Abrir o menú principal

Día internacional dos nenos vítimas inocentes de agresión

O Día internacional dos nenos vítimas inocentes de agresión é unha celebración promovida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que acontece cada 4 de xuño.

Índice

DescriciónEditar

Foi establecido o 19 de agosto de 1982 e o propósito do día é recoñecer a dor que sofren os nenos en todo o mundo que son vítimas de malos tratos físicos, mentais e emocionais.

Resolución da ONUEditar

ES-7/8. Día Internacional dos nenos vítimas inocentes da agresión

A Asemblea Xeral,

Examinando a cuestión de Palestina na continuación do seu sétimo período extraordinario de sesións de emerxencia,

Consternada ante o gran número de nenos palestinos e libaneses que foron vítimas inocentes dos actos de agresión de Israel,

Decide conmemorar, o día 4 xuño de cada ano, o Día Internacional dos nenos vítimas inocentes da agresión.

31ª sesión plenaria

19 agosto de 1982 [1]

NotasEditar

Véxase taménEditar