Centro Internacional da Estampa Contemporánea

O Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) é unha fundación constituída en Betanzos en 1997 co obxecto de promover e difundir o gravado.

Sede do CIEC

OrixeEditar

A Fundación ten o seu xermolo nos cursos internacionais "Gráfica" dirixidos por Jesús Núñez Fernández en Betanzos, celebrados desde 1985. Debido ao éxito destes cursos, especialmente entre estudantes de Belas Artes, propiciou o seu establecemento como escola permanente de arte, con axudas da Deputación da Coruña e do concello de Betanzos.

O centro está localizado na Casa Núñez, edificio modernista deseñado por Rafael González Villar, cunhas instalacións de máis de 1.500 , que inclúen:

  • Obradoiros: albergan o material necesario para o desenvolvemento das técnicas gráficas máis comúns: litografía, serigrafía, xilografía, fotografía, técnicas dixitais... Contan con prensas, laboratorios fotográficos, equipos informáticos e reprográficos, almacéns de secado de soportes, e todo tipo de instrumentos para a elaboración e ensino do gravado, e serven de aulas para a realización tanto de cursos monográficos como dun Máster en Obra Gráfica, dirixido a licenciados en Belas Artes.
  • Biblioteca: nutrida a base de doazóns e de edicións propias do centro, conta cunha base de datos de documentación e eventos relativos á arte gráfica: bienais, exposicións, convocatorias de premios e concursos...
  • Museo da Estampa Contemporánea: nacido a partir das obras producidas por profesorado e alumnado no marco dos cursos Gráfica, na actualidade, e grazas a doazóns e depósitos realizados tanto por particulares como por institucións, alberga obras de artistas coma Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Joan Miró, ademais de tres salas monográficas dedicadas a Jesús Núñez, Luís Seoane e Amadeo Gabino.
  • Sala de exposicións: albergan mostras de carácter mensual de artistas consagrados e de novos valores. Exhibíronse coleccións de autores coma Le Corbusier, Antoni Clavé, Rafael Canogar, Antonio Saura o Luis Feito.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar