Década de 1850
(Redirección desde «Anos 1850»)
Segundo milenio | |||||
Século XIX | |||||
| |||||
|
1850
- Artigo principal: 1850.
- 1 de xaneiro: Establécese en España un novo sistema de franqueo da correspondencia, o selo adhesivo.
Arte e literatura
- 28 de agosto - Estrea no Großherzogliches Hoftheaterde Weimar da ópera de Richard Wagner Lohengrin.
- 16 de novembro - Estrea no Teatro Grande de Trieste da ópera de Giuseppe Verdi Stiffelio.
- Iván Aivazovsky pinta A novena onda.
- William-Adolphe Bouguereau pinta Dante e Virxilio.
1851
- Artigo principal: 1851.
- Concordato do Estado español coa Santa Sé. Entre outras cousas o Concordato suprime o carácter da colexiata da igrexa Iria Flavia, que fica transformada nunha simple igrexa parroquial.
- 2 de abril - Primeira exhibición da luz eléctrica en Galicia: iluminación experimental (só durante dúas horas) do claustro da actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela [1]
Arte e cultura
- A expresión science fiction (ficción científica) é utilizada por primeira vez, sen o seu significado actual, no libro A Little Earnest Book upon a Great Old Subject do escritor inglés William Wilson.
- Publicación de Moby Dick, novela de Herman Melville.
1852
- Artigo principal: 1852.
- 15 de decembro - J. R. Hind descobre o satélite Talía.
1853
- Artigo principal: 1853.
- 3 de novembro - Primeiro número do Faro de Vigo.
- Ano da fame en Galiza. Espoleta do inicio da emigración masiva cara a América.[2]
1854
- Artigo principal: 1854.
Europa
- 2 de abril: Comeza a publicarse en París Le Figaro, primeiro como semanario e desde 1866 como diario.
- 4 de abril: Voda en Viena do emperador Francisco Xosé I de Austria coa emperatriz Sissi.
- 28 de xuño a 28 de xullo: Revolución de 1854 en España, pronunciamento militar seguido dunha insurrección popular durante o reinado de Isabel II.
América
- Un terremoto destrúe a cidade de San Salvador, capital do estado do Salvador.
Arte e cultura
- Fundación do Félibrige por seis escritores -entre eles Frédéric Mistral, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1904-, asociación que fomentou e tentou restaurar o provenzal como lingua literaria.
1855
- Artigo principal: 1855.
- 1 de maio - España: lei de desamortización, de Pascual Madoz.
1856
- Artigo principal: 1856.
- Creación do Banco de España.
- Galiza : 2 de marzo: Celebración do Banquete Democrático de Conxo.
1857
- Artigo principal: 1857.
- 11 de setembro - Unha caravana de colonos é rodeada e atacada por un grupo de mormóns armados en Utah (EUA).
- 7 de decembro - Prodúcese a primeira folga de mulleres de Galiza na fábrica de tabacos da Coruña.
- 25 de novembro - Crease o "Banco de La Coruña".
- 22 de decembro - forzas militares de Inglaterra e Francia toman a cidade chinesa de Guangzhou, que será gobernada ata 1901 por unha comisión anglo-francesa.
1858
- Artigo principal: 1858.
- O explorador británico Richard Francis Burke alcanza o lago Tanganika.
- Publícase en Madrid o primeiro dicionario galego coñecido, o Diccionario del dialecto gallego, do escritor e poeta Luís Aguirre del Río.
- Ten lugar en Santiago de Compostela a Exposición Rexional de 1858.
- Julius Plücker produciu raios catódicos.
1859
- Artigo principal: 1859.
- Portugal e Países Baixos reparten a illa de Timor.
- 14 de febreiro - Oregón convértese nun novo estado americano.
Arte e cultura
- Cataluña: restáuranse os Xogos Florais.
- Publícase por primeira vez A orixe das especies, de Charles Darwin.
- ↑ "La luz que barrió las tinieblas", en La Voz de Galicia 23.05.2010.
- ↑ "1853: o ano da fame". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2021-04-08.
- ↑ "Brinde de Pondal no Banquete de Conxo". Real Academia Galega. 6/3/13.