar

Maria zaos ou Estevoaei, hai que amañar a portada porque a imaxe do artigo destacado tivo que ser borrada en Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2020 ás 20:50 (UTC)Responder

Metín unha imaxe do autor. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de outubro de 2020 ás 20:53 (UTC)Responder
Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2020 ás 20:56 (UTC)Responder

Portada 15 / XI / 2020, Sección "Tal día como hoxe": 1º MicroProcesador da Historia

editar

Boas, indícase que Intel creou o 1º microprocesador da historia, nembargantes ao acceder a páxina do microprocesador di o seguinte: "Entre 1968 e 1970 foi deseñado o Central Air Data Computer, un sistema integrado de control de voo. Este sistema empregaba un chipset denominado MP944, que se converteu no primeiro microprocesador da historia.".
Logo fala de Intel, pero aparentemente un ano antes apareceu o verdadeiramente 1º "micro". Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.249 (conversacontribucións)

Sección das efemérides

editar

Boas, segundo recolle o dicionario da RAG en frases e expresións con "tal", como se pode ver aquí Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tal., o texto que acompaña as efemérides "Tal día como hoxe no ano..." debería ser "tal día coma hoxe no ano..." Sería preciso cambialo. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 5 de febreiro de 2021 ás 10:28 (UTC)Responder

  Resolto --Atobar (conversa comigo) 5 de febreiro de 2021 ás 15:41 (UTC)Responder

My Lai

editar

O número de asasinados na portada non se corresponde co dado no artigo. Lles (conversa) 16 de marzo de 2021 ás 08:03 (UTC)Responder

Acentuación

editar

Policía política Lles (conversa) 26 de abril de 2021 ás 08:46 (UTC) ChernóbilResponder

  Feito!Maria zaos (conversa) 26 de abril de 2021 ás 09:15 (UTC)Responder

Imaxe do Día 02 / 05 / 2021

editar

A imaxe da ave petroleada indica que se atopou nunha praida "do Grove", có artigo contraído. O nome do concello é "O Grove", co artigo, polo que entendo que o texto correcto sería "de O Grove".


Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.248 (conversacontribucións)

Consulta contestada o 03/05/2021.--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2021 ás 15:52 (UTC)Responder

Furna non é urna

editar

Ola. Hai que cambiar o texto da imaxe do día venres 28 de maio. Onde pon furna hai que poñer urna. Furna é unha cova, normalmente no litoral mariño. Non é urna, palabra, por outra parte, que non tiña efe en latín (urnam).--Miguelferig (conversa) 28 de maio de 2021 ás 20:26 (UTC)Responder

  Feito! por Estevoaei. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2021 ás 21:21 (UTC)Responder

Zona de Probas

editar

Boas, se vou a [[Zona de Probas]], https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Zona_de_probas, non vexo como acceder ao editor, e se vou a conversa envíame de novo a páxina principal de Zona de Probas.

Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.44.213.189 (conversacontribucións) 10 de xuño de 2021 ás 15:56

Ola Usuario:81.44.213.189. Tes que premer na parte superior, onde pon "Editar". --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2021 ás 21:45 (UTC)Responder
 

Tereré

editar

Bebida da América do sur 168.196.200.246 3 de xullo de 2021 ás 22:56 (UTC)Responder

Madeira

editar

No artigo destacado deste mes cómpre mudar a ligazón Madeira a arquipélago de Madeira, xa que tal e como está agora dirixe ao material en lugar da illa portuguesa, algo que non ten sentido. Tentei facelo eu pero non podo ao ser unha páxina protexida. Piquito (conversa) 7 de xullo de 2021 ás 11:43 (UTC)Responder

Río Mera

editar

Non se ve a imaxe. Lles (conversa) 8 de xullo de 2021 ás 07:44 (UTC)Responder

 
A imaxe foi trasladouna @Estevoaei: a Wikimedia Commons con outro nome [[Ficheiro:Rio Mera.jpg]] -> commons:Río Mera.jpg ("Río" con acento). Hai que mudar o nome en Módulo:Imaxe do día/lista (unicamente pode facelo un administrador). --. HombreDHojalata.conversa 10 de xullo de 2021 ás 11:56 (UTC)Responder
Grazas polo aviso, e perdón polo despiste. Xa ficou corrixido. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de xullo de 2021 ás 13:52 (UTC)Responder

Siro

editar

Bo día. Cómpre mudar a ligazón interna da imaxe do día que apunta cara Siro López (xornalista deportivo) por Siro (caricaturista) no Módulo:Imaxe do día/lista. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 16 de xullo de 2021 ás 02:40 (UTC).Responder


Tankōbon

editar

Boa tarde. Gustaría de solicita-la axuda de alguén. Acabei de facer unhas modificacións no artigo Tankōbon, que é un volume de compilacións dunha serie de mangas (ou de outros escritos) no Xapón. Inserín unha ligazón noutro idioma que acabou sendo revertida, cousa que podo comprender perfectamente, mais unha ligazón que dirixía a unha páxina da propia Galipedia tamén o foi!

