Wikipedia:Wikimedia España

Wikimedia España é unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida pola Fundación Wikimedia como capítulo Wikimedia[1] para España. A súa finalidade é promover, directa ou indirectamente, as iniciativas de contido libre, tales como os proxectos aloxados e apoiados pola Fundación Wikimedia, Inc.[2]

Foi aprobada pola Fundación Wikimedia o 7 de febreiro de 2011,[3] e inscrita no rexistro catro días despois e confirmada e inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior o 15 de abril 2011, e ten a súa sede en Valladolid.[4]


Wikimedia España é unha entidade xurídica e financeira independente da Fundación Wikimedia, non representa legalmente á Fundación Wikimedia, non aloxa proxectos e non ten dereito a editar o copyright sobre eles.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar