Carmen Marón

política española
(Redirección desde «Carmen Marón Beltrán»)

Carmen Marón Beltrán, nada o 29 de novembro de 1944 en Samos, é unha política galega.

Carmen Marón Beltrán


Primeira Tenente de Alcalde da Coruña
2006 – 2007
Precedido por Javier Losada
Sucedido por Henrique Tello

Concelleira na Corporación Municipal da Coruña
por PSdeG-PSOE
1986 – 2011

Concelleira de Medio Ambiente do Goberno Municipal
1997 – 2003

Concelleira de Cultura e Benestar do Goberno Municipal
2003 – 2006

Concelleira de Economía, Facenda e Planificación do Goberno Municipal
2007 – 2011
Sucedido por Rosa Gallego


Deputada nas Cortes Xerais de España
por A Coruña
1996 – 2011

Datos persoais
Nacemento 29 de novembro de 1944 (79 anos) Samos, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Funcionaria de Xustiza, político
Residencia A Coruña

Traxectoria editar

Residente desde moi nova na Coruña, estudou graduado social, funcionaria do ministerio de Xustiza, milita no PSdeG desde 1981, foi deputada no Congreso dos Deputados durante catro lexislaturas e tenente de alcalde da Coruña. Con Francisco Vázquez na alcaldía afrontou as concellarías de Medio Ambiente (1997-2003) e Cultura e Benestar (2003-2006).

Foi portavoz do grupo municipal PSdeG-PSOE na Coruña de 2007 a 2011 e Segunda Tenente de Alcalde, a fronte da concellaría de Economía, Facenda e Planificación[1] a fronte da cal presentou a tarxeta electrónica cidadá multiúsos Coruña Millennium[2]

Após as eleccións municipais de 2011, o 24 de maio anunciaba a súa renuncia como concelleira trala perda da alcaldía por parte de Javier Losada, que tamén renunciara poucas horas antes[3].

Tamén foi membro do Comité Federal do PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero á fronte[4].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar