Carmen Lovelle
María del Carmen Lovelle Alén, nada en Ourense o 9 de xullo de 1941, é unha política galega.[1]
Carmen Lovelle | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1941 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Mestra de educación primaria (daquela chamada EXB), foi elixida concelleira en Verín durante os últimos anos do franquismo en representación do terzo familiar[2]. Trala dimisión do alcalde, en 1975, foi elixida polos demais concelleiros como alcaldesa. Nas primeiras eleccións municipais democráticas presentouse nas listas de Alianza Popular, e conseguiu a alcaldía grazas a un pacto co PSOE.[2]
En 1981 presentouse ás eleccións galegas na candidatura de Alianza Popular pola provincia de Ourense e foi elixida deputada no Parlamento de Galicia. Ademais, e sen deixar de ser deputada, foi designada senadora en representación do Parlamento de Galicia (1982-1986). En 1985 abandonou a Cámara galega e achegouse ao daquela empresario e incipiente político José María Ruiz-Mateos, e conseguiu ser secretaria xeral da Agrupación Ruiz Mateos, unha candidatura electoral que obtivo éxito nas eleccións europeas de 1989, onde obteñen dous escanos.
Desde decembro de 2003 é vicepresidenta do Rayo Vallecano, equipo de fútbol tamén vencellado á familia e empresas de Ruiz-Mateos.
Predecesor: ? |
Alcaldesa de Verín 1975 - 1983 |
Sucesor: Santiago Cid Harguindey |
Vida persoalEditar
O seu home é médico. Dende os anos noventa vive en Madrid.[2]
NotasEditar
- ↑ "Ficha na páxina web do Senado". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 VÁZQUEZ LORENZO, ALEXANDRE. La autonomía, en femenino. El País, 18/7/2011.