Carme (antroponimia)

(Redirixido desde "Carme (nome)")

Carme[1] é un nome propio galego feminino de orixe hebraica כרמן (Har ha'Karmel) que significa xardín de Deus; a través do latín Carmelus, co significado de canto, música, poema, esconxuro, feitizo. Karmel é o nome dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaría.

Popularizado pola veneración á Virxe do Carme ou Nosa Señora do Monte Carmelo en Israel, o seu santoral é o día 16 de xullo.

Carme, e María do Carme, é un dos nomes máis comúns en Galiza, as máis das veces rexistrado coa súa variante española (Carmen, Maricarmen). Conta coa variante galega común ao portugués: Carmo. É común o diminutivo Carmiña e os hipocorísticos: Carmela, Carmucha, Mucha e Mela.

En España en 2013 había 10.136 mulleres co nome Carme, a maioría en Cataluña, xa que o nome en catalán coincide co galego. En Galiza 149 persoas levaban o nome en galego; mentres que 37.320 levaban a variante castelá.[2]

Variantes noutras linguasEditar

Árabe كارمين
Castelán Carmen
Catalán Carme
Chinés 卡门
Éuscaro Karmele, Karmiñe
Galego Carme, Carmo, Diminutivos: Carmiña, Carmela, Hipocorístico: Mucha
Grego Xαρμεν
Guaraní Kamé
Hebraico כרמן
Hindi कर्मेन
Inglés Carmen
Italiano Carmine
Portugués Carmo
Ruso Карме, Кармен
Xaponés カルメン

Persoas de sonaEditar

Carme e Carmo

GalegasEditar

OutrasEditar

Variante CarmenEditar

GalegasEditar

OutrasEditar

NotasEditar

  1. O nome galego Carme recóllese en numerosas fontes - [1]
  2. Consultado na páxina web do Instituto Nacional de Estadística o 16 de xullo de 2013 - [2]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar