Universidade de Friburgo, Suíza

 

Universidade de Friburgo, Suíza
Datos xerais
Fundación1889
Datos actuais
Alumnos10000
Datos de contacto
Dialnet: 3236720
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Friburgo (en alemán Universität Freiburg, en francés Université de Fribourg, en latín Universitas Friburgensis) é un centro de educación superior fundado no século XIX, a sexta universidade de Suíza por número de estudantes e a única universidade oficialmente bilingüe do país.[1] Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.

Nome editar

A Universidade de Friburgo, abreviada UniFr, foi fundada en 1889 na cidade suíza de Friburgo.[2] En Baden-Württemberg, Alemaña hai outra cidade chamada Friburgo onde tamén hai outra universidade coloquialmente coñecida como Universidade de Friburgo, en alemán Uni Freiburg, oficialmente Universidade Albert Ludwig de Friburgo (en alemán, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), fundada no século XV.

Facultades editar

A universidade ten cinco facultades: Teoloxía católica, Dereito, Ciencias económicas e Sociais, Filosofía (tamén chamadas letras) e Ciencias.

Estudantes editar

Na UniFr estudaron persoas coñecidas como Joseph Bech (18871975), presidente do goberno de Luxemburgo; Mary Daly (19282010), feminista estadounidense; Giuseppe Lepori (19021968), político, conselleiro federal; Joseph Deiss, conselleiro federal e Presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Christian Frei (nado en 1959), director de filmes documentais; Antonin Scalia (nado en 1936), xuíz da Corte Suprema dos Estados Unidos; Klaus Schwab (nado en 1938), fundador e presidente do Foro Económico Mundial (WEF) en Davos; W. G. Sebald (19442001), escritor, ou Chaim Weizmann (18741952), químico, primeiro presidente israelí.

Honoris Causa editar

As facultades da Universidade nomearon diversos doutores honoris causa, entre eles Agustin Bea (1961), Yves Congar (1965), Hans Urs von Balthasar (1967), Walter Burkert (1989), Xoán Carlos I (1993), Wim Wenders (1995), Desmond Tutu (1999), Bertrand Piccard (2000), D. Strauss-Kahn (2005), Giorgio Agamben (2012) ou Roberto Saviano (2013).

Notas editar

  1. "Fribourg University Law Faculty". llm-guide.com (en inglés). Consultado o 2022-08-03. 
  2. "Université de Fribourg - Home ; Université de Fribourg". www.unifr.ch. Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar