Dante e Virxilio
Dante e Virxilio (tamén Dante e Virxilio no inferno) é un cadro do pintor William-Adolphe Bouguereau, realizado en 1850, que se atopa no Museo de Orsay de París, Francia.
Dante e Virxilio no inferno (Dante et Virgile) | |
---|---|
![]() | |
Artista | William-Adolphe Bouguereau |
Data | 1850 |
Técnica | Óleo sobre lenzo |
Dimensións | 281 cm × 225 cm |
Localización | Museo de Orsay (París) |
O pintor emprega un episodio da Divina Comedia, de Dante, que describe a entrada de Virxilio e o propio poeta no oitavo círculo do inferno, onde se atopan os falsificadores. Alí se lles ve observando dúas almas condenadas: o herexe alquimista Capocchio mentres é mordido no colo por Gianni Schicci, personaxe real que viviu no século XIII en Florencia, famoso pola súa capacidade de suplantación de persoas, e enviado por iso ao inferno.[1]
Bouguereau tomou a Divina Comedia como fonte de inspiración doutra das súas obras, Alma conducida ao Paraíso polos anxos.[2]
Jean-Léon Gérôme ten unha obra homónima.
Ligazóns externasEditar
- Ficha do cadro no Museo de Orsay Arquivado 21 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
NotasEditar
- ↑ "Comentario da obra no Museo de Orsay". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012.
- ↑ "La Divina Comedia, ubicación literaria" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2012.