Blanca Silva

artista plástica galega


Blanca Silva Rodríguez, coñecida como Blanca Silva, nada na Coruña o 17 de abril de 1951 é unha artista plástica galega. Foi mestra de educación infantil, xadrecista. É bisneta do xurista e escritor e xornalista galego Alberto García Ferreiro.[1]

Infotaula de personaBlanca Silva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Independizouse moi nova da súa familia, instalándose en Madrid, onde cursou o Preuniversitario e iniciou os estudos de Ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid. Gradouse como mestra de Educación Xeral Básica, na especialidade de lingua e literatura, na Escola Universitaria do Profesorado de EXB de Pontevedra. En 1979 aprobou a oposición ao corpo de mestras e mestres de educación básica e comezou a traballar en diferentes escolas do rural galego, entre elas a unitaria de Tremoedo (Pontevedra) e, máis tarde, en Barcelona.

Traxectoria profesional editar

Formou parte, desde os inicios, do Grupo de Teatro Circo, creado por Manuel Lourenzo en 1967. Utilizou o teatro como ferramenta de traballo nas aulas, como tamén o coa pintura, creando novas dinámicas nos centros de ensino. Previamente á expresión plástica, Blanca escribiu poemas como algo íntimo e persoal, pulsión coa que continúa actualmente; así literatura e arte irán da man para confluír nunha hibridación de intensa forza lírica.

Pintora e escultora autodidacta, que complementou cunha formación avanzada en técnicas de gravado, acadada na realización de numerosos cursos no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (Betanzos, A Coruña). Realizou a súa primeira exposición individual en 1985 no Espacio de Arte Casiopea (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).

Participou en bienais e salóns artísticos como a Bienal de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, a Bienal Balconadas (Betanzos) en varias ocasións, onde obtivo un áccesit no ano 2000; ou o Salon D'Automne (Grand Palais, ParísSarria, 2008). Foi seleccionada no XVII Premio Internacional de gravado Máximo Ramos (2004).

Polo que se refire á escultura, os materiais utilizados son, fundamentalmente cerámica e madeira, con eles crea figuras, corpos e cabezas que, en ocasións, semellan exvotos. Igualmente, incorpora nalgunhas pezas volumétricas, técnicas procedentes do gravado e, incluso, a palabra escrita, para crear instalacións, como na súa serie Palabras salvadas do lume (2006), resposta artística da autora á queima da Biblioteca de Bagdad.

Tamén realiza gravado sobre papel e tea, así como fotografías propias intervidas con cor (infografías).

As súas obras ilustraron diferentes publicacións: revistas como Casahamlet, Anuario Brigantino, El Extramundi y los Papeles de Iria Flavia, Memories; prensa: O Correo Galego ou El Periódico de Cataluña; así como as capas dalgúns poemarios[2]. Ilustrou tamén o conto Unha pomba branca, de Fina Casalderey[3].

 
Escultura de Blanca Silva.

Estilo editar

A súa obra comezou na figuración expresionista, cunha marcada tendencia onírica. Os debuxos de soños marcarán os seus inicios, materializados en imaxes simbólicas sobre anacos de tea e cartóns. Pouco a pouco a cor e a luz acabarán por invadir o lenzo e disolverán a forma, desembocando nun expresionismo abstracto que, en ocasións, conecta con obras de Mark Rothko[1] ou Antonio Murado.

Emprega unha técnica mixta na que experimenta con todo tipo de materias (pigmentos naturais mesturados con colas, cinzas e outros elementos) que superpón en numerosas capas. A finalidade, como a propia autora indica en entrevistas persoais realizadas para diferentes medios, é “amosar o baleiro”, “chegar ao punto cero do sentimento máis fondo".[1]

Críticas editar

Xoán Abeleira describiu a súa arte como “a arte de baleirarse”[1]. Josep M. Cadema, nunha crítica realizada sobre unha exposición da autora, escribiu: ¿Qué es el alma? Sinceramente, lo ignoro, pero creo que ha de ser lo más parecido al fluído, vaporoso y sutil, fuerte en su aparente debilidad que he visto representado en un cuadro de Blanca Silva”[4]. Xulio López Valcárcel afirmou que na súa pintura “a angustia se expresa con silecioso grito”[5]. A escritora, Luísa Vallalta: “Blanca constrúe, levanta paredes de pedra, mater-materia, no seu propio nome, que é unha Agra en branco entregada a un son invisíbel, a unha luz renxente, a unha luz branca sempre a punto de entrar como entra a luz branca do mencer de cada día, desde o comezo do mundo, en sixiloso rito, na Agra da Soleira".

Obra editar

Exposicións individuais editar

  • 2015. Libraría Berbiriana, A Coruña pintada (A Coruña)
  • 2010. Galería Dua Dos (Vigo)
  • 2009. Galería De Opsteker/Eduarte Dorpskerk (Durgerdam, Holanda) e na Galería Atlántica Centro de Arte, coa mostra Agua (A Coruña)
  • 2008. Galería Coleccionan, con Palabras salvadas do lume (A Coruña)
  • 2007. Rectoral de Cines (A Coruña)
  • 2006. Galería Paloma Pintos. Onde habita o vermello (Santiago de Compostela) e na Galería CIEC, Palabras salvadas do lume (Betanzos)
  • 2005. Galería Dua Dos, Supervivintes (Vigo)
  • 2004. Galería Paloma Pintos. (Santiago de Compostela)
  • 2000. Galería Paloma Pintos, A luz na Agra da soleira (Santiago de Compostela)
  • 1999. Casa da Cultura - Casa Charry. Concello de Oleiros (A Coruña).
  • 1998. Espacio de Arte: Winterthur (A Coruña)
  • 1996. Espacio de Arte: Heliogábal (Barcelona)
  • 1995. Galería Atlantica (A Coruña)
  • 1994. Espacio de Arte: Lañola (Barcelona)
  • 1993. Galería Brondo, Sonata para piano sobre fondo rojo (Palma de Mallorca)
  • 1991. Galería Cartoon (Barcelona).
  • 1987. Espacio de Arte: Zelig (Barcelona)
  • 1986. Espacio de Arte: Zona 7 (Pontevedra)
  • 1985. Espacio de Arte: Casiopea (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) e Espacio de Arte: Pizarra. (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)

Exposicións colectivas editar

  • 2020. Fundación Venancio Salcines. Nosas (Oleiros, A Coruña)
  • 2019. Liceo de Betanzos. Oito séculos, oito artistas (Betanzos, A Coruña)
  • 2007. Centro Internacional de Estampa Contemporánea. Betanzos. A Coruña
  • 2008. Lugo
  • 2005. Feria Internacional de Estampa Madrid. Con Galería C5 colección Máster CIEC Liceo de Betanzos. Colectivo Intre Xunta de Galicia Lugo Colectivo Intre Casa de Galicia en Lisboa
  • 2004. Colectiva de gravado: Flying Carpet. Edificio Torrente Ballester de Santiago de Compostela (marzo 2004) Seleccionada en XVII Premio Internacional de gravado Màximo Ramos. Concello de Ferrol.
  • 2001. Tres grabadores del CIEC, Omar Kassel, Anne Heyvaert y Blanca Silva Liceo de Betanzos. (Betanzos, A Coruña )
  • 1993. Participación en París da mostra de pinturas nos actos de Axuda e solidariedade coa cidade de Saraxevo
  • 1989. Sala de Arte Magoria. Barcelona
  • 1986. Pintura-Escultura. Instituto Valle-Inclán. Pontevedra seleccionada no Concurso de pintura del Ayuntamiento de Martorell, Barcelona Pabellón de diseño y arte inmediato.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Abeleira, Xoán (3 de abril de 2009). "Blanca Silva, a arte de baleirarse". elpais.com (en castelán). Consultado o 12-3-2020. 
  2. Villalta, Luísa (2004). En concreto. Espiral Maior. ISBN 978-8495625984. 
  3. Casalderrey, Fina (1997). "Unha pomba branca". O Correo Galego. 
  4. Cadena, Josep María (30 abril, 1991)). "Blanca Silva". El Periódico de Cataluña. 
  5. López Valcárcel, Xulio (2007). Sinais na area. Escritos sobre Arte. Deputaciòn Provincial da Coruña. ISBN 978-84-9812-072-1. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández, Xurxo; Silva, Luis; Cadena, Josep M.; Batlló, José (1995). Blanca Silva (en castelán). A Coruña: Atlántica Centro de Arte. 
  • Heyvaert, Anne; Herranz Pascual, Yolanda; Cendán, Susana (2004). Flying carpet : exposición itinerante. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3745-9. 
  • López Valcarcel, Xulio (2007). Sinais na area. Escritos sobre Arte. A Coruña: Deputaciòn Provincial da Coruña. ISBN 978-84-9812-072-1. 
  • Martínez Cerezo, Antonio (1985). Arte. Diccionario de pintores españoles. Segunda mitad del Siglo Veinte (en castelán). A Coruña: El Ideal Gallego / Época. ISBN 978-92-0-295204-1. 
  • Pillado Vega, Ana (2004). Blanca Silva. Santiago de Compostela: Paloma Pintos, Galería de Arte. 
  • Rueda Alonso, Margarita, ed. (2003). Guía de artistas de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 9788445335079. 
  • VV.AA. (2008). Salon D'Automne, 2008 Grand Palais París - Sarria. Lugo: Salon D'Automne. 

Ligazóns externas editar