María del Carmen Gueimunde
política española
María Carmen Gueimunde González, nada en Viveiro o 7 de setembro de 1968, é unha política galega, Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Foi a primeira muller que ocupou acta no Senado pola provincia de Lugo.
María del Carmen Gueimunde | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1968 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Profesora de Secundaria, María Carmen Gueimunde iniciou a súa carreira política co PPdeG no ano 2007, cando formou parte da candidatura deste partido nas eleccións municipais no concello de Viveiro. Saíu elixida concelleira.
No 2008, presentouse como candidata ao Senado. Ao ser elixida nos comicios xerais do 9 de marzo, converteuse na primeira senadora da historia pola provincia de Lugo.