No segundo parágrafo do artigo en cuestión lese: "Polo regular, os mangas son publicados por primeira vez en revistas de antoloxías de tirada semanal ou mensual (coma Afternoon, Shounen Jump, Hana to Yume)." Están amentadas tres desas antoloxías, a primeira (Afternoon) cunha ligazón da Galipedia, a segunda non. Eu tentei inseri-la ligazón correspondente, que se chama Shūkan Shōnen Jump en galego, e alguén desfíxome esa acción. Houben de pensar que estaba no erro, mais non hai erro ningún: confirmeino ó contrasta-las Wikipedias en portugués, asturiano, castelán e catalán. Todas elas amentan a mesma antoloxía, e case todas (só non a asturiana) fan a ligazón. Por favor, algún de vostedes poderíame restabelece-la ligazón ou polo menos contacta-la persoa que a desfixo? --RichardAerts01 (conversa) 28 de xullo de 2021 ás 18:01 (UTC)Responder

  Feito! o 28 de xullo por @MAGHOI e revisado o 29 de xullo por @HombreDHojalata.-- Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 09:38 (UTC)Responder

¿Galipedia.gal non é a GaliPedia?

editar

Boas, ao tratar de entrar en 'https://galipedia.gal' ou en 'https://www.galipedia.gal' entra nunha páxina distinta que tamén se indentifica como a GaliPedia, pero que non amosa o mesmo contido que nesta páxina, 'gl.wikipedia.org'. Gracias. P.D.: Aproveito para comentar que na páxina de 'galipedia.gal', aparece un texto a pé de paxina que compre revisar: "Páxina aloxada por Wikimedia España, proxectos soprotados pola Fundación Wikimedia". Ai que cambiar "proxectos soprotados" por "proxectos sopoRtados".—o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.10.70.181 (conversacontribucións)

Ola, a páxina galipedia.gal non é da Galipedia nin da Wikipedia, é unha páxina rexistrada e mantida pola asociación Wikipedia:Wikimedia España para evitar que algunha persoa "roube" o dominio e poida utilizalo de forma incorrecta. Nesa páxina, se se pon un texto e se lle da a buscar, xa se vai realmente á Galipedia. Sobre o erro no texto avisaremos ós compañeiros de Wikimedia España para que o amañen o antes posible, moitas grazas polo aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 07:56 (UTC)Responder

Día das escritoras

editar

Boas, nas efemérides do día de hoxe está errada a data. É unha data móbil, é o luns máis próximo ao 15 de outubro. Para o 2021 é o día 18. Por favor, modificade tamén as do 18. HoxeMañá, 15 de outubro, é o Día Internacional das Mulleres Rurais (https://www.un.org/en/observances/rural-women-day), de data fixa. Graciñas! Maria zaos (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 19:47 (UTC)Responder

Forno dos Mouros

editar

Cómpre mudar a ligazón interna da imaxe do día que apunta cara Forno dos Mouros (páxina de homónimos) por Forno dos Mouros (Toques) no Módulo:Imaxe do día/lista. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 22:33 (UTC)Responder

Outras ligazóns a páxinas de homónimos pendentes de corrixirse e que están no texto das imaxes dos próximos días:
  • Ficheiro:Castro da Subidá.jpg ( en Castro da Subidá, na parroquia de San Xián de Marín.)--> "vexa artigo Castro"> cambiar por Castro
  • Ficheiro:Río_Lérez,_Pontevedra.JPG . vista do Río Lérez> cambiar por Río Lérez

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 19 de decembro de 2021 ás 19:43 (UTC)Responder

Lake District

editar

No pé de foto da foto do día da partada do 29-12-2021 penso que Lake District debería traducirse por Distrito do lago ou deixalo como Lake Disrict.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 22:49 (UTC)Responder

02/05/2022: ¿David Beckham xogador ou EX-xogador de fútbol?

editar

02/05/2022: ¿David Beckham xogador ou EX-xogador de fútbol?—o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.85.248 (conversacontribucións) 2 de maio 20:42

Bo día, na entrada da Galipedia de David Beckham este figura como ex xogador dende a edición realizada en 2013 por Krisko. Lamentablemente, como ben indicou, non figura esta denominación na sección de efemérides, polo que lle agradecemos a súa achega. Esta sección da portada só pode ser editada polas persoas con permisos de administración, polo que deixo un aviso aquí ( @MAGHOI: @Xabier Cid: @Atobar:@Chairego apc: ) para que se corrixa. Grazas de novo por axudar a mellorar a Wikipedia en galego. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 2 de maio de 2022 ás 20:24 (UTC)Responder
Ola, @Maria zaos. Intenteino mudar pero debe ser que só o poden facer os administradores da interface. Eu mudábao pero non se gardaban os cambios. A ver se algúen con máis coñecementos o pode facer. Grazas polo aviso, de tódolos xeitos. MAGHOI (conversa) 2 de maio de 2022 ás 20:33 (UTC)Responder

Orde das Conversas

editar

Boa tarde, ao entrar na páxina de Conversas sempre aparecen en 1º lugar as de 2019 e aparte hai unha ligazón ao "histórico de conversas".

Creo que sería preferible que aparecesen en 1º lugar as conversas máis recentes, podendo consultar as anteriores debaixo ou indo ás anteriores páxinas. Para ver conversas máis antigas poderíase utilizar a ligazón para acceder ao histórico.


Gracias. 85.91.85.213 6 de marzo de 2023 ás 16:32 (UTC)Responder

Imaxe en Xenoma humano

editar

Ola, no artigo destacado da portada aparece unha imaxe en inglés do artigo xenoma humano, pero esa imaxe hai algún tempo que foi traducida ao galego; de feito a imaxe en inglés xa non está no artigo. Todas as imaxes do artigo están en galego.Miguelferig (conversa) 1 de maio de 2023 ás 15:09 (UTC)Responder

  Feito!; grazas, @Miguelferig: --Estevo(aei)fálame aquí 1 de maio de 2023 ás 18:19 (UTC)Responder
editar

O artigo destacado da historia do pensamento evolucionista non ten ligazón azul para acceder. Miguelferig (conversa) 8 de maio de 2024 ás 15:47 (UTC)Responder

@Miguelferig: grazas por avisar, editado en Wikipedia:Artigo destacado/maio 2024. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de maio de 2024 ás 16:03 (UTC)Responder
Volver á páxina "Portada".