Martorell
Martorell é un municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Situado á beira do Llobregat, é un importante nudo de comunicacións.
Martorell | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Baix Llobregat | ||
Xeografía | |||
Altitude | 56 msnm | ||
Superficie | 12,73 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 26.815 hab. (2010) | ||
Densidade | 2.106,44 hab/km² | ||
Xentilicio | Martorellenc, martorellenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08760 | ||
Alcalde | Salvador Esteve i Figueres | ||
www.martorell.cat |
XeografíaEditar
Situado no norte da comarca do Baix Llobregat, onde transcorre o paso de dous ríos, o Llobregat, na parte este de o termo municipal, e o río Anoia, afluente do anterior. O municipio, ten unha extensión de 12,84 km².
Martorell divídese, debido ao curso do río Anoia, en dúas grandes zonas. A zona sur, aglutina os barrios de la Mina, la Vila, Pont del Diable, Rosanes e Portal d'Anoia. Na zona alta, podemos atopar os barrios de El Pla, Torrent de Llops, Bos Aires, Camí Fondo, Can Cases, Can Carreiras, Pou del Merli, e o barrio das Bobilas.
O barrio da Vila ten especial importancia xa que este barrio pertence ao núcleo histórico de Martorell.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.825 | 5.054 | 6.860 | 24.213 | 33.456 | 39.220 | 45.190 |
EconomíaEditar
A pesar da pouca extensión do territorio do termo municipal, a industria ten unha grande importancia. A industria máis importante de Martorell é SEAT, no termo atópase a sede, o centro de deseño e a fábrica automobilística. SEAT ten unha grande importancia na contorna da economía na zona, xa que hai un gran número de empresas que indirectamente se estableceron na zona, construíndo elementos varios para os vehículos.
No sector da industria química atópase Solvay, cuxo produto máis destacado é o PVC. Tamén se atopa Cargill Ibérica SLU (antigamente Cerestar Ibérica), unha importante industria alimenticia.
Lugares de intereseEditar
- Pont del Diable
- Igrexa de Santa Margarida, visigoda e románica.
- Castelo de Rosanes
- Convento dos Capuchinos, dos séculos XVII e XVIII.