Carme Ruscalleda
Carme Ruscalleda i Serra, nada en Sant Pol de Mar en 1952, é unha cociñeira catalá.
Carme Ruscadella | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Carme Ruscalleda i Serra |
Nacemento | 8 de maio de 1952 |
Lugar de nacemento | Sant Pol de Mar |
Nacionalidade | España |
Ocupación | chef, cociñeira e escritora |
Fillos | Raül Balam Ruscalleda |
Premios | Creu de Sant Jordi, Prize of Honor Lluís Carulla, Medal of Honor of the Parliament of Catalonia, National Culture Award of Catalonia e Medalla de Prata ó Mérito no Traballo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Criouse nunha familia de labregos do Maresme, que non apoiaron a súa formación profesional, polo que estudou chacinaría. Ao casar en 1975 con Antoni Balam, fillo do dono dunha tenda de comestíbeis, abren unha mesa pública até que en 1988 comezaron unha nova etapa co restaurante San Pau en San Pol del Mar.
En España é a cociñeira con máis estrellas da Guía Michelín,[1] e conta ademais coa máxima cualificación (tres soles) da Guía Campsa-Repsol. A súa cociña está fundamentada na tradición cociña catalá, pero dando sempre un toque de modernidade. O feito de abrir un restaurante no Xapón, e as súas consecuentes viaxes ao país, fixo que se interese por algunhas técnicas culinarias dese país, adaptándoas á cociña e produtos cataláns. Maniféstase preocupada porque a súa cociña sexa saudable, polo que se centra nos produtos de tempada da súa terra. A miúdo mestura referencias literarias nas súas creacións culinarias e transmitiu os seus coñecementos en publicacións editoriais para o gran público.
Obra escrita publicadaEditar
- Diez años de cocina en el Sant Pau (1998).
- Carme Ruscalleda: Del plato a la vida (2000).
- Cocinar para ser feliz (2001, tradución ó castelán en 2002).
- Un any amb Carme Ruscalleda (2004).
- Cuina a casa (2005).
- La cuina més fàcil i moderna (2006).
- Carme Ruscalleda's Mediterranean cuisine (2007).
RecoñecementosEditar
- Creu de Sant Jordi 2004.
- En 2013 foi galardoada coa Medalla de Honra do Parlamento de Cataluña.[2]
- Premi Nacional de Cultura (2019).[3]
NotasEditar
- ↑ Rivas, Rosa (2013-12-03). "Carme Ruscalleda, la cocinera con más estrellas del mundo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-09-12.
- ↑ 324cat (2013-09-10). "El Parlament lliura les medalles d'Honor de la institució a Anna Veiga, Núria Gispert i Carme Ruscalleda". CCMA (en catalán). Consultado o 2021-09-12.
- ↑ 324cat (2019-03-20). "La gastronomia, per primer cop als Premis Nacionals de Cultura amb Carme Ruscalleda". CCMA (en catalán). Consultado o 2021-09-12.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carme Ruscalleda |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |