Dominique Strauss-Kahn

economista francés

Dominique Strauss-Kahn, nado en Neuilly-sur-Seine o 25 de abril de 1949, é un político francés, membro do Partido Socialista Francés. Defínese como socialdemócrata. En novembro de 2007 foi nomeado o presidente do FMI.

Dominique Strauss-Kahn
Nacemento25 de abril de 1949
Lugar de nacementoNeuilly-sur-Seine
NacionalidadeFrancia
Relixiónxudaísmo
Alma máterHEC Paris, Universidade de Bristol, Instituto de Estudos Políticos de París, Lycée Carnot, Universidade de Paris X - Nanterre, Universidade Pierre e Marie Curie, Universidade de París, Albert I Lycée e classe préparatoire aux grandes écoles
Ocupacióneconomista, político, avogado e profesor universitario
CónxuxeAnne Sinclair
IrmánsMarc-Olivier Strauss-Kahn
PremiosGrand Cross of the Order of Wissam El Alaouite e Order of the Republic (Tunisia)
Na rede
IMDB: nm1234492 Twitter: dstrausskahn Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi profesor de Economía na Universidade de Nancy (1977-1980), ministro do Comercio Exterior desde maio de 1991 até marzo de 1993, ministro de Economía desde xuño de 1997 até novembro de 1999. É tamén deputado do Val-d'Oise e suplente do alcalde de Sarcelles.

Arresto en Nova York editar

O 14 de maio de 2011 foi detido no aeroporto JFK de Nova York, acusado dos cargos de agresión sexual a unha traballadora do Sofitel New York Hotel de Manhattan.[1][2] Estivo retido na comisaría do Departamento de Policía de Nova York no Harlem, onde foi acusado de «asalto sexual, intento de violación e rapto». Os seus avogados, Benjamin Brafman e William Taylor anunciaron que «se declarara non culpábel», posto que din ter unha coartada sólida, na que Strauss-Kahn se atopaba xantando coa súa filla no momento do presunto ataque.[3]

Segundo as fontes policiais, a denunciante, unha empregada doméstica do hotel onde se aloxou, foi asaltada polo director do FMI ao saír espido da ducha. Despois, «abandonou voando o Hotel Sofitel onde se atopaba, deixando tras súa un teléfono móbil ademais dos seus efectos persoais».[4]

O 16 de maio Strauss-Kahn compareceu ante a maxistrada do caso, negándolle esta a solicitude de liberdade baixo fianza de dous millóns de dólares que presentaron os seus avogados defensores, ordenando ademais que fose enviado á célebre prisión neoyorquina da illa Riker polo menos ata a próxima audiencia fixada para o 20 de maio. Na audiencia a fiscalía alegou que a presunta agresión sexual acontecera unha hora antes do dito ao principio, botando por terra a coartada de Strauss-Kahn.[5]

Predecesor:
Rodrigo Rato
 Director xeral do FMI 
2007 - 2011
Sucesor:
Christine Lagarde

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar