Carmen Martín Serantes

Carmen Martín Serantes, nada en Winterthur (Suíza) en 1971, é unha pintora galega.

Carmen Martín Serantes
Nacemento1971
 Winterthur
NacionalidadeEspaña
Ocupacióngravadora e pintora
editar datos en Wikidata ]
Pareja de pies (da serie "Pés"), 2007, acrílico sobre táboa, 61x99 cm

TraxectoriaEditar

Fundadora e directora da Escola Aberta de Arte de Ferrol, é unha pintora e gravadora expresionista. Estudou Belas Artes en Pontevedra, onde foi alumna de Rafael Úbeda Piñeiro e Marina Núñez entre outros, e en Barcelona, onde estudou gravado e pintura, licenciándose nesta última especialidade no ano 1997.

Carmen Martín está casada co tamén artista Miguel-Anxo Varela e ten tres fillos froito dese matrimonio. Reside en Ferrol.

Ten exposto en Els Quatre Gats, Galería Punt Jota Art, Galería Fenicia, en Barcelona ou o Gran Hotel de Sitges durante a súa estadía en Cataluña. En Galicia ten exposto no Teatro Principal de Pontevedra, no Centro Cultural Torrente Ballester, na Galería Sargadelos (Ferrol), Círculo Mercantil de Marín, na gran sala de exposicións do Concello de Ortigueira, Galería Arte-Imagen, Hotel Meliá-María Pita (A Coruña) ou no Liceo de Noia.

Acadou diversos premios como o primeiro premio en dúas edicións consecutivas (2007 e 2008) do Certame Pérez Rebón de Ares e o primeiro premio tamén no Certame Bello Piñeiro de Mugardos no ano 2008.

Pintura en AcciónEditar

Desde 2007 emprendeu un proxecto consistente en maratóns artísticos de 12 horas seguidas pintando en diferentes lugares para reivindicar a pintura como arte viva, actual, e levala á xente, máis tamén para protestar pola dificultade dos pintores menores de 50 anos para achar lugares onde expoñer. En 2008 Martín levou simultaneamente dous ciclos de Pintura en Acción. Un tivo por obxecto o concello de Narón, e outro saíu fóra da bisbarra ferrolá, visitando lugares de toda Galicia e mesmo a localidade de Vic en Cataluña. No 2009 o ciclo de Pintura en Acción desenvolveuse integramente na cidade da Coruña, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña. O nome do proxecto/ciclo é Pintura en Acción en referencia tanto á actividade que desenvolve nas xornadas como irónicamente á pintura en acción ou Action Painting de Jackson Pollock.

Pintura muralEditar

Unha das especialidades da artista é a pintura mural. Destacan as súas pinturas para a Igrexa de San Fernando en Santiago de Compostela e mais un mural para a biblioteca do colexio CEIP "Recimil" de Ferrol chamado "A Biblioteca Máxica".

Participación do públicoEditar

Unha das constantes do seu facer é achegar a arte ao público, polo que adoita pintar diante de xente (Pintura en Acción) ou organizar xogos e concursos participativos nas súas exposicións e/ou a través do seu blog.

HartismoEditar

Carmen Martin é parte dunha xeración de artistas que estudaron nos primeiros anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e que rexeitan o tipo de arte normalmente chamada arte contemporánea, e simpatizan co "stuckism" inglés. Carmen Martín é co-fundadora do movemento artístico Hartismo xurdido en Galicia en 2008.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar